Prepárate para o novo ano, prepárate para KDE4!!

Despois de 2 anos de deseño desenvolvemento, en só 6 días,

só 6 días!!

Sairá KDE4.0!!.

Cando saía KDE4.0 o 11 de Xaneiro (e xa avanzo que xa está listo e o que fará ata o 11 é prepara-los paquetes para descarga) comezará unha nova era en KDE chea de nova tecnoloxía destinadas a roza-la gloria!

Nótaseme entusiasmado, excitadado, xa o sei. É que xa provei KDE 4.0!!, xa o teño instalado.

Pra vos, só un aperitivo:
Ano novo, cara nova

kde4_744444_desktop.jpg

(Aparentemente o cambios son mínimos, máis non!)

Explorando, navegando

7b4089c72964c2d580b62df911eb3681.jpg

O novo explorador: pequeno pero matón! e Konqueror, mellorado para a navegación web (NB. inclúe tamén o motor de Safari para a navegación web!)

5c79f5c42b15c424d8e68fefa05dd72e.jpg
O rei da multimedia

9388a003e8f3713f5cd82bf44c1ab6a0.jpg

Amarok 2.0!. O que pode facer este programa non colle nun post dun blog!.
Poderoso plasmoide

Coñecede-los Widgets de Mac?. Ben pois esto supérao: son os plamoides: habitan no escritorio, son ampliables a calquera tamaño (ou volteados) e fan todo o que un queira. dende mostrar un reloxo, unha calculadora, unha tira de comic online ou conta-los días que quedan para que KDE 4.0 saia oficialmente!.

ebdb173c3b8589ab302f0c04b0ae6bc5.jpg
Vicio, vicio, vicio

Dende  sudokus en 3D ata bechos de compaña no teu escritorio! En KDE todo é vicio!.

KDE4 en Galego!

E tanto vicio estará en Galego grazas ó gran equipo de tradución do KDE ó galego, e no que teño a honra de me incluir.

E para comeza-la festa de celebración, un pouco de metal finés (coma o mesmo Linus):

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

1 comentario até agora »

  1. bibaheu dixo

    6 de xaneiro del 2008 a las 2:03 am

    Gracias a KDE 4.0, descubrín que hai tiras de Garfield! xD
    Aparte diso, hai que ter en conta que nesta primeira versión da serie 4 de KDE vai estar un pelín escasa: falta kdepim, kdeedu, koffice, amarok, e unhas cuantas aplicacións máis. Espérase que para o final deste ano saia 4.1, que xa estará completo.

Comentarios RSS · TrackBack URI

Podes comentar

Nome: (requirido)

Correo: (requirido)

Sitio WEB:

Comentario: