Microsoft quere mercar Yahoo!: o imperio ataca cun caramelo envelenado
É a nova económica de hoxe. Microsoft lanza unha oferta formal a Yahoo! para adquirila.
Contanvolo aquÃ:
BBC 'Microsoft wants to purchase Yahoo!'
The Washington Post 'Microsoft Bids $44.6 Billion for Yahoo'
The New York Times 'Microsoft Bids $44.6 Billion for Yaho' e 'How Microsoft Could Go Hostile'
The Finacial Times 'Microsoft offers $44.6bn for Yahoo'
Forbes 'A Messy Marriage'
Microsoft pretende pagar ben, pagarÃa as acción de Yahoo! un 60% por riba do valor en bolsa das accións da compañÃa mais deixa ben claro que quere que a merca se leve a cabo. Para iso necesita o visto e prace do consello de contas de Yahoo! e por se non era tentadora dabondo a parte económica da oferta advirte de que lanzará unha opa hostÃl no caso de que o consello se negue a venda da compañÃa. O imperio Microsoft faino ademais xogando cos tempos e áandolle pouco marxa a Yahoo! para resolver a oferta.
A oferta de Microsoft non é casual pois Yahoo! atravesa horas moi baixas, mesmo anunciou na última semana que despedirÃa a 1000 traballadores para 'reorganizar' a empresa, e cunha taxa de mercado na procura por internet en declive. Asà que Microsoft, quen sempre fallou á hora do mercado web 2.0 (véxase o decrépito Live.com) e anuncios por internet (que é onde están os cartos); pretende coa adquisición gañar vantaxe fronte ó principal competidor mercado: Google.
A miña opinión: se Microsoft consegue a merca (e moi probablemente o faga pois tales ofertas non se fan en público se non está a cousa moi cociñada) poderÃa converterse nun 'imperio' tamén' na web, e non só nos S.O., o cal serÃa devastador para a competencia e calidade dos servizos que se nos ofertan.



























