Unha década de fermosa e-liberdade!
Co nacemento de Linux naceu toda unha nova filosofÃa, dende o comezo ben vencellada á actividade da GNU Software Foundation. Aquà a historia complÃcase e mesmo haberá, como con calquera relato histórico, quen disinta. Co lanzamento de Linux no 1992 pódese dicir que nace a era da liberdade dixital. A rede xa era de todos e mesmo servia para sementar, desenvolver e parir proxectos altruÃstas. Ó cabo isto non foi máis que o outro paso na creación do espello da sociedade real na rede.
Mais o propio desenvolvemento da tecnoloxÃa informática comezaba os seus pasos na dirección de facilita-la interacción dun xeito visual, interactivo. Fixo falta case todo o século para empezar a desenvolver as GUI ó nivel de hoxe e só o remate do século XX naceron os escritorios libres que serviron para darlle cara ó proxecto Linux.
Con este post rindo homenaxe ó nacemento de KDE no ano 1996 pois xa se cumpre, ó atravesar tamén Gnome a barreira dos dez, máis dunha década de escritorios libres.
[AVANCE: Verás o primeiro 'ordenador', o primeiro rato, o primeiro Apple e o primeiro Windows, tamén o primeiro KDE e o próximo e o primeiro GNOME >> Colle algo de picar, algo de beber e Segue lendo]
Mais, coma Carroll dixo, empecemos polo principio. A idea dun enxeño interactivo foi alumbrado na mente do enxeñeiro ianqui Vannevar Bush. Ese enxeño. 'Memex', serÃa coma un escritorio con dous paneis táctiles, cun teclado e un escaner. Memex permitirÃa navegar todo o coñecemento humano empregando 'enlaces'. Mágoa que inda os ordenadores dixitais non foran inventados no ano 1930, cando Vannevar ideou Memex.
Mais no 1937 varios grupos de todo o mundo comezaron a construÃr 'computadoras dixitais'. O motivo esencial para o desenvolvemento de tal enxeño foi, porén, a Segunda Guerra Mundial, e o fin a 'necesidade' de calculadoras programables para os lanzamentos de artilleria. Algo menos utópico e máis terreal que a idea de Vannevar. Só no '45 cando Vannevar Bush publica un artÃculo recompilatorio das súas ideas 'As We May Think' ('Como PoderÃamos Pensar') alguén se decide por fin a intentar construÃr tal enxeño: Douglas Engelbart. Tras anos de estudo, no 1968, cando inda só existÃan grandes máquinas computadoras, Douglas expón perante a elite da 'informática' un enxeño composto dun televisor e un teclado (abaixo). Douglas convértese no pai da GUI (Interface Gráfica do Usuario). En esencia todo o presentado na exposición era daquela absolutamente novidoso: nacÃan asà as 'microcomputadoras' ós ollos do mundo.

Pouco máis tarde Doulgas Engelbart inventarÃa o 'rato' e, claro, o punteiro do rato que vemos na pantalla.

Curiosa ironÃa que fora a empresa de fotocopias Xerox PARC quen 'ideara' e perseguira a idea dun mundo sen papeis e desenvolvese a primeira impresora laser e, feita para ela, o primeiro ordenador moderno, o PARC Alto. É o ano 1973. O que se vÃa nas pantallas, de curiosas dimensións tamaño papel, era isto:

No ano 1974 nace a primeira GUI moderma, a de Smaltalk . Por primeira vez aparecen as ventás, móbiles, as iconas e o concepto de escritorio. Eran asÃ:

Eran de facto aqueles ordenadores os primeiros 'sobremesa', con correo, procesadores de texto... ImaxÃnense o radical do concepto que o sistema de ventás solapadas foi eliminado en posteriores versións por ser confuso!.
Mais, dous tipos con ganas de arriscar, Steve Jobs e Steve Wozniak, montaron no 1976 unha empresa no seu garaxe e comezaron a desenvolver o revolucionario Apple Lisa, con iconas indicando programas e documentos, atallos de texto e unha 'papeleira'. Fixérono logo dunha visita pagada para ve-lo desenvolvemento de PARC. Tamén lles debemos ós Steve os ratos con dous botóns e o dobre clic e o de 'arrastar e soltar'. Velaquà Apple Lisa do ano 1983, que custaba a fortuna de 10000$:

Evidentemente no 1984 fÃxose necesario abaratar Lisa para vendela por 2500$; iso si, a costa de calidade. A eses tÃos do garage non lles foi nada mal, hoxe a súa empresa, Apple, é todo un imperio.
Quen dirÃa que no 1983 fose unha empresa intermediaria de Apple, que probaba as betas de Lisa e que se viu profundamente influenciada por esta, decidira recuperar a idea das ventás solapantes e se dera o nome 'Windows' para finalmente acabar sobrepar a Apple. Abaixo o Windows 1.01 do ano 1985:

Lonxe da calidade de Lisa, e pensado para competir con outros produtos da época e non con Apple, como digo, quen finalmente habÃa chegar a fundar 'o Imperio' que hoxe coñecemos foi esta compañia dirixida polo rateño Bill Gates (a.k.a. Xan Portas). Non serÃa ata a decada dos 90's e só tras Windows 3.0 cando o xermolo desta empresa comezara a medrar.
No se pode esquecer aquà a Amiga, que introduciu de novo conceptos que hoxe en dÃa manexamos coma a barra de escritorios ( e isto soaralle máis ben ós do lado Linux
).

Mais a historia dos escritorios libres inda estaba por comezar. Ó final dos '80 escritorios privativos coma OS/2 e antes DOS ('carente' de GUI) fixéranse populares, asà coma a mentada Amiga. Todos estes proxectos era innovadores (uns máis ca outros) e aproveitábanse dunha tecnoloxÃa moi recente. Financiábanse e mantÃñanse a través das ventas e chegaban a un público moi limitado, unha parte do mundo empresarial. Daquela a internet inda estaba en cueiros pero axiña habÃa parir grandes proxectos.
A finais dos anos '80 nace da man de HP, Sun, DEC E AT&T un sistema de ventás chamado X. ServÃa ós produtos Unix (un OS) destas compañÃas e aportaba só o fundamento de traballo para tarefas básicas. O resto quedaba para outra 'capa' de tecnoloxÃa que veu a ser chamado 'xestor de ventás' e inda por riba deste o 'entorno de escritorio'. Esta base de traballo permitÃa que o potencial de Unix non se 'agochara', algo que facian outros OS privativos coma Windows ou Apple. NacÃa asà outra forma de traballar en esencia diferente.
Linux e BSD, nados ós comezos dos '90, entre outros sistemas de deseño similar a Unix, aproveitáronse deste sistema X e construÃron os entornos de escritorio sobre este. Naquel momento carececÃan dunha boa solución que lles dera unha cara e... necesitabana. Este proxectos son finalmente KDE e GNOME: os primeiros escritorios libres. NacÃan coa idea de lle dar a Linux o que lle faltaba.
O primeiro en aparecer foi KDE. O alemán Matthias Ettrich publicaba o 14 de Outubro do 1996 nunha lista de correo o seguinte: " A popularidade de Unix medra grazas ás súas variantes libres, principalmente Linux. Pero inda falta un entorno de escritorio consistente, agradable e libre"... "A idea é crear unha GUI para o usuario final, alguén que quere navegar por internet con Linux, escribir algunhas cartas e xogar a algúns xogos.". E asà foi; con esta chamada naceu KDE. Matthias buscaba desenvolvedores que o axudaran nun proxecto libre nunca antes proposto e tivo unha gran acollida. No ano 1998, só dous anos despois, sae KDE 1.0, todo un fito.
Mais o proxecto resultou ser controvertido para algúns. KDE decidiu comezar a traballar empregando o entorno de desenvolvemento Qt, producido pola Noruega TrollTech. Este entorno saÃa cunha licenza Qt que obrigaba a libera-los programas producidos con Qt baixo a GPL (é dicir, gratis e libres de compartir e modificar) mais no caso de non se querer liberar os desenvolvedores do programa estaban obrigados a pagar unha licencia a TrollTech. Para algúns purista da GNU software Foundation isto supoñÃa un problema xa que, argumentaban, non sendo a Qt un entorno baixo licenza GPL non era propio para desenvolver software libre. Esta postura intransixente non era máis ca unha falacia pois neses termos a Licenza Qt era máis restritiva cos desenvolvedores que non quixeran liberar software coma libre. A propia licenza GPL si permite que produtos GPL sirvan de base para produtos non GPL, privativos (caso do Safari de Apple). Argumentaban mesmo que non sendo GPL Qt o futuro de KDE era inseguro e corrÃa rico de quedar secuestrado.
O argumento de KDE para empregar Qt era un moi simple: "Qt é o mellor entorno de programación existente" e "o noso cometido é lanzar un escritorio libre e non producir un entorno de programación 'libre' para despois lanzar un escritorio libre".
A negativa de KDE a se pasar a outro entorno de programación levou a un cisma na comunidade aberta. Por unha banda houbo un proxecto para emular Qt de forma libre, Harmony, e por outra, un ano despois do nacemento de KDE, nacÃa GNOME. Foi cando o mexicano Miguel de Icaza decidiu crear un proxecto, menos ambicioso, a semellanza de KDE mais baseado en GTK+, outro entorno de programación que nacera para desenvolver o programa de tratamento de imaxes GIMP. Afirmaba que asà nacerÃa un verdadeiro escritorio libre.
No ano 2000, presionada por parte da comunidade KDE e outros usuarios de Linux, TrollTech decide liberar completamente o Qt baixo a GPL disipando asà as dúbidas e derrubando as falacias. Mais chegados ese punto os dous proxectos estaban tan distanciados filosóficamente que non habÃa marcha atrás. Nese ano GNOME chega a súa versión 1.0 e KDE co remate do ano á 2.0. Só quedaba a colaboración mutua e con esa idea nace freedesktop.org da man de Hvoc Pennintong. A idea desta plataforma é facer as diferenzas de desenvolvemento entre KDE e Gnome non visibles ó usuario.

KDE 1.0, ano 1997

Gnome 1.0, ano 1999.
Hoxe por hoxe as dúas plataforma viven separadas por un abismo filosófico. Nametras KDE céntrase en non agochar visualmente o potencial de Linux ó usuario final, Gnome decide que o usuario debe de carecer de elementos que o distraian das funcións básicas para que o software está deseñado. Ademais, ambos escritorios viven a un ritmo dispar. KDE decide que ha de lanzar unha nova versión cando o planeado para tal versión este listo namentres que Gnome marca ciclos periódicos e só inclúe no lanzamento aquelas melloras que poidan dar chegado para esa data. A periodicidade de Gnome nos seus lanzamentos resulta atractiva para as empresas do negocio Linux e unha boa cantidade delas deciden en favor do proxecto panamericano por isto mais na comunidade Gnome tralo ansiado KDE4 comezan a propoñer plans a longo prazo. Hai quen afirma dentro de Gnome que o sistema de melloras progresivas (ciclos de lanzamento periódicos) acabará matando a Gnome pois restrinxe a innovación.
A filosofÃa en KDE é radicalizar o que se pode ofrecer, traballar sobre el e lanzalo cando sexa estable. Asà o desnvolvemento da seguinte versión de KDE, o KDE4, convertirase nun verdadero fito na historia do software libre pois foi proposta dende o principio coma unha revolución do feito até o momento. Esta versión, prevista para Outubro deste ano suporá un cambio radical no concepto de KDE; non só visual senón na enxeñerÃa do escritorio. Mudará o concepto de escritorio para pasar de ser algo estático a ser algo activo, cambiará o concepto de iconas e de contacto. Por exemplo, poderemos arrastrar da nosa libreta de contactos persoas ó escritorio creando asà unha icona. Dende a icona poderemos iniciar unha conversa de messenger, empezar un correo con ese destinatario ou engadilo á lista do Kopete (IM) directamente e agregalo.
Ademais, tendo a nova versión da plataforma Qt soporte para Windows e MacOX, KDE4 pasará a estar dispoñible para eses OS. KDE será un escritorio ubÃcuo! e isto é novo no mundo do software libre.
Mockup (bastante fiable) do futuro KDE
Namentres, para o Gnome 3.0 na web oficial podemos ler " Non hai plans para Gnome 3.0 neste momento. A comunidade Gnome cree que as melloras regulares, fiables e sucesivas son máis importantes para os nosos usuarios que as grandes remodelacións e que asà se poden ofrecer máis comodamente grandes avances - cando estean listos - no noso ciclo regular de lanzamentos cada seis meses".
Amais dos dous grandes proxectos xurdiron proxectos coma Xfce, Fluxbox, Enlightment ou Mezzo que cumpren misivas diferentes ou son directamente fonte de experimentación e innovación.
Sexa cal sexa a postura que adopten os grandes escritorios ou calquera que sexan as novas propostas doutros escritorios o certo é que nunha década de escritorios libres o software libre conseguiu non só competir co software privativo senón ir máis aló e ser fonte de innovación e mellora. O seu estado de saúde é excelente e o futuro de Linux da man deles parece inmellorable.
BibliografÃa:
http://arstechnica.com/articles/paedia/gui.ars/1
http://www.kde.org/history/
http://en.wikipedia.org/wiki/Kde
http://events.kde.org/info/kastle/presentations/kastle-history/index.html
http://en.wikipedia.org/wiki/GNOME
http://en.wikipedia.org/wiki/Freedesktop.org
http://en.wikipedia.org/wiki/KDE_4
http://live.gnome.org/ThreePointZero
http://primates.ximian.com/~miguel/gnome-history.html
http://gnome.jardigrec.eu/en/about/history
http://mirrors.mybsd.org.my/kde/history/
http://commit-digest.org/
chúzame - 




























bibaheu dijo
18 de agosto del 2007 a las 9:07 pm
Nada nada… non hai nada coma KDE xD