Archivos en el mes de Agosto del 2007

HP Vende PCs con Linux!!

Linux HP

Ó final foi. Logo de tantos rumores a maior produtora detecnoloxía do mundo, a ianki Hewlett-Packard, comezará a vender PCs con 'Red Hat Enterprise Linux 5' [inf] en Australia [Noticia 1, 2]. De momento só venderá o HP Compaq dx2250 [inf] no país austral. Este produto está dirixido a medinas e pequenas empresas que prefiren aforrar os cartos das licencias doutros OSs.

HP súmase ó resto dos grandes produtores de PC: Dell e Acer (que vende PCs con Ubuntu preintalado en Singapur), quen en diferente grao xa se meteron no 'negocio Linux'. Así que axiña poderemos ver á venda nas tendas do noso país PC que no canto lucir pantallas con coloridas ventás mostren pingüíns ;). A aposta de HP así mo fai crer e espero que sexa verdade.

 PD: algúns xogos numéricos [>] coas poucas estatísticas que hai sobre do uso de Linux mostran cifras de 50 millóns de usuarios de Linux en todo o Planeta, o dobre que de Macs . Esta pode ser unha boa explicación ás liñas de arriba.  ;)

Chuzame! chuzame -

Os bárbaros universitarios xermanos fanse Linux!

Escudo de Armas de Alemania

Os universitarios xermanos terán proximamente unha universidade con infraestrutura manexada por Linux. Novell anunciou que 33 universidades federais do estado Xermano de Nordrheim-Westfalen [wk] adoptaran solucións desta empresa, que se adicada a Linux. Así 560.000 de universitarios desfrutarán do sistema operativo aberto. Segundo os xermanos esto aforraralle cartos ás universidades, contarán cun sistema moito máis flexible e evitarán estar no futuro presos dun fabricante. Recordar que nese estado federado atópanse cidades coma Colonia, Bonn, Düsseldof, Essen ou Münster e as súas respectivas universidades, especialmente as de Colonia e Bonn.

Esta decisión súmase a que xa provee a 300.000 universitarios de Linux nas súas universidades dos estados federados de Bayern [wk] e Thüringen [wk]. Con isto o 40% das universidades de Alemania empregaran solución de Novell, e dicir, Linux.

[Anuncio oficial] 

PD: Este meu blog nos últimos dous meses recibiu unhas 2500 visitas, o que fai que cada post teña de media uns 80 lectores. Inda por riba supón o 2% do tráfico de visitas de blogaliza.org así que a miña eterna gratitude ós que me ledes. Grazas. Tambem aos portuguêses e aos brasileiros que rematades aqui e isso que eu nao posso hachar a razao (ehem, desculpade o meu portuxés, ;)).

Chuzame! chuzame -

Skype podería estar vixiando o que fas

skipe.jpg

Grazas a ferramenta de seguridade AppArmor [wk] un usuario de Skype para Linux descobre que este programa de comunicación por voz intenta acceder a información do cartafol '/etc/passwrd ' (que serve para cambia-los contrasinais de usuario [wk]). Gran sorpresa. Skype zosca nos contrasinais que usamos.

Pero hai máis. Resulta que o mesmo fai Skype cos cartafoles e subcartafoles de Firefox!; e isto inclúe fisgar nas extensións e demais complementos!.

Post orixinal denunciando o caso: [Forum Skype]

Que pretende a empresa Skype con isto?. Recolle información que lle poida ser útil comercialmente?. éche o que ten o software privativo, nunca o saberemos.

No entanto eu recomendoche cambiar de cliente VoIP. Un estupendo de código aberto é OpenWengo, e non lle envidia nada ó antedito.

Chuzame! chuzame -

Guantanamo Guantanamero

<<Me odiaba mi primo
Por celos a mi carrera.
Lo arrestaron y dijo
Que terrorista yo era.

 

Guantanamero, soy preso guantanamero.
Guantanamero, soy preso guantanamero.

Ha decidido el imperio
Tenerme por siempre preso
Y la cuestión es hacerlo
Con o sin falso proceso...>>


Máis que pasmado me quedei o velo video este e descubrir que ese ghreñas do vídeo, o ilustre guru Linux Richard Stallman [Wk], inda lle dá a iso de cantar e sobre de todo é dos poucos americanos con collós pra dicir o que di. Vede [stallman.org].

PD. Inda que este venerable home merece o meu máis sentido aplauso logo propón o boycott ós libros de Harry Potter en prol, teoricamente, dos dereitos humanos. Um?. Que alghén mo explique.

Chuzame! chuzame -

Unha década de fermosa e-liberdade!

Co nacemento de Linux naceu toda unha nova filosofía, dende o comezo ben vencellada á actividade da GNU Software Foundation. Aquí a historia complícase e mesmo haberá, como con calquera relato histórico, quen disinta. Co lanzamento de Linux no 1992 pódese dicir que nace a era da liberdade dixital. A rede xa era de todos e mesmo servia para sementar, desenvolver e parir proxectos altruístas. Ó cabo isto non foi máis que o outro paso na creación do espello da sociedade real na rede.

Mais o propio desenvolvemento da tecnoloxía informática comezaba os seus pasos na dirección de facilita-la interacción dun xeito visual, interactivo. Fixo falta case todo o século para empezar a desenvolver as GUI ó nivel de hoxe e só o remate do século XX naceron os escritorios libres que serviron para darlle cara ó proxecto Linux.

Con este post rindo homenaxe ó nacemento de KDE no ano 1996 pois xa se cumpre, ó atravesar tamén Gnome a barreira dos dez, máis dunha década de escritorios libres.

[AVANCE: Verás o primeiro 'ordenador', o primeiro rato, o primeiro Apple e o primeiro Windows, tamén o primeiro KDE e o próximo e o primeiro GNOME >> Colle algo de picar, algo de beber e Segue lendo]

Continua leyendo »

Chuzame! chuzame -

“A revolución dos Gnomos: 10 anos despois”

Cúmprense hoxe 10 anos dende o comezo do desenvolvemento dun dos escritorios de maior éxito na plataforma Linux: GNOME.

Tal día coma hoxe o mexicano Miguel de Icaza, daquela estudante na facultade de ciencias de UNAM, publicaba: "Queremos desenvolver un escritorio libre e completamente preparado para ser fácil de usar e mais ferramentas do escritorio, similares a CDE e KDE mais enteiramente basadas en software libre". [1]

Miguel de Icaza

Co anuncio da creación do proxecto GNOME daba resposta a un exitoso proxecto nado en Alemania chamado KDE e basado en tecnoloxía Qt [2, 3]. As suspicacias que levantaban que Qt naquel momento non fora software libre senón producido pola nórdica 'Troll Tech' levaba a Icaza a proclamar que o escritorio KDE violaba a licenza GPL e que era necesario contratacar creando un escritorio basado extrictamente en tecnoloxía libre e desenvolto sobre (o horrendo) GTK+[4]. Esta falacia foi apoiada pola 'GNU Project and Software Foundation' e da man desta iniciarion unha guerra fría entre o novo proxecto e KDE.

Escritorio Gnome na actualidade

O novo escritorio naceu coa pretensión de facerse fácil de usar mais rematou chegando a unha aproximación filosófica perversa que reza que para que un programa sexa fácil de usar, e en xeral GNOME, debe de ofrecer o mínimo de posibilidades con tal de que manteña a 'usabilidade' incluso se é necesario privándoo das posibilidades reais do sistema [5, 6]. KDE pola contra segue a aproximación contraria de ofrecer ó usuario todo o poder do sistema graficamente. Estas dúas aproximación levaron a que repetidamente o fundador de Linux, Linux Torvalds, apoiase publicamente ó escritorio KDE e criticase fortisimamente a idea de que para que algo sexa 'usable' debe de ser simple dicindo que os usuario non deben de ser tratados coma 'estúpidos' [7]. Mesmo Linus para revelar o certo do que dicía creou un parche para configurar os efectos de ventá que se aplican con cada tipo de clic e enviouno ó proxecto GNOME. Argumentou que non lle levara nin dúas horas. Ese parche, ata onde eu sei, nunca se incluíu en GNOME ó ir en contra do seu manifesto de implementacións visuais [8].

No ano 2000 Troll Tech lanzou a súa plataforma de desenvolvemento baixo a GPL quedando así as 'dúbidas' disipadas en torno á 'legalidade' e futuro do entorno mais os dous proxectos, conceptualmente diferentes, seguiron os seus respectivos camiños. Inda así o proxeto freedesktop.org serve de plataforma de entendemento e aproximación ós dous entornos. Hoxe por hoxe, Gnome constitúe o segundo escritorio máis usado [ler PD] e está a recibir un forte pulo grazas ó 'éxito' de Ubuntu e do apoio de grandes empresas do sector Linux. Non cabe dúbida de que o proxecto de Icaza foi realmente exitoso e é hoxe unha verdadeira revolución digna de mención e loa.

PD: a falta de estatísticas fiables a afirmación parte dos datos publicados (estadisticas de distros, enquisas, descargas totais, popularidades das web dos entornos...) e da propia percepción recollida destes .

Chuzame! chuzame -

Lenovo súmase: portátiles Thinkpad con Linux

O terceiro fabricante de PC do mundo, a China-Estadounidente Lenovo comezará a vender a súa gama alta de Portátiles, a Thinkpad, co Linux comercial de Novell (o SLED 10) preinstalado de fábrica. Segue así os pasos da primeira fabricante na industria, Dell que vende PC e portátiles coa arquifamosa distro Ubuntu Linux [>>]

Tamén Dell, e tras centos de peticións na súa web, extende a oferta de PC con Linux a Gran Bretaña, Alemania e Francia. Ata o momento só comezara a venda nos EEUU. Esperemos que pronto sexa tamén extensible esta oferta o noso país e poidamos comprar PC sen pagarlle M$ e sabendo que o hardware non ben capado.

Chuzame! chuzame -

Google Phone será Linux!

Si, confirmado: Google lanzará ó mercado un móbil producido por eles e usará  Linux [>>A nova].  (Abaixo, O Google Phone segundo algún blogueiro aventurado).

 google-chamada.JPG
Farao da man de T-mobile e probablemente de Orange (quen probablemente o comercialice no noso país). Pretende así que Gmail, Gtalk, Google Maps e outros dos seus servizos estean accesibles dende calquera lugar grazas á tecnoloxía móbil.

Chuzame! chuzame -