Linux en imaxes - Capítulo I

Ben, poderiame fartar de falar dos de Microsoft ata reventar pero desta non o vou facer; xa eles soíños se fan publicidade, lol [1>>, 2>>]. Desta vou romper con todos os mitos que a xente ten sobre de Linux, con imaxes. Así que daquí a que me farte pasarei pantallazos (e igual videos) da miña flamante openSuse 10.2 con KDE.

Capítulo I - Introdución ó escritorio KDE con OpenSuse

 

Linux é o motor e o escritorio é o que vemos, expliquemolo así. É algo máis que os temas en Win. O Linux (a distro), por exemplo, controla se tes ou non un iPOD conectado e o escritorio mostracho con iconas e permiteche realizar acción con el apuntado co rato, como engadirlle unha canción (máis ou menos).

 

Hai xente que inda usando Linux emprega diferentes escritorios. Os máis afamados son KDE, GNOME e Xfce.  Moitas distros deixan escoller que escritorio queremos usar cando as instalamos (OpenSuse é o mellor exemplo). Os escritorios varían en aspecto pero tamén no xeito de traballar e nas opcións que teñen. KDE é altamente configurable e fácil de usar, GNOME é parco e minimalista e Xfce é lixeiro e perfecto para ordenadores xa vellos (Incuso con só 64 MB de RAM!). Todos son sinxelos de usar e eficaces inda que para min KDE lévalles a todos anos luz de vantaxe.

 

KDE é o escritorio que eu escollín e que teño "tuneado" a miña maneira (que é practicamente  o que ven por defecto).

 

escritorio.png

 

KDE permiteche ter unha barra no fondo (co inicio e apagado, con ventás abertas e enlaces a programas e carpetas), unha barra arriba co inicio e apagado, enlaces a programas etc e outra enbaixo coas ventás abertas ou mesmo ter coma nos mac unha barrade acción común para todos os programas. Mesmo podemos añadir facilmente un dock coma en Mac. Así que a gusto de consumidor .

 

 

konqueror.jpg

 

Aparte disto, o programa máis básico de KDE é Konqueror. El soíño é explorador de arquivos, visor (emprotrado) de pdf, txt, imaxes e outros arquivos e navegador web!!. Hai que dicilo: é o navegador web máis rápido de todos cantos hai!!. Firefox en Linux, curiosamente, non vai excesivamente rápido.  Konqueror chámaselle ás veces a navalla suiza, hehe.

 

Mirade atentamente a imaxe: en diferentes pestañas do Konqueror hai abertas unha carpeta con documentos, un arquivo pdf, unha páxina web e unha galeria de imaxes. Wow!

 

 

konqueror2.jpg

 

konqueror3.png

 

Se mirades o album que montei para esto vered máis cousas interesantes.

 

Como non o botón de inicio da Susa,

  

instantanea6.png

 

e o novo menú de inicio da susa:

 

instantanea19.png

ó instalar un programa novo aparece automaticamente incluido nas categorias do menú. En caso de que te olvides de onde se meteu con teclear en buscar o nome salche nunha lista. Se eres olvidadizo de máis podes engadilo ós favoritos para telo aman. O buscador (Beagle) que inclúe integrado  o menú inclúe, ademais de a programa, arquivos, enlaces visitados e mesmo conversacións de messenger!. Todo unha xoia.

 

beagle.png

 

 

Probablemente o mellor do KDE é, ademais do Konqueror, é a chea de programas que inclúe de por sí:

 

Amarok: o mellor software de audio.

Kaffeine e Noatun: reprodutores de video.

K3b: grabador de CD e DVD, ripea CD e DVD...

Kate: editor de texto

Koffice: inclúe editor de texto, presentacións, bases de datos, programa de cálculo, editor de fórmulas, imaxes vectoriais...

Konqueror: xestor e visor de arquivos, navegador web

Kontact: correo electrónico, calendario, xestor de tarefas e diario, RSS, xestor de noticias, notas...

Kopete: mensaxeiro instantáneo. Inclúe MSN, Yahoo, Jabber (tamén Gtalk), ICQ, IRC e algún máis

Kooka: escaner e ORC

Krita: programa de tratamento de imaxes

Keduca: paquete de programas educativos, incluso para apreder idiomas

Digikam: xestor de cámaras dixitais

KGet: xestor de descargas

Ktorrent: descarga bittorrent

Karamaba: widgets de escritorio

 

               ... e un longo etcétera .

 

 

[[ Ver Galería de Imaxes ]] 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Podes comentar

Nome: (requirido)

Correo: (requirido)

Sitio WEB:

Comentario: