Arquivos no mes de outubro del 2007

Miguel de Icaza, Traidor!

Teño que recoñecer que nunca fun fan de Gnome. Nin da súa filosofía nin dos seus méritos. Creo que xa expresei aquí o que pensaba ó respecto. Mais penso que non me engano desta volta. De feito tardei en escribir este artículo, algo debido á mistura da necesidade de calmar a miña ira e das falta de ganas de escribir ó respecto. Hei falar do fundador de Gnome, Miguel de Icaza, esa venerable vaca sagrada, paladín do comportamento en software libre e admirable GNU-sofista.

Empezo polo resumo: o fundador do proxecto Gnome é un traidor. Miguel de Icaza é un traidor. Logo de ler esta [entrevista] non teño dubidas e heino dicir tan alto coma poida. Traidor!.

Nótese onde se fai a entrevista; en 'Redmon Developers News' e a conto de que lla fan, do seu malparido proxecto Moonlight.

Quedénse!: -Miguel de Icaza- " Dende o punto de vista da comunidade do código aberto...nós, coma calquera proxecto de software, somos conscientes de que as patentes son un problema. Non nos gustan. Pensamos que son perniciosas para a industria, mais sabemos que temos que acatar ese sistema"... "A realidade é que estamos a vivir nun mundo onde algunha xente quererá aplicar esas patentes. Non imos ir en contra de ninguén e dicir 'Non imos eliminar iso' (en referencia ó código que puidera infrinxir patentes). É preferible non ir a xuízos. De feito isto non só se limita ó código aberto -- tódalas compañías están baixo estes parámetros." .

"Acatar". Ben. Acaten logo as patentes e queden co cu sentado no sofá. Non faga nada e deixe que o sistema vaia como vai. Acate tamén que hai 46 mill. de enfermos de SIDA no mundo, que se fabrican e usas bombas de racimo, que o racismo é unha arma mortifera en moitos paises, que noutros tantos se aplica a ablación e acaten tamén que siga habendo escravos. Acaten todo iso e non fagan nada.

Grazas que as patentes en Software na Unión Europea non son legais. Esperemos algún día sexa igual para o resto do planeta e así mesmo para as patentes no sistema farmacéutico. Pero, mentres que isto non sexa así, móvase e dende o seu relevante status, Icaza, posicionese claramente en contra delas. Evíteas, recurras legalmente. Iso é o que espero eu dun advocado do código aberto e dun "GNU-sofista" coma vostede é.

Na entrevista hai máis xoiñas, pero ata me aburre comentalas. Van dende que Google apoia tanto ó código aberto coma Microsoft ata que lle fai ilusión que Microsoft o invite ás súas reunións.

Non son menos despreciables as súa palabras sobre da gran polémica en tormo a ODF contra OOXML. A ISO, a Organización Internacional para a Estandarización, ten aprovado o ODF coma formato estándar [>] de documentos electrónicos mais Microsoft quere que o seu formato sacado da manga, o OOXML, o sexa tamén, nun intento de deprecar o ODF e conbatilo coa súa propia arma [Máis info]. De momento o perdedor é o OOXML que non conseguiu a ratificación por vía rápida inda que queda pendente unha votación ó respecto en Febreiro na ISO.

Pois ben, Miguel de Icaza dixit - "O OOXML é un estandar soberbio e os seus competidores lanzaron tanta FUD [*medos, incertidumes e dúbidas] que a xente seria pensa que hai algo que non está ben no formato. E resulta que neste momento o OOXML como especificación está moito máis avanzado ca calquera outro no seu terreo"-

Si, o OOXML permiteche traballar con Office 2007, coas versións anteriores de Office, eh..., cos produtos de Microsoft... um, ah!, en xeral, con todo o que vaia ben con Microsoft. Tocaio! como se vai a poder aprovar un estandar cando xa hai outro para a mesma función, cando as especificacións son cripticas, e cando só o propón unha entidade, neste caso unha empresa?. Mañá mesmo vou ir a propoñer na ISO un novo estandar. . Si. Vai ser o "carracho", una nova medidad de lonxitude para sustituír ó metro, que non me gusta (por ser francés) e a unidade de referencia non lla vou ensinar a ninguén: heina ter ghardada na horta. As especficación vai ser - lonxitude aproximada dun carracho, unidade real gardada na miña casa, visita previo pago. Máis información na miña web, acesso previo pago- Vamos ho!.

Pensemos por un momento que todo isto foi un lapsus mental deste mexicano. Haberá algo na súa traxectoria que sexa digno de mención?. Pois si. Iniciou Gnome, Mono e agora Moonlight. Os últimos dous pra traer a merda de Microsoft  a Linux.  Mono ten a única intención de proveer dun entorno que sustituia ó Microsoft .NET. Moonlight nace dende Mono co intención de traer o proxecto/produto Silverlight de Microsoft a Linux. Todos proxectos adorables e venerables. Permitir que o xogo de abuso de posición de Microsoft chegue a Linux. Creo que xa repetín varias veces o nome 'Microsoft, non?. Ata puidera parecer que este home traballa para a asusodita empresa. Traidor!.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google