Poñendolle voz a RosalÃa
Existe a percepción de que a rede serve para desunir. Se cadra a meirande parte do tempo que empregamos en navegar malgastamolo en páxinas inútiles e leas futÃs pero, oes, que ninguén diga que a rede de humaniza. Eu digo que a rede une e que a xente a través de internet coñecese, namorase, odiase e mesmo colabora para ser solidarios.
A xente é solidaria. Hai algúns que se reunen en internet e deseñan sistemas operativos de balde, coma Linux, e tradúcenos a tódalas linguas do mundo. Hai outros que se adican a reivindicar causas xustas e a apoiar ONGs. Se cadra outros forman bandas musicais con persoas que nunca viron nin verán. A xente leva dentro o de ser solidarios.
Mais eu hoxe quero chamar a atención sobre dun proxecto que pon voz a Goethe, Shakespire, Freud, Kafka, Mark Twain.. . Librivox é un proxecto colaborativo que pretende recoller a voz que xente anónima lle pon a gran literatura. Voluntariamente un pode participando lendo un libro, gravando a súa voz, e logo "liberando" esa gravación para que outros se deleiten cos versos liñas lidas.

Este loable proxecto leva recollidos centos de gravación en lingua ingles, alemana, finesa, portuguesa... Eu animo a todos cantos queiran emocionar lendo que poñan voz a Rosalia de Castro, a Eduardo Pondal, a Curros Enriquez, a Amado Carballo, a Mendiño ou ó Rei Don DinÃs... Porqué non propoñerse o reto de facer que lingua galega estea dispoñoble tamén deste xeito?.
Só dúas cousas:
1. Hai que dispoñer dun extraordinario equipo técnico: un simple micrófono conectado ó ordenador e un gravador de voz. O máis difÃcil é poñer a voz.
2. Os textos lidos teñen que estar no dominio público para que a canda a gravación a xente poida ler tamén se quere. Isto é sinxelo tamén xa que o proxecto da Biblioteca Virtual Galega ten en liña unha boa cantidade de textos accesibles.
Eu animo a que colaboredes a prol da nosa lingua nesta chamada miña. Se queredes ler podedes directamente dirixirvos a Librivox e facer a vosa aportación ou colaborar con outras persoas, entre eles eu. Se queres contactar comigo: bandua83@yahoo.es
chuzame - 

