Ter un bo fillo ou de que presumir no super
A nai de Linus debe de se sentir feliz. Ten un bo fillo. Xeralmente as nais soen apreciar a xenerosidade e o bo facer, calidades que o seu fillo debe de posuÃr xa que senón este finlandés non habÃa perde-lo tempo co Linux. Ou non?. Linus, quen, segundo comentan as Hola e Lecturas desta clase de menesteres, quedou traumado por que lle trabou un pingüÃn (sobre disto hei falar seguro noutro post!!!); debe de ter algo de egoÃsta. Eu estou convencido. DÃgoo por partir das miñas máÃs profundas conviccións cientÃficas. Hai quen afirma en ciencia que todos somos egoÃstas, que a vida é egoÃsta e mesmo que os xenes, que dirixen a vida, son en si egoÃstas. Logo, eu non son capaz de crer que este home, altruista por natureza, non teña un lado egoÃsta e que desafÃe as leis reveladas polo gurú da bioloxÃa Ch. R. Darwin. (que non é santo porque seica os biólogos non podemos meternos en asuntos da Santa Sé, xD). A vida é competencia e o que chega tarde non prospera; vamos, que a vida é coma as rebaixas: quen se queda coa mellor camisa é o que chega antes ou o que reparte máis ostias, Isto é, en esencia (que ninguén o poña en ningún exame!) o que Darwin dixo.
Agora ben, repasemos. A nai de Bill Gates pode presumir de frega-los cacharros en leite de burra o ano enteiro só coa caldeirilla que lle queda o seu fillo nos sofas cando a visita. Claro, tamén pode presumir de que fillo e nora foran as personaxes do ano segundo Times e disto si que presume seguro no super. A nai de Steve Jobs, dono de Macintosh e ultramillorario con menos de 30 anos, pode presumir de ter un fillo con máis estilo ca pasarela de Milan, -Mira que lle quedan ben eses trebellos da mazán!, son tan curriños!, ata fan xogo coa decoración do salón!- dirá. Abofé que tamén presume de que fixera o rato máis famoso de tódolos tempos…, perdón, despois de Mickey. Namentres en Microsoft andaban a teclear en tratos obsoletos, de pantallas en negro e verde moco, ou en face-lo mona na oficina os listos de Mac puxeronlle colorinchos ó seu OS e inventaron o rato; si, iso que estas usando agora para perde-lo tempo neste blog (upp!, isto igual non beneficia a miña imaxe: dá igual, heina cagar máis vecesl!). Ah!, seguro que agora presume de que no seu iPod lle colle tóda a discografÃa de Manolo Escobar e os capitulos de Pasión de Gavilanes (viciouse pola chacha mexicana que ten). E a nai de Linus Torvald, bueno…, ah…., deixame pensar, ah!, si!, presume do bo rapaz que é.
No seu momento Linus liberou Linux coa licenza destes hippies dos que xa falei, a GPL, General public licence. É dicir, en vez de poñerlle copyright como fixeron os seus compis de promoción púxolle ó "seu" sistema operativo Copyleft (se o pillan os da SGAE mátano, estou case seguro!). É dicir, a maior tecnoloxÃa da historia da informática é gratis. Xa explicarei porqué digo o de "maior". De momento podedes ir lendo "Counting potatoes: the size of Debian". Inda que a estas alturas do tostón poidades pensar que lle vou buscar tres pés ó gato e dicir que foi un egoÃsta, ben, egocentrico, por que Linus lle puxera Linux ó seu OS pois non, porque non foi asà (Tamén hei de comentar porque non, dá para un thriller). Se os da súa quinta, nos albores da informática se conseguiron facer ricos porqué el non o fixo?.
Aà vou!. Primeiro porque era Finlandés, e xa todos sabemos como van estas cousas; ser ianki axudarÃa. Pero inda asà puido montar unha empresa e comercializar Linux, en cambio liberouno e provocou todo un movemento social que en realidade acabou por beneficialo. Se non liberara Linux gratis probablemente habÃa de traballar de progamador para unha aburrida compañia, ou, ben, ese serÃa o mellor dos casos. No seu momento beneficiou a unha comunidade e a comunidade beneficiao agora a el: é famoso,traballa nunha fundación moi chusca e é moi respectado. É aà onde está o seu egoismo. Por certo, non existe paradoxo biolóxico pois o altruÃsmo é un fenomeno descrito na bioloxÃa dende tempos inmemoriables; a nai que arrisca a súa vida por un fillo, os paxaros que lle quitan parasitos ós rinocerontes etc. A nai quere que o seu fillo viva porque asà ela vivirá "nos xenes deste" e os paxaron vense fartos a base duns ben mantidos parasitos. Asà que, traballar de balde e por unha comunidade pode ser tan fructifero ou máis coma manter unha competencia encarnizada que só busque o beneficio inmediato.
chúzame -