É hora do cambio
Desde que comecei este blog non paro de repetir o mesmo leiv motif: "migra a Linux". Algunha que outra vez teño exposto o que necesitas facer tal. Hoxe volvo a recopilar os motivos e os pasos que terás que dar.
Ante todo, porqué un deberÃa de deixar de usar Windows e empregar algo tan "raro" coma Linux?. Ben, aquà vai:
1. Linux é 100% gratis, sen trucos. Windows non.
2. Linux é estable e seguro, moi seguro. De feito non necesitas antivirus nin antimalware nin semellantes.
3. Desde o momento cero que instalas calquera Linux xa tes instalado unha suite ofimática, reprodutores multimedia, programas de retoque fotográfico, editores de audio e video, mensaxeiros instantáneos, navegadores web, lectores de correo e novas... Todo por cero euros. Ah!, non programas calquera, probablemente dos mellores programas que existen, completiños. Dende o momento cero Linux está listo pra usar.
4. Poden pasar literalmente anos sen ter que reiniciar o ordenador. En serio, Linux está deseñado pra isto. As instalacións de software son simplÃsimas e non se necesita que deixes de facer o que estabas facendo, sin reinicios nin demais. Ademais, cunha conexión a internet, todo, incluÃdo o software, actualizase automáticamente cun só clic.
5. Se non che gusta a "versión" de Linux que escolliches desintala-la e escolles outra, total, son gratis!.
Mais, donde consigo Linux? que Linux escollo?:
1. Linux é un proxecto altruista que naceu na rede e que calquera pode modificar asà que dende o ano 1992 no que Linux naceu foron aparecendo literalmente miles de versións. Estas versión son chamadas "distros" (Mesmo ti poderÃas facer o teu propio Linux persoalizado)
2. Porén, só unhas poucas distros "dominan". Cada distro ten unha gran comunidade de usuarios e empresas que a apoian e axudan ós usuarios desta. Calquera elección é boa mais non está demais acudir ás grandes.
E cales son as grandes?. Citarei as miñas recomendacións para principiantes (por idade da distro):
Fedora
É probablemente a maior distro de todas, a herdeira de Red Hat. Agora mesmo é unha elección estupenda pois caba de saÃrFedora 7 Moonshine.Facilidade de uso: 8/10. Usuario corrente. Calquera
Facilidade de administración: 6/10 Experto. Está neste aspecto pensada máis para xente algo experta. De calquera xeito moi recomendable incluso dende o principio.Flexibilidade: Alta. Permite escoller GNOME ou KDE.
Software: Abundante. Hai moito software dispoñible.
Comunidade: 9/10. Hai moita xente que usa fedora. A axuda e información dispoñible é inmensa.
<< Descarga
OpenSUSE
É a segunda das distros máis antigas que inda sobrevive, e de que maneira. é unha distro moi robusta, con moitas innovacións e sobre de todo pensada para competir con calquera. é unha opción segura. Actualmente atopase na versión 10.2 e no Outubro sairá a versión 10.3. Destaca por ser5 a vez facil de usar e ter potentes ferramentas de administración: YAST.
Se queres seguir conservando Windows no teu disco duro openSuse fai o traballo duro por ti sen dor e sen defraudar. As opcións por defecto na instalación non soen fallar.
Facilidade de uso: 10/10
Facilidade de administración: 9/10. Yast (un "centro de control") permite configurar practicamente de todo dun xeito visual. Permite opcións avanzadas e moi potentes de rescate do sistema.
Flexibilidade: Alta. Permite escoller escritorio KDE, Gnome, Xfce (entre outros).
Software: Abundante.
Comunidade: 10/10. A web do proxecto ten tutoriais de todo, hai abuntantes foros en tódolos idiomas.
<< Descarga
Mandriva
Gran momento para agarrarse esta distro que acaba de renovarse con Mandriva One 2007. Algo de capa caida, mais que segue a ser todo un referente para os principiantes en Linux. É unha gran opción. ó igual ca openSuse conta cunha ferramenta de administración do sitema moi avanzada e sinxela de usar.
Facilidade de uso: 10/10
Facilidade de administración: 8/10
Flexibilidadade: Media-alta
Software: Relativamente abundante
Comunidade: 6/10. Bastantes foros en moitos idiomas
<< Descarga
Ubuntu
Esta malparida distro naceu do gran proxecto de Debian. Namentres que Ubuntu leva a fama, Debian leva a auga, como o Miño mailo Sil, digamos. Porén. vexome na encrucillada moral de ter que recomendala por tal brutal adopción e popularidade que nos últimos dous anos acadou. Ubuntu aporta mais ben pouco, é moi sinxela de usar e ofrece algunha ferramenta de administración de sistema avanzada. Se cadra o que máis destaca é a amplia (teoricamente) gama de drivers que inclúe.
Facilidade de uso: 8/10
Facilidade de administración: 3/10: seredes escravos da consola e dos foros con esta distro. (Eu para modificar a resolución dunha pantalla Philips debin editar manualmente!!! un scrip. Por defecto non activa a conta root! e isto máis ca unha vantaxe para quen administre o sistema é todo o contrario.
Flexibilidade: Moi baixa. Ubuntu por defecto usa Gnome, o proxecto "parente" usa KDE, mais instalar na outra o outro escritorio pode ser tedioso.
Software: Relativamente alto.
Comunidade: 6/10. Hai información abundante e bastantes grupos locais, incluida SP. Está traducida ó galego ó 100% (creo recordar). Mais, dise ás veces que os foros non soen ser moi útiles inda que non podo confirmalo.
<< Descarga
Continuará...
chúzame -
Fedora 
OpenSUSE
Mandriva
Ubuntu



























IaRRoVaWo dijo
10 de xuño del 2007 a las 11:26 am
Son usuario de Ubuntu e estou moi contento con ela. Tes algo de razón no que dis sobre Ubuntu aÃnda que eu lle porÃa un 9/10 en facilidade uso e un 5, 6 ou 7 en facilidade de administración :-), e en comunidade un 8 ou 9… :-P. Se cadra é porque non coñezo as outras distros. Pero tes razón que en moitos casos tes que empregar scripts, modificar cousas dende consola e os foros… ás veces non son de utilidade sobre todo porque a maioria son novatos.
Comecei nisto do GNU/Linux directamente con Ubuntu e nunca me deu por probar outras distros, non sei por que. Pero tes razón, este verán vou ir instalando no meu PC de sobremesa Fedora, OpenSuse, Mandriva, etc… e estarei unha semana con cada distro para ver cal me gusta máis ou cal é mellor.
Se cadra deixo de usar Ubuntu, pero demomento teño Ubuntu :-).
Miguel dijo
10 de xuño del 2007 a las 12:52 pm
Alégrame ver que a xente use Linux!, sexa Ubuntu ou outra distro. O meu é que non considero que recomendarlle a ninguén Ubuntu sexa o adecuado inda que coñezo varios ubunteiros que mo debaten ardorosamente, lol. Mais que nada e por se logo che veñen e che din -que eso de editar non sei que?-. Para modificar unha simple resolución de pantalla ter que modificar o log de X pareceme forte demais!, eso fixeno en opensuse para instalar un driver pero non unha resolución de pantalla.
Tampouco te engano, todas as distros teñen algunha pega. A miña querida opensuse tenas tamén pero logo de probar literalmente todas as grandes distros, inda que fora brevemente, é a miña preferida. Probablemente o lento que abre o instalador de software de Yast é o pior. Tampouco un instala software tódolos dÃas. Mito depende do hardware que teñas, claro. Opensuse ten un comprobador de hardware compatible: http://en.opensuse.org/Hardware
Va, Se pensas en probar outras distro, o cal me parece recomendable, pensa que é o que queres primeiro; GNOME ou KDE. Eu recomendoche probar ambos escritorios en calquera das distros. GNOME xa o probaches, asi que, Mandriva e Opensuse son as que mellor integran KDE polo que para probalo son as ideais. Logo valora a info que tes para cada distro e os repositorios que teñen. Fedora e Suse aquà gañan (no softwr), inda que non sei Ubuntu o que aproveita de Debian, que si que ten moita cantidade de software inda que pouco actualizado. Mandriva soe gustar moito, xa cho advirto.