Archivos en la categoría De leria

Microsoft quere mercar Yahoo!: o imperio ataca cun caramelo envelenado

É a nova económica de hoxe. Microsoft lanza unha oferta formal a Yahoo! para adquirila.

Contanvolo aquí:

BBC 'Microsoft wants to purchase Yahoo!'

The Washington Post  'Microsoft Bids $44.6 Billion for Yahoo'

The New York Times 'Microsoft Bids $44.6 Billion for Yaho' e 'How Microsoft Could Go Hostile'

The Finacial Times 'Microsoft offers $44.6bn for Yahoo'

Forbes 'A Messy Marriage'

Microsoft pretende pagar ben, pagaría as acción de Yahoo! un 60% por riba do valor en bolsa das accións da compañía mais deixa ben claro que quere que a merca se leve a cabo.  Para iso necesita o visto e prace do consello de contas de Yahoo! e por se non era tentadora dabondo a parte económica da oferta advirte de que lanzará unha opa hostíl no caso de que o consello se negue a venda da compañía. O imperio Microsoft  faino ademais xogando cos tempos e áandolle pouco marxa a Yahoo! para resolver a oferta.

A oferta de Microsoft non é casual pois Yahoo! atravesa horas moi baixas, mesmo anunciou na última semana que despediría a 1000 traballadores para 'reorganizar' a empresa, e cunha taxa de mercado na procura por internet en declive. Así que Microsoft, quen sempre fallou á hora do mercado web 2.0 (véxase o decrépito Live.com) e anuncios por internet (que é onde están os cartos); pretende coa adquisición gañar vantaxe fronte ó principal competidor mercado: Google.

A miña opinión: se Microsoft consegue a merca (e moi probablemente o faga pois tales ofertas non se fan en público se non está a cousa moi cociñada) podería converterse nun 'imperio' tamén' na web, e non só nos S.O., o cal sería devastador para a competencia e calidade dos servizos que se nos ofertan.

Chuzame! chuzame -

Guantanamo Guantanamero

<<Me odiaba mi primo
Por celos a mi carrera.
Lo arrestaron y dijo
Que terrorista yo era.

 

Guantanamero, soy preso guantanamero.
Guantanamero, soy preso guantanamero.

Ha decidido el imperio
Tenerme por siempre preso
Y la cuestión es hacerlo
Con o sin falso proceso...>>


Máis que pasmado me quedei o velo video este e descubrir que ese ghreñas do vídeo, o ilustre guru Linux Richard Stallman [Wk], inda lle dá a iso de cantar e sobre de todo é dos poucos americanos con collós pra dicir o que di. Vede [stallman.org].

PD. Inda que este venerable home merece o meu máis sentido aplauso logo propón o boycott ós libros de Harry Potter en prol, teoricamente, dos dereitos humanos. Um?. Que alghén mo explique.

Chuzame! chuzame -

Unha década de fermosa e-liberdade!

Co nacemento de Linux naceu toda unha nova filosofía, dende o comezo ben vencellada á actividade da GNU Software Foundation. Aquí a historia complícase e mesmo haberá, como con calquera relato histórico, quen disinta. Co lanzamento de Linux no 1992 pódese dicir que nace a era da liberdade dixital. A rede xa era de todos e mesmo servia para sementar, desenvolver e parir proxectos altruístas. Ó cabo isto non foi máis que o outro paso na creación do espello da sociedade real na rede.

Mais o propio desenvolvemento da tecnoloxía informática comezaba os seus pasos na dirección de facilita-la interacción dun xeito visual, interactivo. Fixo falta case todo o século para empezar a desenvolver as GUI ó nivel de hoxe e só o remate do século XX naceron os escritorios libres que serviron para darlle cara ó proxecto Linux.

Con este post rindo homenaxe ó nacemento de KDE no ano 1996 pois xa se cumpre, ó atravesar tamén Gnome a barreira dos dez, máis dunha década de escritorios libres.

[AVANCE: Verás o primeiro 'ordenador', o primeiro rato, o primeiro Apple e o primeiro Windows, tamén o primeiro KDE e o próximo e o primeiro GNOME >> Colle algo de picar, algo de beber e Segue lendo]

Continua leyendo »

Chuzame! chuzame -

“Calquera governo que antepón a guera á saúde de 9 millóns de nenos equivócase nas súas prioridades”

Navegando por aí atopeime cun anuncio que reza:

"Any government that puts war before the health of 9 million children has its priorities wrong"

traducido: "Calquera goberno que antepón a guerra á saúde de 9 millóns de nenos equivócase nas súas prioridades". Canta verdade!.

O máis sorprendente é que este é o lema dunha nena que se presenta ás presidenciais dos Estados Unidos de América!: Susie Flynn. Podedes comprobalo vos mesmos: [Susie Flynn for President].

Non é unha candidata á presidencia de Somalia, nin de RD Do Congo nin de Venezuela nin de ningún país sumido na miseria da pobreza senón dos opulentos USA. Na súa páxina explica:

  • 9 millóns de nenos nos USA carece de seguro médico (e polo tanto de protección sanitaria algunha)
  • a protección sanitaria da infancia é a máis barata de todas e o costo é proporcionalmente mínimo.
  • o gasto sanitario nosUSA é o dobre ca nos paises industrializados e sen embargo é dos países con máis mortandade infantíl destes (* será porque os pobres non son quen de pagar os seguros e ter acceso á sanidades e por que os ricos teñen aceso a recursos dispersos en clínicas privadas?)

Non sei se esta nena legalmente se pode presentar a Presidenta ou se é unha imaxe dunha campaña que loita por unha causa moralmente xusta que emprega unha técnica moralmente burda.

Mais, se ser capitalistas significa que nin a saúde da xente é cousa do estado daquela eu non son capitalista.

Chuzame! chuzame -

É posible prohíbir ideas?. Patentes e Copyright

O outro día mantiven unha acalorada discusión sobre dunha cuestión que en realidade levanta polémicas: o dos mal-chamados "dereitos intelectuais". Non é un tema fácil nin claro e dá que pensar.

A miña gran pregunta ó respecto é, poden as ideas prohibirse ou restrinxirse?. Segundo as leis de Copyright non, segundo as Patentes si.

A modo informativo (dende a WIkipedia):

Copyright, (c): "dereito de copia". É unha serie de derietos exclusivos que regulan o uso dunha expresión concreta dunha idea ou información. En moitos casos só é de aplicación por un tempo restrinxido. Isto pode incluir poemas, teses, esculturas, obras artisticas variadas... O copyright cobre só a forma ou maneira en que a información se expresou, a "forma material da expresión". Non está deseñada para cubrir ideas, conceptos, feitos, estilos ou técnicas que poida incluir o a obra que se somete a copyright. Por exemplo, O copyright que cubre a Mickey Mouse prohíbe a distribución de copias non autorizadas do debuxo ou traballos artisticos derivados del, sempre que se copie a gfigura antropomorfica concreta do orixinal. Mais isto non significa que se prohiba debuxar ratos de forma antropomorfica en xeral, sempre que sexan suficientemente distintos do orxinal (e imaxinense os Simpon sen Rasca e Pica). Nalguns paises permitese facer copias satíricas ou traballos interpretativos

Marca Rexistrada (Trademark, TM): marca ou simbolo distintivo de calquera clase que é empregado por unha persoa, organización, empresa... co fin de se identificar ou identificar ós seus produtos ante o público ou consumidores. O posuidor da marca rexistrada ten dereito de veto da marca.

Patente: dereitos que un estado concede durante un tempo limitado a un inventor dun produto susceptible de ser explotado comercialmente nos termos que quen o solicite o pida. Coa patente regulase e pechase ó público os detalles do funcionamento ou da composición, método ou proceso (ós cales se lles dá o nome de invento) cando se considera que este é novo, inventido, práctico ou industrialmente aplicable. Os efectos da patente son os de previr ou excluir a outros de facer, usar, vender ou ofrecer a invención patentada.

En Europa só as Marcas rexistradas e o Copyright son de aplicación e as Patentes non se contemplan no xeito que se di arriba senón cunha serie de excpcións (nin descubrimentos, nin teorias, nin métodos matemáticos, nin modos de presentación de información nin métodos ou estratexias de xogo ou negocio ademais de software) [>>]. Nos USA é posible patentar calquera invento nos termos que se di arriba.

Ora ben, porqué son necesarias as patentes cando hai dereitos de copyright?. O engadido está en ocultar unha información, un método ou mesmo unha idea (todas elementos inmaterias e sen "coste de produción") de ser empregado por outros. Dende o meu punto de vista isto ten unha serie de perniciosos efectos inmediatos:

1. Favorece o monopolio de grandes empresas:

Aquelas empresas con recuros pódense permitir ter unha orda de avogados patentando o imposible e evitando que outras empresas lle fagan sombra. Incluso poden chegar a vetar a aplicación dun método ou enxeño antes de que a empresa mesma sexa quen de o producir ou teña ultimado o trebello, se é que en realidade chega a facelo. Macintosh e Microsoft son coñecidos por realizar este tipo de tretas: patentan antes de ter nada elaborado.

2. Perda de competitividade:

Se é posible vetar a aplicación de métodos e técnicas só o que posúe a pode aplicalas e inhibe a outras empresas de empregalas mesmo con outros fins ben distintos e tamén de mellorar a propia técnica ou método. A nivel global, para a economia supón unha perda de competitividade pois non habendo competencia non hai mellora no invento patentado. Grazas que cando fleming descubriu a penicilina ou cando se descubriu que era posible realizar transfusións sanguíneas non existia iso das patentes!. Imaxínanse a empresas cobrando dereitos de patente por cada transfusión relizada?.

3. Perda do xuizo ético por parte dos patentantes:

É sangrante o caso das patentes na "industria sanitaria". Por desgraza pódese "posuir", a través do dereito de patente, un principio activo dun medicamento. Non sendo posible a competencia, pois non se permite a fabricación de xenéricos con ese principio activo, a empresa farmaceutica pode poñer o prezo que se lle antolle ó medicamento. É máis, mesmo a empresa pódese ver en problemas de distribución en caso de epidemia/pandemia ou mesmo negarse a distribuir por non lle saír rentable economicamente facelo. Isto está pasando, por exemplo, con antivíricos pro SIDA. Se eres Americano (non sendo que sexas pobre) ou Europeo probablemente poidas acceder a eles mais se eres Africano o normal é que teñas o mesmo destino co resto dos 30 millóns de persoas afectadas actualmente: a morte prematura e con dor extrema. (Na África Subsahariana a incidencia do SIDA chega até o 50%!! nalgúns casos). No caso de que te atopes nesa desgraciada situación agradeécello a determinada farmaceutica por non deixar usar o seu principio activo ou método, por bloquear futuros avances (pois deixaos só nas súas mans e só da empresa depende a mellora do principio activo ou técnica...) e por sobrevalorar o produto.

Pero non acaba aí. Pódense posuír xenes, ou eso se intenta. Un xen é unha información codificada no DNA, que tódolos seres vivos temos en tódalas nosas células, e que expresa unha proteína (esta é a versión reducida da historia). Esa proteína ter un papel no corpo: por exemplo pode valer para que poidamos alimentarnos con azucar (poidamos metabolizalo) ou formar parte do músculo etc. Como se pode permitir que alguén patente un xen??. Con que fin?. O fin é que os xenes poden ser cortados, empaquetados e empregados como medicamentos (e enténdase con tódalas salvedades do mundo!) ou mesmo ser obxecto dalgún tipo de terapia. Hai un interese comercial. Como se pode permitir que alguén sen saber a función dun xene, algo natural, que non se produce, que xa está aí!, o patentante prohiba que outra xente faga uso del!, só por que el dixo "eu vino primeiro"?. Neils Amstrong puido dicir - A lúa é miña, eu cheguei antes!.- só que se lle olvidaría que para que el chegara fixeron falta centos de anos de desenvolvento científico para podelle contruir a nave espacial na que chegou. De momento isto non pasa, pero potencialmente as patentes permitirian que os científicos de mala fe escolleran xenes a boleo coa esperanza de que lles poidan ser útiles para fabricar algún tipo de medicamento (e de paso forrarse).

Non creo que as patentes sirvan para mellorar a investigación científica, como algúns din en referencia á cuestión farmaceutíca. Mais ben interrompen o avance da ciencia por servir a intereses puramente comerciais e non científicos.

Se algún día se permiten as patentes (sensu stricto) en Europa eu escóllome patentar o de mollar os churros no chocolate (que é unha técnica), os xenes dos ollos azuis* (que debe de ser unha composición, lol), a mezcla de café en polvo e colacao que está moi boa (e tamén é unha composición novedosa) e mais o proceso de pechar a sandwichera á forza cando se lle meten megabocatas.

  • *xenes, en plural. Na coloración dos ollos participan polo loci, polo que o número de xenes que o determinan son múltiples. Ata nove xenes distintos parecen intervir no proceso. Pais de ollos verdes, por exemplo, poden dar fillos de ollos azuis. [+ info]
Chuzame! chuzame -

Windows Vista: ficción e realidade

É oficial: Windows Vista e Microsoft Office 2007 xa sairon á venta (de momento e ata Xaneiro só para empresas). Lévase falando destes lanzamento eternidade, case dende a saída de Windows XP; claro, daquela baixo o psuedonimo de LongHorn (o novo OS, digo). Agora que xa saiu a "Vista", logo de cinco anos de desenvolvementos, con tres anos de retraso e 7 mill. de dórales gastados; estase a falar dela e moito. Eu aquí hoxe hei de mostrarvos algúns dos comentarios máis relevantes que se fan onde máis importa; nos círculos da IT: nas revistas e webs sobre software e tecnoloxía. O panorama revelanos ás claras a ficción e realidade de Windows Vista:

microsoft-windows-vista-box.jpg

Silicon.com -"Windows Vista: por fín aquí"

Steve Ballmer (Xefazo de Windows) -"Este é o maior lanzamento na historia da nosa empresa"-

Steve Ballmer -"Só vos podo dicir unha cousa: que compredes Windows, Windows, Windows!"-

Steve Jobs (Xefazo de Apple) -"Que comezen a fotocopiar!" (en alusión a Microsoft durante o último lanzamento de Mac OSX)-

eWeek.com -"Mac OSX leva ofrecendo dende hai anos todas as novedade do Windows Vista"-

C|Net, News, "Segundo estudos de mercado, só unha infima parte das empresas están dispostas a actualizar Windows XP en favor de Windows Vista durante os vindeiros meses"-

eWeek.com -"Só para o deseño do logo de Vista houbo un equipo de 28 persoas"-

Silicon.com -"O teu hardware actual non traballará completamente en Vista ", "A interface Aero comerá a batería do teu portatil", "faltaranche drivers e terás software incompaltible"-

OSWeekly.com - (falando da memoria) "Vista será un pedichón" ,"creano ou non, as empresas de hardware coma Dell e os fabricantes de tarxetas gráficas están agora mesmo relamendo os fuciños"

OSWeekly.com -"É oficial, pódese usar Windows Vista sen a necesidade dun antivirus. Ben, por moi demencial que pareza isto é o que os comentarios do Co-Presidente de Microsoft John Alchim indican", " ... de feito Windows XP fora calificado (na súa hora) de "moi seguro" ( ... ) en relidade acabou por se converter nunha caixa explosiva"-

OSWeekly.com -"Pagar pola seguridade do sistema operativo!?, nin de bromas!"-

IT.Observer.com -"Windows Vista: un paso de bebe na Microsoft NAP (tecnoloxía de seguridade)"-

Silicon.com -"As compañías (de software) de seguridade inda están a traballar nos seus produtos", "Microsoft alabouse de lanzar un producto seguro mais inda así recoméndalle ós consumidores que compren produtos de seguridade (lease, antivirus) ".

eWeek.com -"Windows Vista será máis seguro pero máis complexo"

Silicon.com "As empresas europeas están dispostas a esperar a que se lanze o SP1 (de Vista) para actualiza-los seus sistemas (a Vista)".

eWeek.com -"Amazon revela os prezos de Vista", "O Windows Vista Basic terá un prezo de 199$".

OSWeekly.com -"creo que Vista será un obxectivo a gran escala (para os Hackers) unha vez que sexa lanzado"-


C|Net.com "(Vista) só poderá ser instalado unha segunda vez, logo haberá que compar de novo unha copia"

PCSTATS.com -" (W. Vista incluirá) unha nova serie de restriccións para protexe-la santidade do contido HD (Alta definición) e evitar que sexa copiado". "Vista evitará ser un sitema para libremente copiar contido xa que os programas que cfagan copia (por exemplo de DVDs) serán bloqueados"

Seth Schoen (da EEF) -"haberá unha longa cantidade de restriccións que recaen no consumidor e recortarán a súa libertade de decisión, por exemplo evitando que usen marcas de Hardware que a industria do espectaculo (filmográficas e produtoras musicais) non aproven"

Securityfocus.com [En referencia á EULA (contrato de licenza )de Vista] -"Baixo as condicións de Microsoft, un ivestigador (en seguridade computacional) non podería facer públicos os seus resultados"... "a censura é case sempre mala"... "non se poden usar tecnoloxías de vitualización"... "Microsoft só permite obter-la licencia dúas veces (falando de desastres tecnolóxicos)"

Ed Felten (Prinston University) - "A xente pagará máis polos seus PC e fará menos con eles grazas ó decreto de microxestion do deseño artístico de Hollywood"

Eric Raymond (peza clave do movemento do Código Aberto) -"Windows Vista non supón ningún perigo para Linux", "os complexo sistema de prezos de Vista e as características técnicas volveranse en contra de Microsoft e farán que a xente mire cara a Linux coma unha alternativa", "Non nos impresiona Windows Vista para nada"

O mesmo digo eu, non me impresiona Vista para nada. Ben, e aquí tede-lo bicho en cuestión (con link):

windows_vista_desktop50.png

Chuzame! chuzame -

Wanted!

...Onde andas Billy?. Onde te agochas?. You're Wanted...

46344-1.jpg

Dende que dixo que se retiraba no 2008 xa non é o mesmo. Xa  non o vemos, só a esa mona do Steve Ballmer. Billy the Kid, where are you?. Necesitámoste para tantas cousas, Bill!. Cando falamos do novisimo Windows Vista, onde estás para falarnos de se restrasará de novo, para falarnos das súas novas funcións fotocopiadas e calcadas espléndidas, das (in)seguirdade que incorpora e sobre de todo das violación das leis da competencia que vulnera cumpre?. Billy, debaixo da mesa non se fai nada inda que Ballmer xa "traballe" por ti.

Chuzame! chuzame -

O espertar do dragón

Falemos daquel que leva as rendas da revolución OSS: Linux. Falemos tamén do decrepito imperio de Windows e máis do que está por espertar do seu decrepito pasado: o dragón asiático.

dragon.jpg

Amais, ámbolos dous últimos imperios que mencionei están tan vencellados coma os mesmos poderes e ideoloxías que os rixen. Isto é, que a guerra contra o imperio Microsoft non é unha banal guerra informática, allea a calquera intrusión foránea, senón todo o contrario. Recordaderes a recente visita oficial do Presidente Chino ós USA, non?. En canto Jiang Zemin se baixou do avión o seu sequito de diplomáticos estaba xa reuníndose con Bill Gates e isto é que tal banquete diplomático tiña máis presa cá mesma visista a Geroge Bush, inda que con este houbera que falar das tropas na Corea.

Nalgunha hora O Imperio Chinés podería facer palidecer a mesmisima e contemporánea Roma Imperial. Hoxe, caidos os vellos imperios, China mantén un tremendo peso demográfico e rebule nela un puxante rexurdir económico que está a cambia-lo mercado global. Case non fai falta que o mencione: é o dragón asiático. Agora ben, China decidiu facer unha aposta tecnolóxica que rompe as barreiras do casual e vai tan aló que pon nela o que poida dar de si, pola propia transcendencia da mesma.

Sáibase que China aposta encarecidamente, e oficialemente dende hai anos, por Linux. Mesmo desenvolve a súa propia distribución, é dicir, variante de Linux: Red Flag Linux. Amais conta cun potente mercado de venta comercial de Linux.Turbolinux, unha afamada distribución, lidera o mercado interno na China e mesmo ben preinstalada en moitos dos PC que se están a vender no basto país. Tras esta séguelle Suse Linux e outras distribucións de Linux comercializadas (vd. os termos da GPL). Isto gústalle a Beijin, xa que o promove con fervor, e pretende facer do Linux o seu Sistema Operativo, liberandose así da dependecia tecnolóxica dos paises occidentais, non tanto de Europa senón dos USA. Isto non tería maior transcendencia, lectores blogeiro-adictos, se non fora porque China xa domina a venda de Hardware. É un cálculo alxebraico básico: PC + Sistema Operativo = Dominio tecnolóxico absoluto. Isto, abofé, habería de darlle un impulso crítico ó avance da economia do estado social-comunista chinés (como gustan de que chamen a este modelo a autoritario pseudo-capitalista). Esta é a razón pola que Jiang Zemin fixou a súa vista en Bill cando decidiu as súa vacacións por asuntos comerciais nos USA. Por unha banda desexa seguir co seu proxecto de reforma e reactivación do estado Chinés intentando afacerse co dominio tecnolóxico namentres que por outra banda tentan manter unhas relacións cordiais con, de momento, aliados estratéxicos que lle permitan acceder ó mercado de petroleo e os recursos mineiros africanos, tan vitais na industria tecnolóxica. De momento isto último pasa polos USA e por Bill e isto explica os equilibrios diplomáticos, case malabares, do goberno de Beijin.

A día de hoxe Microsoft, e cóntovo-lo case en directo, acaba de recibir un novo traspés da man da Comisión Europea pois foi condenado a pagar unha multa dun porrazo de millóns de euros diarios por non cumplir coa lei da competencia europea do 2004. Inda que poida parecer que para os ultramillonarios xigantes tecnolóxicos estás multas sexan coma as de aparcar para calquera de nós, o tranfondo que isto agocha é da mesma magnitude co caso Chinés. Europa, en palabras do Financial Times, semella "envelenada" en contra de Microsoft. As razóns?: poñamos que análogas ás chinesas. Tras esta furia esá o feito de que Linux ofrece a posiblidade de obeter maior competitividade, seguridade e flexiblidade tecnolóxica ó mesmo tempo que evita o pago de licenzas e reduce costos de mantemento. O espertar do dragón afundirá o mercado asiático de imperio de Bill (quen agora se agocha e deixa que o seu "secuaz" Ballmer fale por el) e para cando Vista dea chegado será pouco demais demasiado tarde. Linux avanza na guerra da man de poderosos aliados.

Chuzame! chuzame -

A Trabada do Pingüín

pinguin emperador

Os pingüíns son feroces deboradores de peixe. Son feitos para matalos sen piedade, con soltura e mestría, inda que pola terra se abaneen coma trasnos estúpidos incapaces de se manter a eles mesmos. Nas xélidas augas antárticas son os emperadores; mais na terra... mais na terra tamén. Nela, de cando en cando grallan coma en trance ritualista de corte exorcitario e mesmo semella que as cores ardentes dos seus coloridos penachos ou manchas, de tonos rubios e encarnados, se reflictisen nas meniñas. Neste momentos son coma unha besta do inferno feita para asasinar a calquera turista. Hai quen afirma, con terquedade e insistencia, coma poseido por algún virus de afección crónica sistemico-nerviosa con episodios sicopáticos, ser vítima dun ataque de besta de tal calibre, nun destes episodios de ira, nunha destas transformacións. Coma relato dun cuarto milenio, afirma que foi acosado, perseguido e trabado por un pingüín dun tamaño descomunal.

Linus

Este é o relato de Linus Torvals, un finés, nalgún momento turista antártico (saibase que é vox popoli que os pingúíns, malia as boas condicións climáticas, desistiron de coloniza-los paises nórdicos por os coller nas antípodas e por carecer de ás funcionais ou de sistema mecánicos de voo que o facilitase). Din os que compartiron horas de foro nos dias primeiros co pai creador do Linux que este home tiña unha verdadeira obsesión. Fora trabado por un pingüín e xa non tiña remedio. Cando naqueles momentos se discutiu a icona, o símbolo, que había de representa-lo novo sistema operativo libre, e segundo o que din as faladurias; falouse de raposos, águias, osos entre outros poderosos animais mais que o finés repetia obsesivamente que lle gustaban os pingüíns. Inda que, din, nunca o propuxo directamente; o cheiro que rezumaba a maniaca historia da trabada de tal asasino plumoso acabou por ulir a rosas e deron, nas pórtas da década dos noventa, por decidir que tal fora a icona que os amparase, que salvagardade as ideas libertarias e hippies da comunidade Linux. E foi coma quixo Linus, un pingüín antitético daquel que unha vez estivo a punto de, polo menos, o deixar tullido: pequeno, fofo, sentado e amable. Algo que a seguro todos habían adorar. Foi así que naceu o pingüín nos primeiros días.

pingüinciño

Mais houbo vinganza na comunidade do software libre. Houbo si. Aproveitaron que o turista antártico, o pai creador, enfermo de por vida por culpa dun pingüín, estivera ausente. Aproveitaron unhas vacacións do finés para facer algo que restaba por facer, algo transcendete. Se el acabara por elixi-la icona do Linux eles elixiron o nome desa icona. Deron por bautizala coma TUX: "(T)orvolds (U)ni(X) - TUX!". Esta foi a frase exacta de James Hughes, quen parece que inda non aprendera ben o apelido de Torvalds.

Esta é a pervertida e perversa historia da trabada dun pingüín que hai xa 15 anos que aconteceu. Mais a historia é cíclica: non creades que os pingüíns son TUX nin que TUX sexa ese adorable pingüín. En calquera momento hanvos trabar, tal que a Linu e da maneira menos esperada e contaxiaranvoas esa enfermidade crónica sistémico-nerviosa con episodios psicopáticos cuns terribles efectos que fará que amedes a liberdade de poder decidir tanto coma os rebeldes hippies dos 70's. Esa enfermidade é xa unha pandemia pois os pingüíns están onde un menos o pensa.

Chuzame! chuzame -

Contando patacas

A onde van?. Que fai tanta xente perdendo o tempo?. Non será un hobbie realmente inútil?. Ben, contemos patacas!, millor dito, botémoslle un vistazó ás fomigas que traballan na rede!.

Poñéndose revindicativos /seguindo flosóficos, case se podería dicir que o OSS deberíao declarar a UNESCO coma "obra etérea do patrimonio artístico internacional". Nace dun grupo reducido de persoas, asiduas dun foro, unha cafeteria ou do mesmo dormitorio. Logo medra grazas a persoas que nunca se coñecerán entre si e que na rede só son un "nick", un alcume. Non sempre é así, mais o software de código aberto fano xente que nunca se tocaron e que traban online e entre todos, contribuindo uns con centos de liñas de código informático en innintelixibles linguaxes para alleos ó sacro oficio de crear ferramentas informáticas e outros con nímias aportacións. É por isto que digo que é unha obra de arte, etérea e internacional.

richard-stallman-small.jpg

Mais, realmente hai tanta xente traballando no OSS?. Houbo máis toleirás despois de Linus que lle fixeran caso ós hippies eses comandados polo almirate das pintas cotroñosas a.k.a Richard Stallman (engado foto para demostralo, arriba)?. A resposta é rotunda. Mais, eran os hippies que habia no mundo nos anos 80'-90' tan abundantes e asquerosamente comprometidos/ociosos coma para que se chegaran a producir xoias da magnitude do Azureus, Firefox ou OpenOffice?.A resposta é de novo tan rotunda: Si! houbo. Si, había!. Si hai!!. E a desmotración é tan sinxela como botarlle un vistazo ó software que hoxe hai feito deste xeito. Inda así haberá quen diga -Microsoft é unha grande compañía e contra as grandes compañias non hai nada que facer-, ou -É imposible mellora-lo MSM ou o IE-. Ben esto último si que estou seguro de que ninguén o di, mais o primeiro si. Daquela haberá que poñerse serio e contar patacas de verdade. Millor dito, xa están contadas!.

Linux é software libre, licenciado baixo a GPL e polo tanto software de código aberto (OSS) e Debian é unha das variantes máis respectadas e de maior tradición do Linux. Este será o noso exemplo. Debian. Houbo quen contou as patacas (liñas de código) da leira do Debian e semellante colleita fixérona González-Barahona et al. no 2002 (última revisión) con grandes resultados de produtividade. De feito chegaron a unhas cifras que non collen en ningún almacén. Antes de que o diga, que xa fervo, direi primero que isto realizarono sobre do debian 2.2 e agora, catro anos despois, o debian está na súa versión 3.1. Cal foi a súa conclusión (e xa oio berros de "dio xa!!") foi que…

…se o Debian do ano 2000 fora feito co método de traballo empregado por calquera compañía propietaria coma Microsoft, Adobe ou o que ti queiras costaria realizaLo…

$ 2000 mill.!!!!!!!!!!!!!… repito, porque creo que non quedou claro

2000 millóns de dólares americanos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!….

repito…

2.000.000.000 $!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Agora enténdese o que realmente Linus Torvald empezou. Mais, inda me quedan máis datos: agarden e apreten os cintos/ coloquen o sostén no seu sitio porque entramos en zona perigosa. (As curvas son sempre á esquerda!xD!). Tamén chegaron a conclusión de que levaría 14.000 anos-persoa facer esta versión de Linux; é dicir, que serían necesarias as horas de 14000 anos para que unha persoa o realizara. Repito; 122.640.000 horas de traballo.Para que isto fora posible en Europa traballando 35 h semanais e cun plazo dun ano para rematalo farían falta 64500 persoas aprox. Wooh!!. No 2001 fíxose algo parecido con RedHat 7.1, outro dos grandes Linux, e estimouse que se compón de 30.000.000 liñas de código (Wooh!!), farian falta 8000 anos-persoa para realiza-lo e que costaría, feito coma se fai o Windows ou o OSX de Macintosh,… …(música de suspense non viria mal aquí)…..

…………….. 1 billón $….. (que é practicamente traducible a euros deste ano directamente) esperade….

…………..1.000.000.000.000 de $!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Iso no 2001: quereria ver eu os datos actualizados. Por iso, na rede non traballan a paso de formiga senón a paso de formighón.Creo que ides entendendo agora poque Bill Gates non durme moi cómodo e porque se empezan a ver extraños matrimonios coma Yahoo-Microsoft ou Apple-Microfoft. Si, si; sentides ben, a mazán mailo Juanito Puertas.

Chuzame! chuzame -