Francia máis libre, máis Linux
O Ministerio de Educación Francés decide migrar 3000 servidores a Linux [nova].
Con isto fai fincapé na estratexia tecnolóxica do paÃs, que cada dÃa máis é a da meirande parte dos estados. Estes servidores serven ós centros educativos do paÃs e ata o de agora eran levados con software privado.
O Ministro de Educación di que tales empresas privadas servian ben ós intereses requeridos pero que a medida responde 'ós altos custos das licencias de software, o hardware, o soporte e do desenvolvemento de aplicacións avanzadas'. Red Hat é a empresa afortunada en facer que Francia dependa menos de empresas privadas no eido tecnolóxico.
Recordar que a Asamblea Francesa [wk] xa emprega Linux [nova] e que en Alemania se vai producir unha migración incluso de maior embergadura a que plane a Francia [nova]. Para cando España?.
chúzame - 



























404 dijo
26 de setembro del 2007 a las 7:18 pm
É posible que en parte se deba a delicada situación financieira que atravesa o paÃs galo.
http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2007/09/25/0003_6171297.htm
404 dijo
27 de setembro del 2007 a las 1:18 am
Por certo, bótase de menos un comentario sobre o novo proxecto de Asus, o “Eee PC”, un modelo de baixo coste e con SO linux.
Aquà deixo un par de links:
Primeiras especificacións
http://www.hothardware.com/Articles/Hands_on_with_the_ASUS_Eee/
Producto final
http://www.theinquirer.es/2007/09/24/asus_eee_en_octubre_desde_199_a_399_dolares.html
Xa existen incluso tendas online que o venden
http://www.allasus.com/CATALOG/advanced_search_result.php?keywords=eee
Asà por encima, as caracteristicas do Eee PC 701 (o modelo que eu considero máis atractivo) son as seguintes:
Procesador: 900Mhz
Ram: 512Mb DDR2
Capacidade: 4GB en formato flash (rápido e baixo consumo)
Pantalla: 7″ (versión máis cara de 10″).
Wifi, Ethernet, bateria 3horas duración, webcam.
Prezo: 299$ (o cambio actual uns 220€).
En resumo, unha máquina excelente para ter de segundo ordenador ou adentrarse por primeira vez neste mundo, que permite traballar con textos, pdfs, conectarse á rede… por un prezo moi asequible.
Saúdos.