“A revolución dos Gnomos: 10 anos despois”

Cúmprense hoxe 10 anos dende o comezo do desenvolvemento dun dos escritorios de maior éxito na plataforma Linux: GNOME.

Tal día coma hoxe o mexicano Miguel de Icaza, daquela estudante na facultade de ciencias de UNAM, publicaba: "Queremos desenvolver un escritorio libre e completamente preparado para ser fácil de usar e mais ferramentas do escritorio, similares a CDE e KDE mais enteiramente basadas en software libre". [1]

Miguel de Icaza

Co anuncio da creación do proxecto GNOME daba resposta a un exitoso proxecto nado en Alemania chamado KDE e basado en tecnoloxía Qt [2, 3]. As suspicacias que levantaban que Qt naquel momento non fora software libre senón producido pola nórdica 'Troll Tech' levaba a Icaza a proclamar que o escritorio KDE violaba a licenza GPL e que era necesario contratacar creando un escritorio basado extrictamente en tecnoloxía libre e desenvolto sobre (o horrendo) GTK+[4]. Esta falacia foi apoiada pola 'GNU Project and Software Foundation' e da man desta iniciarion unha guerra fría entre o novo proxecto e KDE.

Escritorio Gnome na actualidade

O novo escritorio naceu coa pretensión de facerse fácil de usar mais rematou chegando a unha aproximación filosófica perversa que reza que para que un programa sexa fácil de usar, e en xeral GNOME, debe de ofrecer o mínimo de posibilidades con tal de que manteña a 'usabilidade' incluso se é necesario privándoo das posibilidades reais do sistema [5, 6]. KDE pola contra segue a aproximación contraria de ofrecer ó usuario todo o poder do sistema graficamente. Estas dúas aproximación levaron a que repetidamente o fundador de Linux, Linux Torvalds, apoiase publicamente ó escritorio KDE e criticase fortisimamente a idea de que para que algo sexa 'usable' debe de ser simple dicindo que os usuario non deben de ser tratados coma 'estúpidos' [7]. Mesmo Linus para revelar o certo do que dicía creou un parche para configurar os efectos de ventá que se aplican con cada tipo de clic e enviouno ó proxecto GNOME. Argumentou que non lle levara nin dúas horas. Ese parche, ata onde eu sei, nunca se incluíu en GNOME ó ir en contra do seu manifesto de implementacións visuais [8].

No ano 2000 Troll Tech lanzou a súa plataforma de desenvolvemento baixo a GPL quedando así as 'dúbidas' disipadas en torno á 'legalidade' e futuro do entorno mais os dous proxectos, conceptualmente diferentes, seguiron os seus respectivos camiños. Inda así o proxeto freedesktop.org serve de plataforma de entendemento e aproximación ós dous entornos. Hoxe por hoxe, Gnome constitúe o segundo escritorio máis usado [ler PD] e está a recibir un forte pulo grazas ó 'éxito' de Ubuntu e do apoio de grandes empresas do sector Linux. Non cabe dúbida de que o proxecto de Icaza foi realmente exitoso e é hoxe unha verdadeira revolución digna de mención e loa.

PD: a falta de estatísticas fiables a afirmación parte dos datos publicados (estadisticas de distros, enquisas, descargas totais, popularidades das web dos entornos...) e da propia percepción recollida destes .

Chuzame! chúzame -

3 Comentarios hasta el momento »

  1. bibaheu dijo

    17 de agosto del 2007 a las 9:38 am

    Mira que é feiño (tanto o tipiño como o escritorio) hehehe

  2. meluco dijo

    25 de agosto del 2007 a las 5:36 pm

    Vese un pouquin partidista redacción, ¿non?. Nen KDE é a panacea nen Gnome é tan “perverso”.

    Creo que poder elixir é estupendo, e non todo o mundo ten as mesmas necesidades nen se sinte agusto no mesmo entorno.

  3. Miguel dijo

    25 de agosto del 2007 a las 8:08 pm

    Frase do post: >. Tamén son da opinión de que a dispoñer de dous escritorios principais é algo bo. Pero as cousas no seu sitio: a historia está aí.

    Mais este é un blog de opinión persoal. En calquera caso as miñas afirmacións básanse en datos reais e poño as referencias para que poidades formar a vosa opinión. Agradezo de corazón que deixedes comentarios porque así quedan reflictidas posturas distintas a miña.

Comentarios RSS · TrackBack URI

Dejanos tu Comentario

Nombre: (Requerido)

E-Mail: (Requerido)

Sitio WEB:

Comentario: