É posible prohíbir ideas?. Patentes e Copyright

O outro día mantiven unha acalorada discusión sobre dunha cuestión que en realidade levanta polémicas: o dos mal-chamados "dereitos intelectuais". Non é un tema fácil nin claro e dá que pensar.

A miña gran pregunta ó respecto é, poden as ideas prohibirse ou restrinxirse?. Segundo as leis de Copyright non, segundo as Patentes si.

A modo informativo (dende a WIkipedia):

Copyright, (c): "dereito de copia". É unha serie de derietos exclusivos que regulan o uso dunha expresión concreta dunha idea ou información. En moitos casos só é de aplicación por un tempo restrinxido. Isto pode incluir poemas, teses, esculturas, obras artisticas variadas... O copyright cobre só a forma ou maneira en que a información se expresou, a "forma material da expresión". Non está deseñada para cubrir ideas, conceptos, feitos, estilos ou técnicas que poida incluir o a obra que se somete a copyright. Por exemplo, O copyright que cubre a Mickey Mouse prohíbe a distribución de copias non autorizadas do debuxo ou traballos artisticos derivados del, sempre que se copie a gfigura antropomorfica concreta do orixinal. Mais isto non significa que se prohiba debuxar ratos de forma antropomorfica en xeral, sempre que sexan suficientemente distintos do orxinal (e imaxinense os Simpon sen Rasca e Pica). Nalguns paises permitese facer copias satíricas ou traballos interpretativos

Marca Rexistrada (Trademark, TM): marca ou simbolo distintivo de calquera clase que é empregado por unha persoa, organización, empresa... co fin de se identificar ou identificar ós seus produtos ante o público ou consumidores. O posuidor da marca rexistrada ten dereito de veto da marca.

Patente: dereitos que un estado concede durante un tempo limitado a un inventor dun produto susceptible de ser explotado comercialmente nos termos que quen o solicite o pida. Coa patente regulase e pechase ó público os detalles do funcionamento ou da composición, método ou proceso (ós cales se lles dá o nome de invento) cando se considera que este é novo, inventido, práctico ou industrialmente aplicable. Os efectos da patente son os de previr ou excluir a outros de facer, usar, vender ou ofrecer a invención patentada.

En Europa só as Marcas rexistradas e o Copyright son de aplicación e as Patentes non se contemplan no xeito que se di arriba senón cunha serie de excpcións (nin descubrimentos, nin teorias, nin métodos matemáticos, nin modos de presentación de información nin métodos ou estratexias de xogo ou negocio ademais de software) [>>]. Nos USA é posible patentar calquera invento nos termos que se di arriba.

Ora ben, porqué son necesarias as patentes cando hai dereitos de copyright?. O engadido está en ocultar unha información, un método ou mesmo unha idea (todas elementos inmaterias e sen "coste de produción") de ser empregado por outros. Dende o meu punto de vista isto ten unha serie de perniciosos efectos inmediatos:

1. Favorece o monopolio de grandes empresas:

Aquelas empresas con recuros pódense permitir ter unha orda de avogados patentando o imposible e evitando que outras empresas lle fagan sombra. Incluso poden chegar a vetar a aplicación dun método ou enxeño antes de que a empresa mesma sexa quen de o producir ou teña ultimado o trebello, se é que en realidade chega a facelo. Macintosh e Microsoft son coñecidos por realizar este tipo de tretas: patentan antes de ter nada elaborado.

2. Perda de competitividade:

Se é posible vetar a aplicación de métodos e técnicas só o que posúe a pode aplicalas e inhibe a outras empresas de empregalas mesmo con outros fins ben distintos e tamén de mellorar a propia técnica ou método. A nivel global, para a economia supón unha perda de competitividade pois non habendo competencia non hai mellora no invento patentado. Grazas que cando fleming descubriu a penicilina ou cando se descubriu que era posible realizar transfusións sanguíneas non existia iso das patentes!. Imaxínanse a empresas cobrando dereitos de patente por cada transfusión relizada?.

3. Perda do xuizo ético por parte dos patentantes:

É sangrante o caso das patentes na "industria sanitaria". Por desgraza pódese "posuir", a través do dereito de patente, un principio activo dun medicamento. Non sendo posible a competencia, pois non se permite a fabricación de xenéricos con ese principio activo, a empresa farmaceutica pode poñer o prezo que se lle antolle ó medicamento. É máis, mesmo a empresa pódese ver en problemas de distribución en caso de epidemia/pandemia ou mesmo negarse a distribuir por non lle saír rentable economicamente facelo. Isto está pasando, por exemplo, con antivíricos pro SIDA. Se eres Americano (non sendo que sexas pobre) ou Europeo probablemente poidas acceder a eles mais se eres Africano o normal é que teñas o mesmo destino co resto dos 30 millóns de persoas afectadas actualmente: a morte prematura e con dor extrema. (Na África Subsahariana a incidencia do SIDA chega até o 50%!! nalgúns casos). No caso de que te atopes nesa desgraciada situación agradeécello a determinada farmaceutica por non deixar usar o seu principio activo ou método, por bloquear futuros avances (pois deixaos só nas súas mans e só da empresa depende a mellora do principio activo ou técnica...) e por sobrevalorar o produto.

Pero non acaba aí. Pódense posuír xenes, ou eso se intenta. Un xen é unha información codificada no DNA, que tódolos seres vivos temos en tódalas nosas células, e que expresa unha proteína (esta é a versión reducida da historia). Esa proteína ter un papel no corpo: por exemplo pode valer para que poidamos alimentarnos con azucar (poidamos metabolizalo) ou formar parte do músculo etc. Como se pode permitir que alguén patente un xen??. Con que fin?. O fin é que os xenes poden ser cortados, empaquetados e empregados como medicamentos (e enténdase con tódalas salvedades do mundo!) ou mesmo ser obxecto dalgún tipo de terapia. Hai un interese comercial. Como se pode permitir que alguén sen saber a función dun xene, algo natural, que non se produce, que xa está aí!, o patentante prohiba que outra xente faga uso del!, só por que el dixo "eu vino primeiro"?. Neils Amstrong puido dicir - A lúa é miña, eu cheguei antes!.- só que se lle olvidaría que para que el chegara fixeron falta centos de anos de desenvolvento científico para podelle contruir a nave espacial na que chegou. De momento isto non pasa, pero potencialmente as patentes permitirian que os científicos de mala fe escolleran xenes a boleo coa esperanza de que lles poidan ser útiles para fabricar algún tipo de medicamento (e de paso forrarse).

Non creo que as patentes sirvan para mellorar a investigación científica, como algúns din en referencia á cuestión farmaceutíca. Mais ben interrompen o avance da ciencia por servir a intereses puramente comerciais e non científicos.

Se algún día se permiten as patentes (sensu stricto) en Europa eu escóllome patentar o de mollar os churros no chocolate (que é unha técnica), os xenes dos ollos azuis* (que debe de ser unha composición, lol), a mezcla de café en polvo e colacao que está moi boa (e tamén é unha composición novedosa) e mais o proceso de pechar a sandwichera á forza cando se lle meten megabocatas.

  • *xenes, en plural. Na coloración dos ollos participan polo loci, polo que o número de xenes que o determinan son múltiples. Ata nove xenes distintos parecen intervir no proceso. Pais de ollos verdes, por exemplo, poden dar fillos de ollos azuis. [+ info]
Chuzame! chúzame -

2 Comentarios hasta el momento »

  1. Xosé dijo

    6 de abril del 2007 a las 5:23 pm

    En Europa __si__ que hai patentes. Mira esta ligazón á wikipedia en portugués: http://pt.wikipedia.org/wiki/Patente#Patentes_de_software_na_Europa. O que non existen, por exemplo, son as patentes de software.

  2. Miguel dijo

    6 de abril del 2007 a las 8:11 pm

    Efectivamente, estaba errado: non me parei a comprobalo e escribino de oidas. Pareceme interesante a serie de excepcións á patente “sensu stricto”. Inda así seguen a ser de dubidosa necesidade as patentes.

    Corrixo o texto)).

Comentarios RSS · TrackBack URI

Dejanos tu Comentario

Nombre: (Requerido)

E-Mail: (Requerido)

Sitio WEB:

Comentario: