Aprendan hoxe os que gobernen mañá

Xaneiro do 2005, Davos, Suiza. O científico computacional ianqui Nicholas Negroponte revela un gran proxecto, "o seu gran soño". Gardándolle as costas a MIT Media Lab e seis grandes xigantes da industria tecnolóxica: Google, AMD, Red Hat, BrightStar Corporation, News Corporation e Nortel Networks e por cada un deles 2 millóns de dolares no peto. En mente os paises subdesenvoltos. Anuncia así o proxecto humanitario non lucrativo "Un ordenador por neno" [·] (OLPC).
No Novembro dese mesmo ano Kofi Annan, Secretario Xeral das Nacións Unidas, e o propio Negroponte revelan en Tunicia o primeiro prototipo destes ordenadores , os ordenadores dos 100$. Pretenden desenvolver e frabricar ordenadores axeitados para o ensino a ese baixo prezo co fin de que sexan adquiridos por paises subdesenvoltos. Nixeria xa manifestou o seu desexo de participación e pediu xa 1 millón destes ordenadores. Tras Nixeria máis.
Os beneficios destes ordenadores han de ser modernizar e reactivar a capacidade de ensino nos paises subdesenvoltos, brindándolles novas posibilidades e facilidades e, polo tanto, millorando as perspectivas de futuro dos paises que se beneficien do proxecto. As menciñas, a comida e a auga son bens radicalmente necesarios para hoxe pero inútiles para o futuro destes paises, destes continentes, África, Asia e Sudamerica; paradoxicamente tan brutalmente ricos en recursos naturais. Entre as caracteristicas que destacan destes modelos de ordenadores, que non serán vendidos directamente senón directamente ós gobernos, son a capacidade de se comunicaren inalambricamente a través de redes de tecnoloxía de banda ancha e poder formar redes locais, por exemplo nunha escola; carecer de disco duro e posuír catro portos USB, memoria Flash de 500MB e 128MB de DRAM. Mais este proxecto nacería eivado se non for por un simple detalle. Serán Linux, serán código aberto. Só así é posible que poidan servir para calquera persoa deste planeta xa que poden ser persoalizados, modificados e traducidos a absolutamente tódalas linguas deste planeta, sen pagar licenzas e sen depender de ninguén ó mesmo tempo que sexan innovadores e seguros. Isto só o pode ofrecer Linux e o software de código aberto.
É por isto que nas mentadas arriba especialmente destacan dúas compañías, as maiores compañías linux: Google e Red Hat. De seguro non haberá ninguén na face da terra que poida facer tanto polo desenvolvemento de tódolos paises chamados do "terceiro mundo" coma a propia xente do terceiro mundo. Só eles teñen a chave do seu futuro e nós, opulentos sans e ricos, brindándolle esta oportunidade permitimos que hoxe aprendan eses nenos que no futuro serán os líderes dunha nova África, Asia e Sudamerica.
O Código Aberto e Linux teñen unha gran propiedade e é que son socialmente xustos.
chúzame - 


























