1000 anos máis para o Galego

Ese é un obxectivo ben loable de intentar o conseguir entre todos. Velaí o fermosisimo Irlandés con polo menos 3.000 anos e o antiquisimo Euskera. Esperemos que os galegos sigamos a falar Galego por moito tempo.

Mais, neste mundo cambiante, globalizado, as culturas deben de se adaptaren ás novas tecnoloxías que, paradoxo da vida, nacen no seo mesmo da cultura. Logo tamén a lingua debe debe se adaptar á informática pois a través dela será, case seguro, que reciba moito do pulo que lle dea mil anos máis. En só poucos anos, arredor de 50, das 6.000 linguas do mundo estinguíronse máis da metade ou esperase que o fagan en moi poucos anos. Estas desaparicións relacionanse coa globalización, a mestura ou erradicación de culturas e etnias mais tamén coa desvinculación da lingua materna co avance da sociedade. Por iso digo que a lingua debe neste século ir vencellada a informática se quere perdurar.

É por isto que dende hai uns cantos anos na rede xorden equipas de tradución ás linguas do mundo, ben da man do OSS, o software de código aberto (xa que este o permite). O galego conta cunha chea de voluntarios, anónimos, que operan a través da rede para ofrecer ferramentas na nosa lingua. Os logros desta comunidade, na que colaboran moitos a reo ou outros tantos que coma min colaboran con pequenas aportacións, son moitos. O traballo inxente realizado non ten prezo.

Agrúpanse hoxe en día, esencialmente, no Proxecto Trasno [web], inda que existen outros grupos e proxectos diversos amais deste. A labor realizada por toda a xente que participa neste grupo é loable e está a producir grandes logros. Como novidade que se pode avanzar xa é que seguramente a equipa de tradución do KDE ó galego dea traducido case á hora do lanzamento o entorno gráfico KDE4, que se espera para finais do ano!!. Actualmente o galego conta co 76% da versión en desenvolvento do KDE, situándose no 14ª posto en avance da tradución. Dicir que os nosos irmáns os portugueses xa teñen todo o traballo feito e van na cabeza de lista.

Chuzame! chúzame -

Dejanos tu Comentario

Nombre: (Requerido)

E-Mail: (Requerido)

Sitio WEB:

Comentario: