Acrónimos que rozan o poder
…ou de cando os movementos sociais fan treme-los cimentos dos maiores emporios.
OSS: estrano acrónimo, non é?. Mais a historia que agocha detrás está tan preñada das mesmas ideas que pariron a Europa do humanismo que mesmo se diria que son o lóxico froito das ideas libertarias que transformaron os vellos poderes na mesmisima democracia. Se a revolución francesa conseguiu derruba-lo inda daquela basto imperio monárquico francés porque non van poder estas siglas poder derruba-lo poder doutras clases de emporios, o cabo non tan distintos, que gorvernan hoxe por hoxe a tecnoloxÃa a golpe de empurróns, pisotazos e talonario.
OSS: Open Source Software. Software de código aberto
Seguen a ser estranas estas siglas?. Ben, supoño que terei que conta-la historia, coma sempre dun xeito pervertido. Digamos que no '85 naceu unha fundación na NorteAmerica chamada FSF, a free software foundation. Malia a inxenuidade do seu nome acabaria por revoluciona-la vida dos humanos en relación con estes malditos trebellos chamados "computadoras"; pois é que esta serie de informáticos, en grave atentado contra a súa propia intelixencia e provablemente pola completa carencia das nocións capitalistas ou de "como eu facerme rico abusando dos demais", chegaron a absurda crenza de que o software, é dicir, aquilo para o que se fan os PCs et all. e que nos solucionan a vida, por exemplo ó gardar a nosa información, ou nos entreteñen, ie. tetris e outros xogos adictivos; debian de ser feitos dun xeito gratuÃto. Mesmo, estes absolutamente carentes de propiedades visionarias e anticristos da figura de Bill Gates ou Steve Jons, propoñÃan que o software se liberara sen restriccións e , atención!, se aportase a información completa do programa co fin de que cada quen, claro está, cunhas mÃminas nocións de programación (algo do que eu carezo completamente, xD!) poidese varailo ó seu antollo. Pobres!. Claro está, Richard M. Stallman, un dos hippies fundadores do cotarro este (e que creo que sigue coas mesmas pintas de hippie), segue levando unha vida de hippie namentres Billy e Steve poden usar eses billetes verdes, eses da S, para envolve-los bocatas de chorizo que lle dan ó can porque dame que lles sobran. Ó primeiro non creo, inda que non lle debe de ir mal tampouco (se Yola fai bolos por Soria e lle pagan este tamén poderá, no Google tamén aparece, famoso é).
Agora ben; habia daquela máis informaticos hippies no mundo?. Pois debia de haber pois houbo quen lles fixo caso. Neste caso o hippie era finlandés e chegou a parilo maior pingüino da historia (eso que non os hai na Finlandia!!!!!!!!!). Tal hippie era un estudante de informática da universidade de Helsinlki chamado Linus Torvalds. Como se aburria ocorreuselle nada menos que deseña un OS, sistema operativo, (Windows, OSX, Solaris, Minix, SkyOS, NetBSD… son sistemas operativos: son o que fai que o ordenata funcione) e liberouno baixo a licenza que a FSF creara, a GPL. Isto é, realizou o primeiro OS que se podia coñecer completamente, modificar e usar sen ter que pagar e ó mesmo tempo protexendoo baixo dunha licenza que permite todo isto. Este sistema operativo é Linux!!, non vos soa?.
Isto foi o xerme da revolución OSS, software realizado por voluntarios, na meirande parte dos casos, que se libera para ser usado sen restriccións. Mozilla, Firefox, Thunderbird, Shareaza, Miranda IM, SUSE, Damn Small, Fedora Core, KDE, Gnome, VCL, Amarok, Beagle, Nautilus, eMule, Azureus, Gimp, Inkscape, OpenOffice, Abiword, Gnumeric, Sodipodi… todos son OSS.
Agora ben, ten que estar preocupado Bill?. Probablemente el viva o resto da súa vida a corpo de rei. Case seguro. Mais, e o seu emporio Windows?. Está a salvo?. Non. A maior dor de moas deste home é Linux, por moito que diga que non, e por moito que o negue o resto do OSS tamén. Fifefox foi descargado xa as 100mill de veces (creo recordar) e é usado polo 20% dos internautas, que intelixentemente decidiron abandonar Internet Explorer. Dito isto, se eu che dixera "paquete completo de Windows Vista co novisimo Internet Explorer 7 e bla bla bla por 200 eurazos", ti que dirias?. -Descontame os 20 euros do IE que pra iso descargo Firefox que é gratis e máis seguro. Ou senón inda millor, deixao! Descargo o SUSE 10 que asà aforro os 200 eu.!-. Creo que dicia o principio que hai siglas que poden derrubar imperios, non?. Ben, pois é por iso que Billy ás veces non durme tranquilo, igualiño có Luis non sei cantos.



























