Archivos en la categoría Linux

Linux máis inmune ós virus, porqué?

Dende a prehistoria da internet debátese acaloradamente se Windows é máis seguro ca Linux no que a virus se refire ou se é o contrario. Salvo que lle preguntes a un informático ben pagado (e que soen vestir de traxe e corbarta) tódolos "entendidos" lle dirán que é ó contrario. En IToolBox fan un bo resumo do porqué así que e eu hoxe fágome eco do que nos contan [nova]. Velaí vaí:

Premisa 1. A seguridade dun sistema operativo (Windows, Mac, Linux, FreeBSD...) depende de como este esté configurado e non da posibilidade de que este se poida infectar ou non. é maís, a cuestión é como o sistema reacciona ante unha infección vírica.

Premisa 2. Linux foi dende o comezo pensado coma un sistema multiusuario e Windows non. WIndows inda  hoxe herda ainda comportamentos propios deses inicios monousuario e pouco apropiados para o actual mundo de internet.

Razón 1. Consecuencia da premisa 2, nun sistema Windows a interación do usuario co espazo do sistema (que goberna o funcionamento do sistema operativo) é moi ampla e calquera virus que teña acceso a el pode chegar controla-lo sistema dun xeito sinxelo. Unha infección  en Linux non. Neste a interacción do usuario co espazo do sistema está reducida e controlada así que calquera infección dun virus redúcese ó usuario que estaba a traballar no sisema no momento da infección e só lle afectará ós seus ficheiros e configuracións da súa conta de usuario.

Razón 2. Eliminar un virus en Linux é tan sinxelo coma eliminar os arquivos ocultos do usuario infectado. Esto restaura os valores de configuración por defecto do escritorio. En Windows a infección pódese extender por todo o sistema e a desinfección complícase xa que habitualmente hai que desisnfectar ficheiros vitais para o funcionamento do sistema.
Razón 3. Calquera conta de usuario en Windows ten permiso para instalar e modifica-lo sistema; o cal implica que as infección en contas de usuario "alleas" se propaguen a outras e ó núcleo do sistema mesmo. En Linux, pola contra, é necesario ser o administrador para instalar e modificar o sistema. Esto evita que se instalen virus e se propaguen (e é en parte a explicación para a Razón 2).

Razón 4. Linux non só actualiza en liña o núcleo do sistema operativo senón que actualiza todos os programas intalados. En Windows isto non é así. Como un programa non actualizado pode conter fallos de seguridade que permitan a entrada de virus, un sistema Linux actualizado periodicamente é garante dun sistema o máis seguro posible.

winfagooo.jpg

Conclusión. Un sistema Windows é por defecto inseguro namentres que un sistema Linux calquera actualizado e empregado correctamente (usando a conta de administrador só para administrar o sistema) é un sistema virtualmente inmune.

Chuzame! chuzame -

Os bárbaros universitarios xermanos fanse Linux!

Escudo de Armas de Alemania

Os universitarios xermanos terán proximamente unha universidade con infraestrutura manexada por Linux. Novell anunciou que 33 universidades federais do estado Xermano de Nordrheim-Westfalen [wk] adoptaran solucións desta empresa, que se adicada a Linux. Así 560.000 de universitarios desfrutarán do sistema operativo aberto. Segundo os xermanos esto aforraralle cartos ás universidades, contarán cun sistema moito máis flexible e evitarán estar no futuro presos dun fabricante. Recordar que nese estado federado atópanse cidades coma Colonia, Bonn, Düsseldof, Essen ou Münster e as súas respectivas universidades, especialmente as de Colonia e Bonn.

Esta decisión súmase a que xa provee a 300.000 universitarios de Linux nas súas universidades dos estados federados de Bayern [wk] e Thüringen [wk]. Con isto o 40% das universidades de Alemania empregaran solución de Novell, e dicir, Linux.

[Anuncio oficial] 

PD: Este meu blog nos últimos dous meses recibiu unhas 2500 visitas, o que fai que cada post teña de media uns 80 lectores. Inda por riba supón o 2% do tráfico de visitas de blogaliza.org así que a miña eterna gratitude ós que me ledes. Grazas. Tambem aos portuguêses e aos brasileiros que rematades aqui e isso que eu nao posso hachar a razao (ehem, desculpade o meu portuxés, ;)).

Chuzame! chuzame -

Skype podería estar vixiando o que fas

skipe.jpg

Grazas a ferramenta de seguridade AppArmor [wk] un usuario de Skype para Linux descobre que este programa de comunicación por voz intenta acceder a información do cartafol '/etc/passwrd ' (que serve para cambia-los contrasinais de usuario [wk]). Gran sorpresa. Skype zosca nos contrasinais que usamos.

Pero hai máis. Resulta que o mesmo fai Skype cos cartafoles e subcartafoles de Firefox!; e isto inclúe fisgar nas extensións e demais complementos!.

Post orixinal denunciando o caso: [Forum Skype]

Que pretende a empresa Skype con isto?. Recolle información que lle poida ser útil comercialmente?. éche o que ten o software privativo, nunca o saberemos.

No entanto eu recomendoche cambiar de cliente VoIP. Un estupendo de código aberto é OpenWengo, e non lle envidia nada ó antedito.

Chuzame! chuzame -

Unha década de fermosa e-liberdade!

Co nacemento de Linux naceu toda unha nova filosofía, dende o comezo ben vencellada á actividade da GNU Software Foundation. Aquí a historia complícase e mesmo haberá, como con calquera relato histórico, quen disinta. Co lanzamento de Linux no 1992 pódese dicir que nace a era da liberdade dixital. A rede xa era de todos e mesmo servia para sementar, desenvolver e parir proxectos altruístas. Ó cabo isto non foi máis que o outro paso na creación do espello da sociedade real na rede.

Mais o propio desenvolvemento da tecnoloxía informática comezaba os seus pasos na dirección de facilita-la interacción dun xeito visual, interactivo. Fixo falta case todo o século para empezar a desenvolver as GUI ó nivel de hoxe e só o remate do século XX naceron os escritorios libres que serviron para darlle cara ó proxecto Linux.

Con este post rindo homenaxe ó nacemento de KDE no ano 1996 pois xa se cumpre, ó atravesar tamén Gnome a barreira dos dez, máis dunha década de escritorios libres.

[AVANCE: Verás o primeiro 'ordenador', o primeiro rato, o primeiro Apple e o primeiro Windows, tamén o primeiro KDE e o próximo e o primeiro GNOME >> Colle algo de picar, algo de beber e Segue lendo]

Continua leyendo »

Chuzame! chuzame -

“A revolución dos Gnomos: 10 anos despois”

Cúmprense hoxe 10 anos dende o comezo do desenvolvemento dun dos escritorios de maior éxito na plataforma Linux: GNOME.

Tal día coma hoxe o mexicano Miguel de Icaza, daquela estudante na facultade de ciencias de UNAM, publicaba: "Queremos desenvolver un escritorio libre e completamente preparado para ser fácil de usar e mais ferramentas do escritorio, similares a CDE e KDE mais enteiramente basadas en software libre". [1]

Miguel de Icaza

Co anuncio da creación do proxecto GNOME daba resposta a un exitoso proxecto nado en Alemania chamado KDE e basado en tecnoloxía Qt [2, 3]. As suspicacias que levantaban que Qt naquel momento non fora software libre senón producido pola nórdica 'Troll Tech' levaba a Icaza a proclamar que o escritorio KDE violaba a licenza GPL e que era necesario contratacar creando un escritorio basado extrictamente en tecnoloxía libre e desenvolto sobre (o horrendo) GTK+[4]. Esta falacia foi apoiada pola 'GNU Project and Software Foundation' e da man desta iniciarion unha guerra fría entre o novo proxecto e KDE.

Escritorio Gnome na actualidade

O novo escritorio naceu coa pretensión de facerse fácil de usar mais rematou chegando a unha aproximación filosófica perversa que reza que para que un programa sexa fácil de usar, e en xeral GNOME, debe de ofrecer o mínimo de posibilidades con tal de que manteña a 'usabilidade' incluso se é necesario privándoo das posibilidades reais do sistema [5, 6]. KDE pola contra segue a aproximación contraria de ofrecer ó usuario todo o poder do sistema graficamente. Estas dúas aproximación levaron a que repetidamente o fundador de Linux, Linux Torvalds, apoiase publicamente ó escritorio KDE e criticase fortisimamente a idea de que para que algo sexa 'usable' debe de ser simple dicindo que os usuario non deben de ser tratados coma 'estúpidos' [7]. Mesmo Linus para revelar o certo do que dicía creou un parche para configurar os efectos de ventá que se aplican con cada tipo de clic e enviouno ó proxecto GNOME. Argumentou que non lle levara nin dúas horas. Ese parche, ata onde eu sei, nunca se incluíu en GNOME ó ir en contra do seu manifesto de implementacións visuais [8].

No ano 2000 Troll Tech lanzou a súa plataforma de desenvolvemento baixo a GPL quedando así as 'dúbidas' disipadas en torno á 'legalidade' e futuro do entorno mais os dous proxectos, conceptualmente diferentes, seguiron os seus respectivos camiños. Inda así o proxeto freedesktop.org serve de plataforma de entendemento e aproximación ós dous entornos. Hoxe por hoxe, Gnome constitúe o segundo escritorio máis usado [ler PD] e está a recibir un forte pulo grazas ó 'éxito' de Ubuntu e do apoio de grandes empresas do sector Linux. Non cabe dúbida de que o proxecto de Icaza foi realmente exitoso e é hoxe unha verdadeira revolución digna de mención e loa.

PD: a falta de estatísticas fiables a afirmación parte dos datos publicados (estadisticas de distros, enquisas, descargas totais, popularidades das web dos entornos...) e da propia percepción recollida destes .

Chuzame! chuzame -

Lenovo súmase: portátiles Thinkpad con Linux

O terceiro fabricante de PC do mundo, a China-Estadounidente Lenovo comezará a vender a súa gama alta de Portátiles, a Thinkpad, co Linux comercial de Novell (o SLED 10) preinstalado de fábrica. Segue así os pasos da primeira fabricante na industria, Dell que vende PC e portátiles coa arquifamosa distro Ubuntu Linux [>>]

Tamén Dell, e tras centos de peticións na súa web, extende a oferta de PC con Linux a Gran Bretaña, Alemania e Francia. Ata o momento só comezara a venda nos EEUU. Esperemos que pronto sexa tamén extensible esta oferta o noso país e poidamos comprar PC sen pagarlle M$ e sabendo que o hardware non ben capado.

Chuzame! chuzame -

DELL comeza coa venda de ordenadores Linux!!!

Wow!!. Dende hai uns meses todo parecia a apuntar a isto pero agora xa é realidade:

Dell, o xigante informático adicado a venda de Hardware, venderá unha serie de ordenadores con Linux preinstaldo e previsiblemente dará servizo técnico completo!!!.

dell_xps_m2010.jpg

Dell non só dixo onte que se tomara moi en serio a suxerencia dos usuarios que lle pedian masivamente (100.000 peticións online en 7 días) a venda de equipos con Linux preintalado, tal como fan con M$ Windows, senón que xa comezou a anunciar a venda dos equipos a través do GoogleAds [>>]. A través deste servizo está a anuncia a súa liña XPS con Linux. Vede:

dell-ad1.gif

 

Rezan: "Sobremesa Dell con Linux: Compre PC de Sobremesa Dell e máis. Prezos baixos e ordenadores potentes!"; outro di: "Sobremesa Linux: compre ordenadores sobremesa Gaming XPS agora, poderosa tecnoloxía ó límite!".Para aqueles usuarios de Linux, coma min, isto é unha bomba informativa!. Ah, só un detalle,  inda non se coñece que distro será a afortunada (e sinto polos Ubunteiros mais non creo que a de Mark sexa a afortunada; millor posicionada esta openSuse e Fedora).

PD: A comprar un Dell! 

Chuzame! chuzame -

-Teño unhas fotos novas,Tédelas que ver!-

Tedes que ver isto!!!. é outro xeito de ver imaxes e documentos é non é nada que virades antes. Mirade o video!!:

Chámase Lowfat e é un plugin para XGL/Compiz (os famosisimos escritorios 3D).

Evidentemente, SÓ PARA LINUX!

Chuzame! chuzame -

Gripe Nunca Máis

E perdoen o título do post, que soa tendencioso e tamén blasfémico, máis a ira que un pode gardar en canto a esta cuestión é semellante ó que todos xa sabemos. Agora relato porqué.

virus-influenza.jpg

    A Seguridade en Linux
O abadoar Windows coma o meu OS, e subtistutuíndo pola miña flamante Suse 10.1, unha grande caste de Linux, estaba tamén dicindo "Virus nuca máis", non máis gripes (electrónicas) ou perdas de datos, nin caralladas de falta de memoria ou comportamentos estraños. É certo, se a calquera usuario de Windows lle dixera que non teño ningún antivirus instalado, nin uso firewall (inda que é recomendable e que ven de "serie") e que tampouco teño software anti-adware botaríase as mans á cabeza e probablemente algún mesmo proferise un berro de -Tolo!-. Pois ben, é que uso Linux.

Non vos creades: Linux non é inmune a virus. Simplemente é  que é radicalmenlmente difícil que un virus et. compis infecten o meu ordenador Linux e polo tanto non preciso de todo iso. De feito inda está por demostrar a aparición dun virus real en Linux. Porqué?. Ben, a razóns están na mesma base da construcción deso que controla o noso ordenador: o sistema operativo (OS). Mac e Linux están pensados para ser usados por varías persoas e para ser sistemas ante todo seguros, xusto o contrario ca Windows. Certas características, logo, de Linux, e moitas comúns cos Mac, fan del un sistema ultraseguro:

1.  Contas de Usuario e permisos | Linux distingue dous tipos de usuarios do ordenador: o usuario root, ou administrador, e os usuarios normais. Cada usuario accede á súa parte do sistema mediante un contrasinal e só o usuario root pode acceder a tódolos archivos do ordenador e instalar programas. Isto evita que un usuario calquera elimine por erro un arquivo importante para que ordenador funcione e fai posible que o administrador (dono) do ordenador diga que arquivos pode ver cada usuario que accede a el.

2. A repartición do disco duro | Linux distribúe o disco duro, onde garda os seus datos, en sete partes independentes (Non é un porcalleiro coma Windows que todo o disco duro é un contedor único  onde se amorean as peliculas cos drivers e outros xoguetiños do OS). Unha das partes do disco duro de Linux é "home", onde se gardan os arquivos dos usuarios, por exemplo en carpetas como "Miguel", "Zapatero" ou "Mr Bean"; outra é "root" onde o administrador ten os seus arquivos e logo outras como "opt" e "share" onde os programas teñen os seus arquivos. Para acceder dunha parte a outra do sistema (por exemplo, da carpeta "Mr Bean" a "opt")  necesítase o contrasinal de root. Por exemplo esto necesitaríase cando se instala un programa.

3. Os sistema de rede de Linux están construídos dun xeito moi restrictivo | Restrínxese o uso da rede ó que o administrador defina e non hai a posibilidade de infeccións coma as de Windows a través dos macros senón que sensiblemente inferior.

4. Linux é open source | Isto é, calquera deste planeta pode saber ata o máis nímio dos detalles de como Linux funciona, modificar o que lle pareza e distribuilo. As compañías  privadas (Windows e Mac) non permiten isto, xa que distribúen os programas como binarios e non dan acceso ó codigo dos programas ("a receta de fabricación"). De feito moitos dos virus de Windows veñen instertados en arquivos para instalar outros programas ou noutros executables. Sendo Linux de código aberto a aparición dun virus e a resposta a ese (teórico) virus sería abraiante en rapidez e eficacia xa que ó momento se podería dedici-lo xeito non que actúa e planificar unha actuación detallada e precisa.

Tal como esbocei un virus en Linux para infectar o noso ordenar primiero ten que sobrepasar a barreira do contrasinal para pasar da carpeta onde se atopa (xeralmente a carpete dun usuario calquera xa que é aquí onde tódolos arquivos do usuario poden ir)  a outra onde poida perxudica-lo sistema e logo facelo mesmo para poder "escapar" do ordenador a través da rede, o cal non se será nada pero que nada fácil grazas ó contrasinal e á outras barreiras de seguridade.

Hai distros de Linux que inclúen incluso outras barreiras de protección. A máis prominente de todas é AppArmour de Novell, que inclúe openSuse (a miña Susiña) e SLED10. AppArmour é unha especie de firewall que vixía o que os nosos programas fan normalmente e cando fan algo extraño impideno, algo realmente efectivo. Un antivirus normal traballa ó revés: deixa que os programas fagan o que queiran e buscan contínuamente se hai virus coñecidos neles; isto aparte de consumir memoria non nos asegura que non existan virus non noso equipo, tan só que non existen virus coñecidos.

Xa dixen que Linux, tampouco Mac, non é inmune ós virus informáticos mais case (inda que si o sexa ó virus da gripe da foto de miscroscopía electrónica que puxen enrriba) . Para tódolos incrédulos un par de datos:

· No que vai do 2006 cada 5 minutos atopáronse de media 2 virus, a basta maioria deles de Windows

· Neste último mes Europa está plagada de 21 mill de copias de virus e NorteAmérica con 37 mill, o resto do mundo con arredor de 28 mill. Isto fai un total de 86 mill de copias de virus non mundo!

· En 2003 había 60000 tipos de virus propios de Windows, 40 de Mac e 2 considerados virus de Linux

· Un só virus chegou a paralizar 300.000 ordenadores en Asia, claro, Windows.

Chuzame! chuzame -

KDE4, desfile en Milano

É, diriamos, hora de pensa-los deseños, armarse de gacias teas ou coloridas sedas e corta-los patróns que vistan as modelos, máis ou menos famélicas, para que coma arrogantes xubencas paseen polas grandes mecas: Milano, New York ou London. Ó final, despois de tantos nervios, tantas pelexas e o ruído mediático chega o desfile e gaña a elegancia e o bo vestir. Neste caso vístese KDE4, parido do mesmo bo facer que as puntadas dos grandes modistos, loados nas máis cosmopolitas cidades.

Ben, como digo, tal que vestido por Armani, Pernas ou Dolce Gavana, aparecerá o noso escritorio na próxima colección. E digo que ha de estar a altura da pasarela pois coñecemos algúns datos que xa nos fan temer tal. Falo, claro, de KDE [·] (un escritorio: ese que nos presenta as ventás, nos mostra menús e lles dá efectos, mesmo consta con programas de seu). A seguinte versión ha de ser KDE4, unha edición moi madura e remodelada ata o límite que nos chegará probablemente co abrir do ano.

kde4.png

Sobre dela hei de falar ata me esgotar, como se da Laetitia Casta se tratara. Porén hoxe, coma se fora o primeiro dos tomos dun deses colecionables, hei de dar algún primeiro apuntamento e algún carameliño.

Para empezar, KDE será o máis ubiquo dos escritorios. Un podera ter un Linux cun escritorio KDE4, un freeBSD e mesmo un Mac. Si, un Mac mais tamén un Windows!. Imaxinádesvos desfacendo a vosa "cara" da Vista (o malparido Aero) e remprazándoa por KDE?. Sería un pouco estúpido mais ha de ser posible.

Cambiando de terzo contar que os desenvolvedores de KDE decidiron desfacer o feito e refacelo en base a Qt4. Tecnicamente isto supón un avance expléndido e tremendo (tampouco estou eu cualificado como para decir porqué así que o deixo aquí). Mais, refacelo tamén sobre dunha idea: "usabilidade e arte". Así que dende o momento cero os artistas están a trabar para facer de KDE4 un escritorio sinxelo e con estilo. Non me credes?. Inxénuos, aquí tende-lo proxecto Oxigen, o novo tema do KDE4, no cal participan os archi-mega-super-astro-coñecidos do deseño de iconas (David VignoniIcon-king.com) e Aaron Seijo:

oxygen

Sinto decilo, fans de Vista e Mac, pero o pouco que puidemos ver ata agora é simplemente brillante, nada que ver coas cotroñosas iconas ás que Windows nos ten acostumados:

10.png

12.png

O proxecto pretende darlle un aspecto renovado ós temas e iconas de todo o escritorio facéndoo máis intuitivo, máis facil de usar e máis elegante.
Recordo aquí unha cousa, en KDE ( Linux en xeral) por moito que un amplie un icono non pedre calidade, cousa que en Windows si. Así que o que vedes arriba lucirá sempre como para Milán ou Nova Iork, ó igualino co resto de KDE4.

Chuzame! chuzame -