Alfas, betas, candidatos e estables: o que se aveciña na parroquia Linux
Tranquilos, non morrÃn. Simpletemente leixei nesto de bloguear un pouco demais. Asà que nada, a correxir eso de tervos desinformados!.
Como non podÃa ser doutra maneira, falarei do que se aveciña nestes próximos dous, tres meses, que é moito. Moitas das distros xa están no periodo de betas, logo da longa fase das alfas, e lanzarán en breve esas 'xoias' que levan preparando. Mesmo algúnha das grandes xa entrou en proceso de 'Release Candidate', é dicir, a versión final de probas, ou mesmo forn xa lanzadas como 'Estables' (a.k.a definitivas). Asà que aà vai un calendario:
Xa! Â |Â Mandriva 2008.1 Spring
Unha das mellores distros, chegou xa o seu proceso de maduración e acumula xa unha serie de melloras importantes. Para os que prefirades unha distro basada en rpm e amizable, esta é a vosa. Por experiencia propia, destaca en detección e correcta configuración por defecto de routers e modems e presenta un panel de control que inclúe boas ferramentas para configura-lo sistema (o que evitará ir á temida consola para cuestións vanais coma abrir portos do firewall e similares). A cantidade de software dispoñible para Mandriva é alta. Punto importante este. Conta cunha boa implementación de KDE4 mais a instalación require dunha instalación non intuitiva.
Descarga en mandriva.com | Mandriva dun vistazo
24 de Abril  | Ubuntu 8.04
Como non, esta saÃda oficial causa furor. Ubuntu é o neno bonito e o olliño da prensa Linux. Esta distro contén un sistema mÃnimo, intuitivo e facil de manexar que configura sen problema a meirande parte do hardware existente. Melloras: un firewall mellor, Apparmour, mellorada lectura de disco e soporte para dobre monitor... Coa nova versión do escritorio Gnome que inclúe, veñen novas carcteristicas que fan a distro máis atractiva ainda, coma o cliente de descarga Bittorent Transmission, o cliente de VCN Vinagre, Epihany con Webkit... . Inda que é a distro máis recomendada para os novatos, comparada con outras que inclúen interfaces graficas, Ubuntu segue pedindo que se recurra ó terminal para configuracións ben sinxelas e séguense informando de que vellos erros na detección de Hardware, especialmente, resolucións de pantallas, seguen presentes. Inda máis, o proceso de intalación máis que para novatos, é para os que non queiran controlar a instalación, o sitema de intalación palidece após do doutras grandes distros e isto é un handicup para os máis expertos. Sen dúbida, para quen prefira un sistema con instalacións baseadas en deb ou un escritorios Gnome, esta é a mellor e máis amizable das distros. Se pola contra preferides un sistema KDE, fuxide dela.
Descarga en Ubuntu.com |  Ubuntu 8.04 dun vistazo
13 de Maio | Fedora 9
Digámolo asÃ, Fedora é un Ubuntu que pasou a maioria de idade e emana experiencia e soltura por tódolos seus poros. A nova versión, inda que se recibida con duras crÃticas, é meritoria de probar por tódalas eficaces e potentes ferramentas de configuración e moi especialmente pola súa estabilidade. Será a primeira distro que inclúa o escritorio KDE4 por defecto, e iso é digno de merito e aplauso. DÃgoo porque tras 3 meses xa de usar KDE4 a diario, podo dicir que KDE4 é o mellor escritorio de tódolos OS!. Entre as máis destacadas caracterÃsticas, o sistema de ficheiros ext4, PulseAudio, o sistema de intalación PackageKit e a capacidade para redimensionar particións NTFS (as de Windows).Coma sempre, o proceso de intalación con fedora e agradable e indoloro. Os amantes de Gnome, a intalación con rpms e os que prefirades ferramentas graficas de calidade para modifica-lo sistema sodes carne de cañón para Fedora.
Descarga en Fedoraproject.com  | O que será Fedora 9 dun vistazoÂ
19 de Xuño | Opensuse 11
Buff, fartariame de falar da miña distro. A versión 11 traerá novidades importantes. En primeiro lugar porque incluirá KDE 4.0.3 por defecto, e se xa este é moi estable e está moi perfeccionado en opensuse 10.3, a actual, non quero pensar como será a implentación para a versión 11. Logo, porque o sistema de intalación mellora. A velocidade de instalación da distro aumentará nun 700%, segundo informou algún desenvolvedor, asà como o fará a instalación de software, que conta cunha interface, Yast2, moi mellorada. Xa agora instalar software en opensuse é tan sinxelo coma ir a aquàhttp://software.opensuse.org/search , buscar o programa desexado e premer no botón que pon '1 click install'. A descarga do programa e instalación dende aquà está automatizada; simplemente é confirmar a instalación e esperar uns minutos. En canto a outras melloras técnicas, incluirá Pulseaudio (tamén fedora) e PackageKit e PolicyKit. Porén onde hai grandes cambios e no lavado de cara e mellora do proceso de instación da distro: se xa era tan potente coma bo a partir da versión 11 será inda máis sinxelo, e ó mesmo tempo, deseñado para expertos que queren controlar tódolos pasos da instalación. Unha das bondades de opensuse é que, ademais do sistema de 'instalación de software cun só click' (1 click install) está deseñada para que montar un sistema de dobre arranque con Windows sexa fácil (e sinto dicir que outras distros caen baixo neste aspecto, algunhas mesmo descudan os aspectos gráficos deste).
Por último, e inda que Opensuse sempre se distinguiu por ser unha distro máis para KDE, ten unha gran implementación de GNOME, distinta e bastante modificada da orixinal.
Descarga dende Opensuse.org | O que será Opensuse 11 dun vistazoÂ

