Derrubando mitos I: ‘mp3 é o mellor formato de audio’
Este mito está tan enraigado na nosa sociedade que habitualmente nos referimos ós ficheiros de audio como 'mp3s' (e non un simple 'música') e por extensión a todo o becho que sexa capaz de reproducir audio. Supoño que case todos nós nacimos nesa xeración na que nos ensinaron unha serie de ecuacións tales coma {ordenador = Windows}, {editor de textos = Word}, {ver pelis = Windows Media} e claro {escoitar música en mp3 = Winamp} que fixeron diso a base da nosa educación informática actual. Coma mentres que as cousas funcionen non nos preocupamos de nada máis. Pero algunha vez vos preguntastes se esas ecuacións eran certas?. Algunha vez pensastes se o mp3 é o mellor formato de audio?. Pois non o é. De feito tódalas ecuacións anteriores son falsas.
Hoxe, e espero seguir con alomenos algún mito máis, explicarei cales son as vantaxes e desvantaxes do mp3 como formato de audio.
Un pouco de historia; O MPEG-1 Audio Layer, ou simplemente MP3, é un formato de codificación con perda por compresión. De facto foi o primeiro formato no que aplicou exitosamente este concepto que permitia que un audio quedara reducido a un tamaño manexable. Falamos de primeiros da década dos 90's. Foi codeseñado por varios enxeñeiros alemáns e norteamericanos e chegou a ser ratificado na ISO no 1991.Arredor do ano 95 xa era o estandar de facto.
Dádesvos de conta de que usamos unha tecnoloxÃa con case 20 anos?. Asà é que ten os seus fallos.
Primeiro por razóns técnicas. É un formato de compresión de audio con perda pero non é de alta fidelidade. Reduce a 128 kbit/s a un décimo o tamaño dun CD, o cal está moi ben, pero cunha perda significativa do espectro acústico orixinal. Precisamente, o 'óptimo' do formato son as compresións a eses 128 kbit/s, e inda que a meirande parte da xente percibirá ese son como 'translúcido', oÃdos agudos poden percibir diferenzas significativas no son ata que non se codifica a 192 kbit/s. Cando a codificación se fai a baixas taxas, e dependento do codec de codificación, soen aparecer artefactos, como sons que non estaban no audio orixinal. Un efecto curioso a taxas de compresión baixas é a aparición de artefactos con sons ben definidos pero aleatorios, coma aplausos (pensade aquà nun concerto en directo), nos que se soe orixinar pre-eco ou son agudo, coma o son dun teléfono.
É importante que o mp3, a súa definición técnica, non inclúen unha especificación para a codificación de mp3 e sen embargo a calidade dun audio en mp3 depende moi amplamente do codificador empregado.
Os novos formatos de comprensión de audio, e dos que falarei de seguido, non presentas estes fallos que o mp3 si contén:
- Xestión defectuosa dos tempos para determinados sons moi baixos ou moi altos
- Mala xestión dos pre-ecos
- Determinados efectos de enlazado (alising) teñen que ser xestionados de tal xeito que se reduce a eficiencia dos codificadores.
- Non hai empaste de escala para frecuencias por riba de 15.5/15.8 kHz
- Obsoleta xestión de 'Joint stereo'
- Non define a planificación global de codificación/descodificación
- outras
Mais hai motivos non só técnicos senón estratéxicos e mesmo éticos. Thomsom Consumer Electronicas reclama as licencias do MP3 en moitos paises, incluidos os da nosa benquerida EU. De feito, reclama os dereitos de patente vigorosa e extrictamente. Estas patentes engordaron o capital dos posuidores da patente en 100 millóns € no ano 2005, como exemplo.
'Ah!, pero os mp3 non eran gratis?'.
Pregunta contestada, NON. Opago é indirecto, indoloro. Pagamos, por exemplo, cando compramos un 'reprodutor mp3'. Pagamos cando compramos música codificada en formato mp3. Pagamos cando transformamos (codificamos) ou descodificamos música en mp3 mediante software ou hardware.
A estas alturas queda claro, supoño, que o mp3 é un formato obsoleto, válido pero deficiente nalgúns aspectos e que por riba non é gratis.
Asà que como eu non vexo razón para seguir conservando cousas ruinosas (excepto monumentos históricos, lol) que non serven correctamente para o que están pensados, cales son as alternativas?.
Pois poderiamos pensar en WMA. Este formato foi deseñado por Microsoft precisamenta para evitar o pago de licencias ós donos do mp3 e para competir cos formatos de Real Audio. Mais, e para ambos, en ningún caso probaron ser técnicamente mellor formato có mp3. Se a isto lle sumanos que son formatos propietarios, polos que se pagan licencias, o desexable é descarta-los. Ou mellor, Sen paliativos!.
Na mesma situación ca Microsoft se atopou Apple (e certos aliados da industria audiovisual) no seu momento asà coma a comunidade de software libre e ambos produciron e ambos desenvolveron dou formatos competidores do mp3. Ambos libres de patentes e estandarizados. A comunidade libre produciu o que se chama OGG, que inclúe unha serie de formatos de audio e video. Apple produciu o formato AAC. Ambos compiten técnicamente moi ben co mp3, salvan tódalas súas eivas e igualan ou melloran en diferentes aspectos ás capacidades destes.
Ogg é libre e un estándar abero producido pola función Xiph.org. Non contén patentes. Está deseñado para a transmisión e manipulación de ficheiros multimedia de alta calidade. É un formato ben máis recente co mp3, é do 2003, e ofrece mellor fidelidade de son no rango de frecuencias de 8kHz-48.0kHz. Xeralmente produce ficheiros de menor tamaño co mp3. O formato ogg conta ainda con pouca difusión inda que a meirante parte do software e xa uns cantos reprodutores son quen de ler o formato. Un exemplo destacado de reprodutores que len ogg son os iRiver.
A outra opción, o AAC, Audio Advanced Coding, é un formato producido polo instituto Fraunhofer (que curiosamente co-desenvolveu o mp3 e ten parte da patente) en colaboración con AT, Nokia, Sony e Dolby. É un formato aprovado pola ISO dentro das tecnoloias MPEG4. Ó contrario co OGG, este si conta con difusión pois é o formato estandar da Playstation 3, a Wii de Nintendo e moi especialmente, dos iPod!!. A iTunesStore, que agora é a primeira distribuidora de música en USA (por riba das casas de venta tradicionais coma Wal-Mart e Sony/BMG!!), é o maior distribuidor de música en .aac. Asà que aà fora hai, contando só co vendido por iTunes Store, 4.000 millóns de audios en .aac.
Virtudes técnicas?, vexamos. O algoritmo que emprega é máis eficiente do mp3; produce mellor calidade de son para ficheiros pequenos e require poucos recursos de hardware ó codificar e descodificar. Namentres que o mp3 soportaba dúas canles, estereo,o ACC admite son polifónicos de ata 48 canles!. Amais,admite frecuencis de entre 8 Hz a 96.0 KHz após das 16 a 48KHz dos mp3.
[NB.Para o uso e distribución de AAC non se requiren in licenzas nin pagos. Mais tódolos manufacturadores e desenvolvedores de codecs AAC teñen que pagar unha licenza. Asà que inda que aquà propoño o AAC coma unha alternativa ó mp3 non é sensu stricto un formato libre inda que o seu desenvolvemento se dou nunha organización estandizadora e mellora sensiblemente a sistuación fronte ós problemas legais que o mp3 plantexa]
Asà que vos dicides. Vós mirade que reprodutores de música tedes, como sodes de exixentes coa calidade da música e o o disco duro dispoñible. Eu son dono dun iPod e uso linux asà que cando podo uso AAC.
En breve, discutirei sobre de formatos de video, formatos de imaxe e formatos de compresión. Acéptanse suxerencias.
chuzame - 


























