Fedora 9 liberada!

Xa publicaron a nova versión da distro Linux Fedora, por despiste. (Resulta que ven con 1 día de adianto por un erro na configuración dun servidor).

lime_kiwi_fedora.png

Será a primeira das grandes distros en incluir por defecto o escritorio KDE 4, na súa versión 4.0.3. A versión GNOME é a 2.22. Entre outras sustanciais melloras, inclúe soporte de diccionarios unificado, o sistema de ficheiros Ext4, Fiefox 3 (beta) e o sistema de instalador universal PackageKit.

fedora-kde-4.png

Se queredes un bo sistema, configurable e eficaz, 100% software libre, descargade xa Fedora 9. 

Chuzame! chuzame -

HP: ‘Linux superará a Mac no escritorio neste mesmo ano’

Jeffrey Wade, representante da empresa de PCs HP, afirma que'o que estamos a ver aquí é que os escritorios Linx, que son unha alternativa ó escritorio Windows, están a medrar e a pasarlle diante a Apple e cuota e mercado'

Así, di que os 'pedidos de ordenadores con LInux preinstalado poderían pasarlle a o OS  de Apple a fins deste anos, inda que hai algúns analistas que afirman que a compañia de Cupertino, California, xa caeu ó posto número tres'

Recalca, sen embargo, que 'Non se está a producir unha migración de usuarios Mac a Linux' senón que ' que se observa que a cuota de mercado no escritorio de Linux medra máis do que o está a facer a Apple' . Resumindo, médrase a costa de Windows que podería estar arredor do 85% da cuota de mercado, algo que en tempos recentes é un absoluto mínimo histórico.

Así xa hai estimacións de que os usuarios Linux seremos neste 2008 o 7.8 % do total e mesmo algúns analistas indican que a cifra podería ser maior debida a que moitas vendas de PC con Windows preintalado poderían ser eliminadas unha vez adquiridas en favor de Linux, caso que se pensa que é habitual entre as empresas. Parte deste éxito no escritorios de Linux podería ser debida a venda de micro-portatiles como o o EeePC de Asus. 

Chuzame! chuzame -

Derrubando mitos I: ‘mp3 é o mellor formato de audio’

Este mito está tan enraigado na nosa sociedade que habitualmente nos referimos ós ficheiros de audio como 'mp3s' (e non un simple 'música') e por extensión a todo o becho que sexa capaz de reproducir audio. Supoño que case todos nós nacimos nesa xeración na que nos ensinaron unha serie de ecuacións tales coma {ordenador = Windows}, {editor de textos = Word}, {ver pelis = Windows Media} e claro {escoitar música en mp3 = Winamp} que fixeron diso a base da nosa educación informática actual. Coma mentres que as cousas funcionen non nos preocupamos de nada máis. Pero algunha vez vos preguntastes se esas ecuacións eran certas?. Algunha vez pensastes se o mp3 é o mellor formato de audio?. Pois non o é. De feito tódalas ecuacións anteriores son falsas.

Hoxe, e espero seguir con alomenos algún mito máis, explicarei cales son as vantaxes e desvantaxes do mp3 como formato de audio.

oggUn pouco de historia; O MPEG-1 Audio Layer, ou simplemente MP3, é un formato de codificación con perda por compresión. De facto foi o primeiro formato no que aplicou exitosamente este concepto que permitia que un audio quedara reducido a un tamaño manexable. Falamos de primeiros da década dos 90's. Foi codeseñado por varios enxeñeiros alemáns e norteamericanos e chegou a ser ratificado na ISO no 1991.Arredor do ano 95 xa era o estandar de facto.

Dádesvos de conta de que usamos unha tecnoloxía con case 20 anos?. Así é que ten os seus fallos.

Primeiro por razóns técnicas. É un formato de compresión de audio con perda pero non é de alta fidelidade. Reduce a 128 kbit/s a un décimo o tamaño dun CD, o cal está moi ben, pero cunha perda significativa do espectro acústico orixinal. Precisamente, o 'óptimo' do formato son as compresións a eses 128 kbit/s, e inda que a meirande parte da xente percibirá ese son como 'translúcido', oídos agudos poden percibir diferenzas significativas no son ata que non se codifica a 192 kbit/s. Cando a codificación se fai a baixas taxas, e dependento do codec de codificación, soen aparecer artefactos, como sons que non estaban no audio orixinal. Un efecto curioso a taxas de compresión baixas é a aparición de artefactos con sons ben definidos pero aleatorios, coma aplausos (pensade aquí nun concerto en directo), nos que se soe orixinar pre-eco ou son agudo, coma o son dun teléfono.

É importante que o mp3, a súa definición técnica, non inclúen unha especificación para a codificación de mp3 e sen embargo a calidade dun audio en mp3 depende moi amplamente do codificador empregado.

Os novos formatos de comprensión de audio, e dos que falarei de seguido, non presentas estes fallos que o mp3 si contén:

  • Xestión defectuosa dos tempos para determinados sons moi baixos ou moi altos
  • Mala xestión dos pre-ecos
  • Determinados efectos de enlazado (alising) teñen que ser xestionados de tal xeito que se reduce a eficiencia dos codificadores.
  • Non hai empaste de escala para frecuencias por riba de 15.5/15.8 kHz
  • Obsoleta xestión de 'Joint stereo'
  • Non define a planificación global de codificación/descodificación
  • outras

Mais hai motivos non só técnicos senón estratéxicos e mesmo éticos. Thomsom Consumer Electronicas reclama as licencias do MP3 en moitos paises, incluidos os da nosa benquerida EU. De feito, reclama os dereitos de patente vigorosa e extrictamente. Estas patentes engordaron o capital dos posuidores da patente en 100 millóns € no ano 2005, como exemplo.

'Ah!, pero os mp3 non eran gratis?'.

Pregunta contestada, NON. Opago é indirecto, indoloro. Pagamos, por exemplo, cando compramos un 'reprodutor mp3'.  Pagamos cando compramos música codificada en formato mp3. Pagamos cando transformamos (codificamos) ou descodificamos música en mp3 mediante software ou hardware.

A estas alturas queda claro, supoño, que o mp3 é un formato obsoleto, válido pero deficiente nalgúns aspectos e que por riba non é gratis.

Así que como eu non vexo razón para seguir conservando cousas ruinosas (excepto monumentos históricos, lol) que non serven correctamente para o que están pensados, cales son as alternativas?.

Pois poderiamos pensar en WMA. Este formato foi deseñado por Microsoft precisamenta para evitar o pago de licencias ós donos do mp3 e para competir cos formatos de Real Audio. Mais, e para ambos, en ningún caso probaron ser técnicamente mellor formato có mp3. Se a isto lle sumanos que son formatos propietarios, polos que se pagan licencias, o desexable é descarta-los. Ou mellor, Sen paliativos!.

Na mesma situación ca Microsoft se atopou Apple (e certos aliados da industria audiovisual) no seu momento así coma a comunidade de software libre e ambos produciron e ambos desenvolveron dou formatos competidores do mp3. Ambos libres de patentes e estandarizados.  A comunidade libre produciu o que se chama OGG, que inclúe unha serie de formatos de audio e video. Apple produciu o formato AAC. Ambos compiten técnicamente moi ben co mp3, salvan tódalas súas eivas e igualan ou melloran en diferentes aspectos ás capacidades destes.

oggOgg é libre e un estándar abero producido pola función Xiph.org. Non contén patentes. Está deseñado para a transmisión e manipulación de ficheiros multimedia de alta calidade. É un formato ben máis recente co mp3, é do 2003, e ofrece mellor fidelidade de son no rango de frecuencias de 8kHz-48.0kHz. Xeralmente produce ficheiros de menor tamaño co mp3. O formato ogg conta ainda con pouca difusión inda que a meirante parte do software e xa uns cantos reprodutores son quen de ler o formato. Un exemplo destacado de reprodutores que len ogg son os iRiver.

oggA outra opción, o AAC, Audio Advanced Coding, é un formato producido polo instituto Fraunhofer (que curiosamente co-desenvolveu o mp3 e ten parte da patente) en colaboración con AT, Nokia, Sony e Dolby. É un formato aprovado pola ISO dentro das tecnoloias MPEG4.  Ó contrario co OGG, este si conta con difusión pois é o formato estandar da Playstation 3, a Wii de Nintendo e moi especialmente, dos iPod!!. A iTunesStore, que agora é a primeira distribuidora de música en USA (por riba das casas de venta tradicionais coma Wal-Mart e Sony/BMG!!), é o maior distribuidor de música en .aac.  Así que aí fora hai, contando só co vendido por iTunes Store, 4.000 millóns de audios en .aac.

Virtudes técnicas?, vexamos. O algoritmo que emprega é máis eficiente do mp3; produce mellor calidade de son para ficheiros pequenos e require poucos recursos de hardware ó codificar e descodificar.  Namentres que o mp3 soportaba dúas canles, estereo,o ACC admite son polifónicos de ata 48 canles!. Amais,admite frecuencis de entre 8 Hz a 96.0 KHz após das 16 a 48KHz dos mp3.

[NB.Para o uso e distribución de AAC non se requiren in licenzas nin pagos. Mais tódolos manufacturadores e desenvolvedores de codecs AAC teñen que pagar unha licenza. Así que inda que aquí propoño o AAC coma unha alternativa ó mp3 non é sensu stricto un formato libre inda que o seu desenvolvemento se dou nunha organización estandizadora e mellora sensiblemente a sistuación fronte ós problemas legais que o mp3 plantexa]

Así que vos dicides. Vós mirade que reprodutores de música tedes, como sodes de exixentes coa calidade da música e o o disco duro dispoñible.  Eu son dono dun iPod e uso linux así que cando podo uso AAC.

En breve, discutirei sobre de formatos de video, formatos de imaxe e formatos de compresión. Acéptanse suxerencias. ;)

 

Chuzame! chuzame -

Alfas, betas, candidatos e estables: o que se aveciña na parroquia Linux

Tranquilos, non morrín. Simpletemente leixei nesto de bloguear un pouco demais. Así que nada, a correxir eso de tervos desinformados!.

Como non podía ser doutra maneira, falarei do que se aveciña nestes próximos dous, tres meses, que é moito. Moitas das distros xa están no periodo de betas, logo da longa fase das alfas, e lanzarán en breve esas 'xoias' que levan preparando. Mesmo algúnha das grandes xa entrou en proceso de 'Release Candidate', é dicir, a versión final de probas, ou mesmo forn xa lanzadas como 'Estables' (a.k.a definitivas). Así que aí vai un calendario:

Xa!   |  Mandriva 2008.1 Spring

Unha das mellores distros, chegou xa o seu proceso de maduración e acumula xa unha serie de melloras importantes. Para os que prefirades unha distro basada en rpm e amizable, esta é a vosa. Por experiencia propia, destaca en detección e correcta configuración por defecto de routers e modems e presenta un panel de control que inclúe boas ferramentas para configura-lo sistema (o que evitará ir á temida consola para cuestións vanais coma abrir portos do firewall e similares). A cantidade de software dispoñible para Mandriva é alta. Punto importante este. Conta cunha boa implementación de KDE4 mais a instalación require dunha instalación non intuitiva.

Descarga en mandriva.com  |  Mandriva dun vistazo

24 de Abril   |  Ubuntu 8.04

Como non, esta saída oficial causa furor. Ubuntu é o neno bonito e o olliño da prensa Linux. Esta distro contén un sistema mínimo, intuitivo e facil de manexar que configura sen problema a meirande parte do hardware existente. Melloras:  un firewall mellor, Apparmour, mellorada lectura de disco e soporte para dobre monitor... Coa nova versión do escritorio Gnome que inclúe, veñen novas carcteristicas que fan a distro máis atractiva ainda, coma o cliente de descarga Bittorent Transmission, o cliente de VCN Vinagre, Epihany con Webkit... .  Inda que é a distro máis recomendada para os novatos, comparada con outras que inclúen interfaces graficas, Ubuntu segue pedindo que se recurra ó terminal para configuracións ben sinxelas e séguense informando de que vellos erros na detección de Hardware, especialmente, resolucións de pantallas, seguen presentes. Inda máis, o proceso de intalación máis que para novatos, é para os que non queiran controlar a instalación, o sitema de intalación palidece após do doutras grandes distros e isto é un handicup para os máis expertos. Sen dúbida, para quen prefira un sistema con instalacións baseadas en deb ou un escritorios Gnome, esta é a mellor e máis amizable das distros. Se pola contra preferides un sistema KDE, fuxide dela.

Descarga en Ubuntu.com  |   Ubuntu 8.04 dun vistazo

13 de Maio  |  Fedora 9

Digámolo así, Fedora é un Ubuntu que pasou a maioria de idade e emana experiencia e soltura por tódolos seus poros. A nova versión, inda que se recibida con duras críticas, é meritoria de probar por tódalas eficaces e potentes ferramentas de configuración e moi especialmente pola súa estabilidade. Será a primeira distro que inclúa o escritorio KDE4 por defecto, e iso é digno de merito e aplauso. Dígoo porque tras 3 meses xa de usar KDE4 a diario, podo dicir que KDE4 é o mellor escritorio de tódolos OS!. Entre as máis destacadas características, o sistema de ficheiros ext4, PulseAudio, o sistema de intalación PackageKit e a capacidade para redimensionar particións NTFS (as de Windows).Coma sempre, o proceso de intalación con fedora e agradable e indoloro. Os amantes de Gnome, a intalación con rpms e os que prefirades ferramentas graficas de calidade para modifica-lo sistema sodes carne de cañón para Fedora.

Descarga en Fedoraproject.com   |  O que será Fedora 9 dun vistazo 

19 de Xuño  |  Opensuse 11

Buff, fartariame de falar da miña distro. A versión 11 traerá novidades importantes. En primeiro lugar porque incluirá KDE 4.0.3 por defecto, e se xa este é moi estable e está moi perfeccionado en opensuse 10.3, a actual, non quero pensar como será a implentación para a versión 11. Logo, porque o sistema de intalación mellora. A velocidade de instalación da distro aumentará nun 700%, segundo informou algún desenvolvedor, así como o fará a instalación de software, que conta cunha interface, Yast2, moi mellorada. Xa agora instalar software en opensuse é tan sinxelo coma ir a aquí  http://software.opensuse.org/search , buscar o programa desexado e premer no botón que pon '1 click install'. A descarga do programa e instalación dende aquí está automatizada; simplemente é confirmar a instalación e esperar uns minutos. En canto a outras melloras técnicas, incluirá Pulseaudio (tamén fedora) e PackageKit e PolicyKit. Porén onde hai grandes cambios e no lavado de cara e mellora do proceso de instación da distro: se xa era tan potente coma bo a partir da versión 11 será inda máis sinxelo, e ó mesmo tempo, deseñado para expertos que queren controlar tódolos pasos da instalación. Unha das bondades de opensuse é que, ademais do sistema de 'instalación de software cun só click' (1 click install) está deseñada para que montar un sistema de dobre arranque con Windows sexa fácil (e sinto dicir que outras distros caen baixo neste aspecto, algunhas mesmo descudan os aspectos gráficos deste).

Por último, e inda que Opensuse sempre se distinguiu por ser unha distro máis para KDE, ten unha gran implementación de GNOME, distinta e bastante modificada da orixinal.

Descarga dende Opensuse.org  |  O que será Opensuse 11 dun vistazo 

Chuzame! chuzame -

[Common Deviations] F1: Manifestacións Racistas en Barcelona contra Lewis Hamilton

Este fin de semana en Montmelo durante os entrenamentos da F1, deporte do que eu son fervente devoto, a afección española deu unha clase maxistral de como acadar o cumio da negación persoal, da estupidez bárbara e da ofensa máxima.

Nas gradas puidose ecoitar berros de 'Puto Negro' e 'Que te fodan, Negro' ademais de aparecer en escena uns sete elementos racistas vestidos deste xeito:

snn0512mne01-384_430444a.jpg

Toda esta clase de lindezas ian dirixidas a Lewis Hamilton e, evidentemente, son unha clara manifestacion racista.

Os mesmos da camista que reza 'Familia de Hamilton' tiñan escrito por detras 'Alonso Nº1'. Asi que os medios españois que hoxe se rasgan as vestimentas ante feitos tales debian considerar que tipo de actitudes alentaron durante toda a campaña do ano pasado.

So dicir que comparto a opinion dos medios Ingleses que piden que se descalifique a España para celebrar as duas carreiras de F1 deste ano para evitar que isto se repita nun evento televisado ante millons de persoas de todo o mundo e para que esta xente a proxima vez que entre asi nun estadio sexa 'apaleada' pola xente de boa fe..

Chuzame! chuzame -

Microsoft quere mercar Yahoo!: o imperio ataca cun caramelo envelenado

É a nova económica de hoxe. Microsoft lanza unha oferta formal a Yahoo! para adquirila.

Contanvolo aquí:

BBC 'Microsoft wants to purchase Yahoo!'

The Washington Post  'Microsoft Bids $44.6 Billion for Yahoo'

The New York Times 'Microsoft Bids $44.6 Billion for Yaho' e 'How Microsoft Could Go Hostile'

The Finacial Times 'Microsoft offers $44.6bn for Yahoo'

Forbes 'A Messy Marriage'

Microsoft pretende pagar ben, pagaría as acción de Yahoo! un 60% por riba do valor en bolsa das accións da compañía mais deixa ben claro que quere que a merca se leve a cabo.  Para iso necesita o visto e prace do consello de contas de Yahoo! e por se non era tentadora dabondo a parte económica da oferta advirte de que lanzará unha opa hostíl no caso de que o consello se negue a venda da compañía. O imperio Microsoft  faino ademais xogando cos tempos e áandolle pouco marxa a Yahoo! para resolver a oferta.

A oferta de Microsoft non é casual pois Yahoo! atravesa horas moi baixas, mesmo anunciou na última semana que despediría a 1000 traballadores para 'reorganizar' a empresa, e cunha taxa de mercado na procura por internet en declive. Así que Microsoft, quen sempre fallou á hora do mercado web 2.0 (véxase o decrépito Live.com) e anuncios por internet (que é onde están os cartos); pretende coa adquisición gañar vantaxe fronte ó principal competidor mercado: Google.

A miña opinión: se Microsoft consegue a merca (e moi probablemente o faga pois tales ofertas non se fan en público se non está a cousa moi cociñada) podería converterse nun 'imperio' tamén' na web, e non só nos S.O., o cal sería devastador para a competencia e calidade dos servizos que se nos ofertan.

Chuzame! chuzame -

KDE 4.0!! Céivate!

KDE 4.0, be free!.

kde40.png

Con este rezo congratúlase o equipo de KDE do que xa é oficial: do lanzamento da nova plataforma de KDE, a primeira versión da serie 4!

Esta versión marcará o punto de inflexión: Linux xa non só aspira a superara a Window$, xa hai tempo que o fixo: aspira a se mellor ca Mac, incluso visualmente. Linux con KDE4 é o sistema máis seguro, máis produtivo e con mellor apariencia. ;) Be free!.

[ Anuncio oficial do lanzamento, Guía visual do novo KDE ]

Chuzame! chuzame -

Common deviations: Presidenta dos USA

"Teño visto xente que perdeu a súas roupas e casa, xente que traballa día e noite e que non dá pagado as facturas e que só piden non enfermar por non pode paga-lo seguro para a asitencia sanitaria; mozos que non poden aforrar para ir ó instituto e acada-las súas metas na vida. [...] Houbo demasiados invisibles durante moito tempo. Ben, non sodes invisible para min".

" As petroleiras, as farmaceuticas, as compañías de empresas adicadas á sanidade,... xa tiveron sete anos dun presidente que traballa para elas. Necésitase un presidente que traballe para vós; [...] non pode haber xente invisible!."

"Prometo que o [meu ] goberno será da xente, pola xente e para a xente non só electo a través da xente"

Hillary Rodham Clinton

 

Non son frases de fai 100-200 anos, non, foron pronunciadas pola única muller candidatable á presidencia dos USA. E se Hillary chega a presidi-los USA hase de converter na primeira socialdemócrata en facelo.  Así o creo polo que di (e fixo). Nunca ninguén con posibilidades reais de chegar á casa branca (e que eu acorde/coñeza) estivo tan cerca da política que se fai a este lado do Atlántico e menos pronunciou frases coma as de arriba. Inda que as citas de arriba agochan populismo (e recordan á politica decimonónica europea) e están fabricadas para facer zoar ós medios de comunicación, esconden un problema real que comeza a ser explorado dende perspectivas europeistas. Resulta lastimoso que en pleno século XXI a campaña nos USA estea centrada en decidir se é necesaria unha sanidade pública!!, e é soprendente que se comece a debatir inda agora se a politica exterior debe de se tratar dentro do marco internacional, se se debe de producir un cambio a un modelo enerxético eficiente re baseado en renovables e de se os impostos deben de servir para financiar beneficios sociais.

E non aposto por un negro na casa blanca (de ideas espúreas e variables, populistas) , senón por unha muller.

 

Chuzame! chuzame -

Prepárate para o novo ano, prepárate para KDE4!!

Despois de 2 anos de deseño desenvolvemento, en só 6 días,

só 6 días!!

Sairá KDE4.0!!.

Cando saía KDE4.0 o 11 de Xaneiro (e xa avanzo que xa está listo e o que fará ata o 11 é prepara-los paquetes para descarga) comezará unha nova era en KDE chea de nova tecnoloxía destinadas a roza-la gloria!

Nótaseme entusiasmado, excitadado, xa o sei. É que xa provei KDE 4.0!!, xa o teño instalado.

Pra vos, só un aperitivo:
Ano novo, cara nova

kde4_744444_desktop.jpg

(Aparentemente o cambios son mínimos, máis non!)

Explorando, navegando

7b4089c72964c2d580b62df911eb3681.jpg

O novo explorador: pequeno pero matón! e Konqueror, mellorado para a navegación web (NB. inclúe tamén o motor de Safari para a navegación web!)

5c79f5c42b15c424d8e68fefa05dd72e.jpg
O rei da multimedia

9388a003e8f3713f5cd82bf44c1ab6a0.jpg

Amarok 2.0!. O que pode facer este programa non colle nun post dun blog!.
Poderoso plasmoide

Coñecede-los Widgets de Mac?. Ben pois esto supérao: son os plamoides: habitan no escritorio, son ampliables a calquera tamaño (ou volteados) e fan todo o que un queira. dende mostrar un reloxo, unha calculadora, unha tira de comic online ou conta-los días que quedan para que KDE 4.0 saia oficialmente!.

ebdb173c3b8589ab302f0c04b0ae6bc5.jpg
Vicio, vicio, vicio

Dende  sudokus en 3D ata bechos de compaña no teu escritorio! En KDE todo é vicio!.

KDE4 en Galego!

E tanto vicio estará en Galego grazas ó gran equipo de tradución do KDE ó galego, e no que teño a honra de me incluir.

E para comeza-la festa de celebración, un pouco de metal finés (coma o mesmo Linus):

Chuzame! chuzame -

(Common deviations) Eva Cassidy

Como digo, common deviations; desviacións do tema do que normalmente falo aquí, ;)

 Penso que poucas letras hai na literatura inglesa que cunhas estrofas tan simples consigan ser dunha beleza excelsa. Para min esta peza de Christine McVie, Songbird,  está entre as millores cancións de toda a lingua inglesa, es isto vese especialmente cando é cantadas pola millor voz americana do pasado século, Eva Cassidy:

For you there'll be no crying
For you the sun will be shining
'Cause I feel that when I'm with you
It's alright, I know it's right

 

And the songbirds keep singing
Like they know the score
And I love you, I love you, I love you
Like never before

 

To you, I would give the world
To you, I'd never be cold
'Cause I feel that when I'm with you
Itas alright, I know itas right

 

And the songbirds keep singing
Like they know the score
And I love you, I love you, I love you
Like never before
Like never before
like never before.

 

-------------

(tradución libre miña)

Que para ti non haxa choros
Que para ti luza o sol
Porque sinto que cando estou contigo
Todo está ben, Sei que está ben

E que canten os paxariños
coma se leran partituras
Pois eu quérote, quérote, quérote
Coma nunca se quixo

A ti che daría eu o mundo
Para ti nunca un mala cara miña
Porque sinto que cando estou contigo
Todo está ben, Sei que está ben

E que canten os paxariños
coma se leran partituras
Pois eu quérote, quérote, quérote
Coma nunca se quixo
Coma nunca se amou

Eva Cassidy morreu ás portas da fama, dun melanoma, e cando grabou esta peza anos antes non era case máis ca unha amateur. Non creo que ningúa das grandes estrelas de hoxe en día cantase esta peza coma ela o fixo.

 

 

 

Chuzame! chuzame -