Linux máis inmune ós virus, porqué?
Dende a prehistoria da internet debátese acaloradamente se Windows é máis seguro ca Linux no que a virus se refire ou se é o contrario. Salvo que lle preguntes a un informático ben pagado (e que soen vestir de traxe e corbarta) tódolos "entendidos" lle dirán que é ó contrario. En IToolBox fan un bo resumo do porqué asà que e eu hoxe fágome eco do que nos contan [nova]. Velaà vaÃ:
Premisa 1. A seguridade dun sistema operativo (Windows, Mac, Linux, FreeBSD...) depende de como este esté configurado e non da posibilidade de que este se poida infectar ou non. é maÃs, a cuestión é como o sistema reacciona ante unha infección vÃrica.
Premisa 2. Linux foi dende o comezo pensado coma un sistema multiusuario e Windows non. WIndows inda hoxe herda ainda comportamentos propios deses inicios monousuario e pouco apropiados para o actual mundo de internet.
Razón 1. Consecuencia da premisa 2, nun sistema Windows a interación do usuario co espazo do sistema (que goberna o funcionamento do sistema operativo) é moi ampla e calquera virus que teña acceso a el pode chegar controla-lo sistema dun xeito sinxelo. Unha infección en Linux non. Neste a interacción do usuario co espazo do sistema está reducida e controlada asà que calquera infección dun virus redúcese ó usuario que estaba a traballar no sisema no momento da infección e só lle afectará ós seus ficheiros e configuracións da súa conta de usuario.
Razón 2. Eliminar un virus en Linux é tan sinxelo coma eliminar os arquivos ocultos do usuario infectado. Esto restaura os valores de configuración por defecto do escritorio. En Windows a infección pódese extender por todo o sistema e a desinfección complÃcase xa que habitualmente hai que desisnfectar ficheiros vitais para o funcionamento do sistema.
Razón 3. Calquera conta de usuario en Windows ten permiso para instalar e modifica-lo sistema; o cal implica que as infección en contas de usuario "alleas" se propaguen a outras e ó núcleo do sistema mesmo. En Linux, pola contra, é necesario ser o administrador para instalar e modificar o sistema. Esto evita que se instalen virus e se propaguen (e é en parte a explicación para a Razón 2).
Razón 4. Linux non só actualiza en liña o núcleo do sistema operativo senón que actualiza todos os programas intalados. En Windows isto non é asÃ. Como un programa non actualizado pode conter fallos de seguridade que permitan a entrada de virus, un sistema Linux actualizado periodicamente é garante dun sistema o máis seguro posible.

Conclusión. Un sistema Windows é por defecto inseguro namentres que un sistema Linux calquera actualizado e empregado correctamente (usando a conta de administrador só para administrar o sistema) é un sistema virtualmente inmune.
chúzame - 


























