KDE4, desfile en Milano

É, diriamos, hora de pensa-los deseños, armarse de gacias teas ou coloridas sedas e corta-los patróns que vistan as modelos, máis ou menos famélicas, para que coma arrogantes xubencas paseen polas grandes mecas: Milano, New York ou London. Ó final, despois de tantos nervios, tantas pelexas e o ruído mediático chega o desfile e gaña a elegancia e o bo vestir. Neste caso vístese KDE4, parido do mesmo bo facer que as puntadas dos grandes modistos, loados nas máis cosmopolitas cidades.

Ben, como digo, tal que vestido por Armani, Pernas ou Dolce Gavana, aparecerá o noso escritorio na próxima colección. E digo que ha de estar a altura da pasarela pois coñecemos algúns datos que xa nos fan temer tal. Falo, claro, de KDE [·] (un escritorio: ese que nos presenta as ventás, nos mostra menús e lles dá efectos, mesmo consta con programas de seu). A seguinte versión ha de ser KDE4, unha edición moi madura e remodelada ata o límite que nos chegará probablemente co abrir do ano.

kde4.png

Sobre dela hei de falar ata me esgotar, como se da Laetitia Casta se tratara. Porén hoxe, coma se fora o primeiro dos tomos dun deses colecionables, hei de dar algún primeiro apuntamento e algún carameliño.

Para empezar, KDE será o máis ubiquo dos escritorios. Un podera ter un Linux cun escritorio KDE4, un freeBSD e mesmo un Mac. Si, un Mac mais tamén un Windows!. Imaxinádesvos desfacendo a vosa "cara" da Vista (o malparido Aero) e remprazándoa por KDE?. Sería un pouco estúpido mais ha de ser posible.

Cambiando de terzo contar que os desenvolvedores de KDE decidiron desfacer o feito e refacelo en base a Qt4. Tecnicamente isto supón un avance expléndido e tremendo (tampouco estou eu cualificado como para decir porqué así que o deixo aquí). Mais, refacelo tamén sobre dunha idea: "usabilidade e arte". Así que dende o momento cero os artistas están a trabar para facer de KDE4 un escritorio sinxelo e con estilo. Non me credes?. Inxénuos, aquí tende-lo proxecto Oxigen, o novo tema do KDE4, no cal participan os archi-mega-super-astro-coñecidos do deseño de iconas (David VignoniIcon-king.com) e Aaron Seijo:

oxygen

Sinto decilo, fans de Vista e Mac, pero o pouco que puidemos ver ata agora é simplemente brillante, nada que ver coas cotroñosas iconas ás que Windows nos ten acostumados:

10.png

12.png

O proxecto pretende darlle un aspecto renovado ós temas e iconas de todo o escritorio facéndoo máis intuitivo, máis facil de usar e máis elegante.
Recordo aquí unha cousa, en KDE ( Linux en xeral) por moito que un amplie un icono non pedre calidade, cousa que en Windows si. Así que o que vedes arriba lucirá sempre como para Milán ou Nova Iork, ó igualino co resto de KDE4.

Chuzame! chúzame -

Dejanos tu Comentario

Nombre: (Requerido)

E-Mail: (Requerido)

Sitio WEB:

Comentario: