Archivos en la categoría Linux

Ser segundos sabe a pouco, non?

Inda que neste caso parece que xa sabe a gloria. A nova que vos traio é que os Mac perden terreo e colócanse os pingüíns por diante.  Claro está, o omnipresente Microsoft domina a pracer os ordenadores deste planeta, co 90% do share, mais desta banda están os Linux tralos de Redmon seguidos ben de cerca polos Mac, os que acabarían de superar por primeira vez. Segundo algunhas estatísticas Linux colocariase por detras de Mac, en terceiro posto [·] ó contar dun 3,5% do share mais segundo outras estatisticas Linux contaria co 3,7% superando en varias décimas ós rapaces de Steve Jobs.

Por sacar algo disto, que ser segundo fode, senón que llo digan a un tal Alonso, así que os pingüíns queren máis.
penguin_by_nicobou.jpg

PD. Ben, sempre hai estatísticas, ben pagadas, que din outras cousas [·], [·]. En fin.

Chuzame! chúzame -

Coidado coa Ninja. Susa, claro!

"O teu Linux está listo"

Vaia as que se gastan os de Novell presentando o novo SLED10, e non é para menos!!.

Chuzame! chúzame -

Aprendan hoxe os que gobernen mañá

A xente do terceiro mundo pasa fame, morre de epidemias e grazas ó imperialismo europeo decimonónico viven hoxe aturdidos na maré da globalización. As ONGs, conscientes disto, pidennos a todas horas misericordia e axuda en forma de comida, menciñas ou mans traballadoras. Mais, e se a resposta ó problema non fora esa?. Hai quen di "un ordenador por neno", iso salvará África. Eu tamén o digo.

nigeria-e-book.jpg

Xaneiro do 2005, Davos, Suiza. O científico computacional ianqui Nicholas Negroponte revela un gran proxecto, "o seu gran soño". Gardándolle as costas a MIT Media Lab e seis grandes xigantes da industria tecnolóxica: Google, AMD, Red Hat, BrightStar Corporation, News Corporation e Nortel Networks e por cada un deles 2 millóns de dolares no peto. En mente os paises subdesenvoltos. Anuncia así o proxecto humanitario non lucrativo "Un ordenador por neno" [·] (OLPC).

No Novembro dese mesmo ano Kofi Annan, Secretario Xeral das Nacións Unidas, e o propio Negroponte revelan en Tunicia o primeiro prototipo destes ordenadores , os ordenadores dos 100$. Pretenden desenvolver e frabricar ordenadores axeitados para o ensino a ese baixo prezo co fin de que sexan adquiridos por paises subdesenvoltos. Nixeria xa manifestou o seu desexo de participación e pediu xa 1 millón destes ordenadores. Tras Nixeria máis.

Os beneficios destes ordenadores han de ser modernizar e reactivar a capacidade de ensino nos paises subdesenvoltos, brindándolles novas posibilidades e facilidades e, polo tanto, millorando as perspectivas de futuro dos paises que se beneficien do proxecto. As menciñas, a comida e a auga son bens radicalmente necesarios para hoxe pero inútiles para o futuro destes paises, destes continentes, África, Asia e Sudamerica; paradoxicamente tan brutalmente ricos en recursos naturais. Entre as caracteristicas que destacan destes modelos de ordenadores, que non serán vendidos directamente senón directamente ós gobernos, son a capacidade de se comunicaren inalambricamente a través de redes de tecnoloxía de banda ancha e poder formar redes locais, por exemplo nunha escola; carecer de disco duro e posuír catro portos USB, memoria Flash de 500MB e 128MB de DRAM. Mais este proxecto nacería eivado se non for por un simple detalle. Serán Linux, serán código aberto. Só así é posible que poidan servir para calquera persoa deste planeta xa que poden ser persoalizados, modificados e traducidos a absolutamente tódalas linguas deste planeta, sen pagar licenzas e sen depender de ninguén ó mesmo tempo que sexan innovadores e seguros. Isto só o pode ofrecer Linux e o software de código aberto.

É por isto que nas mentadas arriba especialmente destacan dúas compañías, as maiores compañías linux: Google e Red Hat. De seguro non haberá ninguén na face da terra que poida facer tanto polo desenvolvemento de tódolos paises chamados do "terceiro mundo" coma a propia xente do terceiro mundo. Só eles teñen a chave do seu futuro e nós, opulentos sans e ricos, brindándolle esta oportunidade permitimos que hoxe aprendan eses nenos que no futuro serán os líderes dunha nova África, Asia e Sudamerica.

O Código Aberto e Linux teñen unha gran propiedade e é que son socialmente xustos.

Chuzame! chúzame -

Ibarra’s way

lux_rain_by_asmoday.jpg

O goberno de Extremadura, liderado polo incontinente Ibarra, acaba de face-lo salto. Extremadura oficialmente adopta Linux!. Esta comunidade leva dende hai 10 anos apoiando proxectos de código aberto e mesmo mantendo unha distribución propia do Linux. Agora decide que en un ano toda a administración debe de empregar ben .odt ou .pdf e traballar con Linux. No proxecto de migración gastarán 190.000 Euros mais aforraran 18 millóns de euros ca se todos eses equipos traballaran con software de Microsoft!.

Chuzame! chúzame -

A Trabada do Pingüín

pinguin emperador

Os pingüíns son feroces deboradores de peixe. Son feitos para matalos sen piedade, con soltura e mestría, inda que pola terra se abaneen coma trasnos estúpidos incapaces de se manter a eles mesmos. Nas xélidas augas antárticas son os emperadores; mais na terra... mais na terra tamén. Nela, de cando en cando grallan coma en trance ritualista de corte exorcitario e mesmo semella que as cores ardentes dos seus coloridos penachos ou manchas, de tonos rubios e encarnados, se reflictisen nas meniñas. Neste momentos son coma unha besta do inferno feita para asasinar a calquera turista. Hai quen afirma, con terquedade e insistencia, coma poseido por algún virus de afección crónica sistemico-nerviosa con episodios sicopáticos, ser vítima dun ataque de besta de tal calibre, nun destes episodios de ira, nunha destas transformacións. Coma relato dun cuarto milenio, afirma que foi acosado, perseguido e trabado por un pingüín dun tamaño descomunal.

Linus

Este é o relato de Linus Torvals, un finés, nalgún momento turista antártico (saibase que é vox popoli que os pingúíns, malia as boas condicións climáticas, desistiron de coloniza-los paises nórdicos por os coller nas antípodas e por carecer de ás funcionais ou de sistema mecánicos de voo que o facilitase). Din os que compartiron horas de foro nos dias primeiros co pai creador do Linux que este home tiña unha verdadeira obsesión. Fora trabado por un pingüín e xa non tiña remedio. Cando naqueles momentos se discutiu a icona, o símbolo, que había de representa-lo novo sistema operativo libre, e segundo o que din as faladurias; falouse de raposos, águias, osos entre outros poderosos animais mais que o finés repetia obsesivamente que lle gustaban os pingüíns. Inda que, din, nunca o propuxo directamente; o cheiro que rezumaba a maniaca historia da trabada de tal asasino plumoso acabou por ulir a rosas e deron, nas pórtas da década dos noventa, por decidir que tal fora a icona que os amparase, que salvagardade as ideas libertarias e hippies da comunidade Linux. E foi coma quixo Linus, un pingüín antitético daquel que unha vez estivo a punto de, polo menos, o deixar tullido: pequeno, fofo, sentado e amable. Algo que a seguro todos habían adorar. Foi así que naceu o pingüín nos primeiros días.

pingüinciño

Mais houbo vinganza na comunidade do software libre. Houbo si. Aproveitaron que o turista antártico, o pai creador, enfermo de por vida por culpa dun pingüín, estivera ausente. Aproveitaron unhas vacacións do finés para facer algo que restaba por facer, algo transcendete. Se el acabara por elixi-la icona do Linux eles elixiron o nome desa icona. Deron por bautizala coma TUX: "(T)orvolds (U)ni(X) - TUX!". Esta foi a frase exacta de James Hughes, quen parece que inda non aprendera ben o apelido de Torvalds.

Esta é a pervertida e perversa historia da trabada dun pingüín que hai xa 15 anos que aconteceu. Mais a historia é cíclica: non creades que os pingüíns son TUX nin que TUX sexa ese adorable pingüín. En calquera momento hanvos trabar, tal que a Linu e da maneira menos esperada e contaxiaranvoas esa enfermidade crónica sistémico-nerviosa con episodios psicopáticos cuns terribles efectos que fará que amedes a liberdade de poder decidir tanto coma os rebeldes hippies dos 70's. Esa enfermidade é xa unha pandemia pois os pingüíns están onde un menos o pensa.

Chuzame! chúzame -

Unha vista ártica

vista artica.jpg

Cando se fala de quecemento global e de que acabaremos, os últimos 500mill de persoas, vivindo no círculo polar ártico (R. Lovelock, 2006, "The revenge of Gaia") e todos nós pobres mortiños de calor eu hei de falar das Vistas árticas que habemos de ter, quen sabe, se cadra máis cedo ca tarde.

Pois é que volvo a falar de pengüíns. E, si, xa sei que teño pendente algún que outro post ben que interesante, por exemplo, sobre das presuntas trabadas e traumas que poden causar estes bechos. Porén aquí lánzome a profetizar a proxima guerra, da que xa se oen tambores ó lonxe:Windows Vista vs. Suse.[·] Tranquilos, no toleei!. En realidade é que xa nunca me veu a razón.

Suse é unha ben afamada distribución (digamos, versión. N.B. puristas abstéñanse de comentar isto) do pengüín, Linux. A distro xermano-ianki xa vai pola súa versión 10.1 e é das distribucións máis sólidas endexamais producidas. Incluso un afecionado coma min é quen de se afacer coa susa e perderlle o medo a tanto becho plumoso.Tanto é así que hai quen a propón coma o directo competidor "do mellor produto de Microsoft en 10 anos" (frase de casa), o Windows Vista.

Podéseme achacar que moito supoño eu ó pensar que a xente se ha afacer ó Linux, claro, porqué había perde-la xente o tempo en cambiar a outro OS?. Mais esta guerra parece inminente e mesmo poida que o Vista perda a batalla. Espera a rirte despois porque che hei de dar motivos para non o facer.

Primeiro é que Microsoft leva retrasando e retrasando as saídas dos seus produtos tanto que xa non se pode esperar nada da compañía. O creto da compañia roza mínimos entre os sectores empresariais. De feito, Window Vista había de saír no 2002 e xa van anos de retraso, non?. Tanto coma 7 (tranquilos, aprobei as mates, lol). Como moi cedo sairá no Xaneiro do 2007 e só Alá, Iavé ou María Santisima saben cando sairá a actualización deste. Parches sairán a patadas, iso seguro. Aqueles "afortunados" que puideron probar as diferentes betas do Vista saben que inda está ben cru. Rumoreabase que no Xaneiro deste ano que Redmon estaba inda pendente de remodelar o 60% do código de Vista!. Chegaron a falar de "catástrofe" na compañía, e quen o dicía eran teupas!.

Amais, Vista non será capaz de funcionar en máis da metade dos ordenadores actuais (literalmente) ou non contará coas súa cara bonita, o Aero, na meirande parte destes. De tódolos xeitos o Vista ocupa 15 G do disco duro e xa nos advertron de que 1Ghz non viría mal así que xa sabedes, toca ordenata novo e de máis de 1.200€, a ollo de bon cubeiro. Os que pensen na copia pirata, polo menos ata que se piratee, que se olviden porque os de Microsoft planean unha serie de artimañas antipirateo que darán moito que falar, e non sei eu se esta estratexia irá no seu propio beneficio. Mais ben semella que han cospen cara ó ceo!. Claro, que inda non falei dos prezos. Esperade que me escoño!… Xa compuxen a mandibula así que sigo. En realidade non se sabe cales serán mais si que lle podemos botar unha ollada ós prezos do Office e facernos unha idea. O Office 12 custará uns 499$ a versión "Proffesional" e a reducida (e recortada), a Home, uns 144$. (Agora era un bo momento para un blogotono "caixa rexistradora" e unha voz de caixeira vella dicindo: " son 2.000€ por todo: PC, máis Vista máis Office!": inda lle falta interactividade á rede ). Creo que sae máis barato mudarse a Linux, polo menos cos cartos do Vista págase un bo cursiño de Linux e outro de programación en Perl e outro de pesca con mosca e outro de encaixe de bolillos e outro de calceta…

Si home!. Dirás - "Pero que Windows é máis seguro"-, - "Xa, bueno!, e o meu avó traballa na NASA"- direi. Vista non ha solucionar o problema de Virus, Malware, Spyware, Adware…. (dos cales seguro que sabes demo de cousas), bechos que son infrecuentisimos en Linux ou Mac OSX. Se os solucionasen, de que habían vivir as compañías de antivirus?, pobriños!. Así que vai sumando outros poucos € á conta ($$ blogotono de novo $$) pol antivirus que che han cascar. Tampouco é que Microsoft vaia a ofertar un excelente servizo técnico, inda en caso de infección vírica ou a "BSD", a pantalla azul da morte (nunca a vistes??).

Estade seguros. Podería seguir cos motivos pero tampouco é cuestión de ser abusóns. Só, dicir que cando anuncien Vista dirannos as bondade de centos de tecnoloxía novas que inclúe, que por outra banda non son tan novas senón que levan anos en funcionamento ben nos Mac ben nos Linux. Nada novo. Así é que eu profetizo que desde Redmon as Vistas que han de ter serán bastante árticas, malia que se muden a Alaska, pois distribucións do pengüín son xa rivais dabondo como para compertir co xigante ianki. Entre as mellores posicionadas está Suse, que cun modelo de traballo renovado ofreceranos actualizacións máis poderosas, e gratis, cada seis meses, sinxelas inda que robustas e que funcionarán sen necesidade de renova-lo PC. A guerra está servida e os termometros quencen xa.

Chuzame! chúzame -

Ter un bo fillo ou de que presumir no super

A nai de Linus debe de se sentir feliz. Ten un bo fillo. Xeralmente as nais soen apreciar a xenerosidade e o bo facer, calidades que o seu fillo debe de posuír xa que senón este finlandés non había perde-lo tempo co Linux. Ou non?. Linus, quen, segundo comentan as Hola e Lecturas desta clase de menesteres, quedou traumado por que lle trabou un pingüín (sobre disto hei falar seguro noutro post!!!); debe de ter algo de egoísta. Eu estou convencido. Dígoo por partir das miñas máís profundas conviccións científicas. Hai quen afirma en ciencia que todos somos egoístas, que a vida é egoísta e mesmo que os xenes, que dirixen a vida, son en si egoístas. Logo, eu non son capaz de crer que este home, altruista por natureza, non teña un lado egoísta e que desafíe as leis reveladas polo gurú da bioloxía Ch. R. Darwin. (que non é santo porque seica os biólogos non podemos meternos en asuntos da Santa Sé, xD). A vida é competencia e o que chega tarde non prospera; vamos, que a vida é coma as rebaixas: quen se queda coa mellor camisa é o que chega antes ou o que reparte máis ostias, Isto é, en esencia (que ninguén o poña en ningún exame!) o que Darwin dixo.

Agora ben, repasemos. A nai de Bill Gates pode presumir de frega-los cacharros en leite de burra o ano enteiro só coa caldeirilla que lle queda o seu fillo nos sofas cando a visita. Claro, tamén pode presumir de que fillo e nora foran as personaxes do ano segundo Times e disto si que presume seguro no super. A nai de Steve Jobs, dono de Macintosh e ultramillorario con menos de 30 anos, pode presumir de ter un fillo con máis estilo ca pasarela de Milan, -Mira que lle quedan ben eses trebellos da mazán!, son tan curriños!, ata fan xogo coa decoración do salón!- dirá. Abofé que tamén presume de que fixera o rato máis famoso de tódolos tempos…, perdón, despois de Mickey. Namentres en Microsoft andaban a teclear en tratos obsoletos, de pantallas en negro e verde moco, ou en face-lo mona na oficina os listos de Mac puxeronlle colorinchos ó seu OS e inventaron o rato; si, iso que estas usando agora para perde-lo tempo neste blog (upp!, isto igual non beneficia a miña imaxe: dá igual, heina cagar máis vecesl!). Ah!, seguro que agora presume de que no seu iPod lle colle tóda a discografía de Manolo Escobar e os capitulos de Pasión de Gavilanes (viciouse pola chacha mexicana que ten). E a nai de Linus Torvald, bueno…, ah…., deixame pensar, ah!, si!, presume do bo rapaz que é.

No seu momento Linus liberou Linux coa licenza destes hippies dos que xa falei, a GPL, General public licence. É dicir, en vez de poñerlle copyright como fixeron os seus compis de promoción púxolle ó "seu" sistema operativo Copyleft (se o pillan os da SGAE mátano, estou case seguro!). É dicir, a maior tecnoloxía da historia da informática é gratis. Xa explicarei porqué digo o de "maior". De momento podedes ir lendo "Counting potatoes: the size of Debian". Inda que a estas alturas do tostón poidades pensar que lle vou buscar tres pés ó gato e dicir que foi un egoísta, ben, egocentrico, por que Linus lle puxera Linux ó seu OS pois non, porque non foi así (Tamén hei de comentar porque non, dá para un thriller). Se os da súa quinta, nos albores da informática se conseguiron facer ricos porqué el non o fixo?.

Aí vou!. Primeiro porque era Finlandés, e xa todos sabemos como van estas cousas; ser ianki axudaría. Pero inda así puido montar unha empresa e comercializar Linux, en cambio liberouno e provocou todo un movemento social que en realidade acabou por beneficialo. Se non liberara Linux gratis probablemente había de traballar de progamador para unha aburrida compañia, ou, ben, ese sería o mellor dos casos. No seu momento beneficiou a unha comunidade e a comunidade beneficiao agora a el: é famoso,traballa nunha fundación moi chusca e é moi respectado. É aí onde está o seu egoismo. Por certo, non existe paradoxo biolóxico pois o altruísmo é un fenomeno descrito na bioloxía dende tempos inmemoriables; a nai que arrisca a súa vida por un fillo, os paxaros que lle quitan parasitos ós rinocerontes etc. A nai quere que o seu fillo viva porque así ela vivirá "nos xenes deste" e os paxaron vense fartos a base duns ben mantidos parasitos. Así que, traballar de balde e por unha comunidade pode ser tan fructifero ou máis coma manter unha competencia encarnizada que só busque o beneficio inmediato.

Chuzame! chúzame -

Acrónimos que rozan o poder

…ou de cando os movementos sociais fan treme-los cimentos dos maiores emporios.

OSS: estrano acrónimo, non é?. Mais a historia que agocha detrás está tan preñada das mesmas ideas que pariron a Europa do humanismo que mesmo se diria que son o lóxico froito das ideas libertarias que transformaron os vellos poderes na mesmisima democracia. Se a revolución francesa conseguiu derruba-lo inda daquela basto imperio monárquico francés porque non van poder estas siglas poder derruba-lo poder doutras clases de emporios, o cabo non tan distintos, que gorvernan hoxe por hoxe a tecnoloxía a golpe de empurróns, pisotazos e talonario.

OSS: Open Source Software. Software de código aberto

Seguen a ser estranas estas siglas?. Ben, supoño que terei que conta-la historia, coma sempre dun xeito pervertido. Digamos que no '85 naceu unha fundación na NorteAmerica chamada FSF, a free software foundation. Malia a inxenuidade do seu nome acabaria por revoluciona-la vida dos humanos en relación con estes malditos trebellos chamados "computadoras"; pois é que esta serie de informáticos, en grave atentado contra a súa propia intelixencia e provablemente pola completa carencia das nocións capitalistas ou de "como eu facerme rico abusando dos demais", chegaron a absurda crenza de que o software, é dicir, aquilo para o que se fan os PCs et all. e que nos solucionan a vida, por exemplo ó gardar a nosa información, ou nos entreteñen, ie. tetris e outros xogos adictivos; debian de ser feitos dun xeito gratuíto. Mesmo, estes absolutamente carentes de propiedades visionarias e anticristos da figura de Bill Gates ou Steve Jons, propoñían que o software se liberara sen restriccións e , atención!, se aportase a información completa do programa co fin de que cada quen, claro está, cunhas míminas nocións de programación (algo do que eu carezo completamente, xD!) poidese varailo ó seu antollo. Pobres!. Claro está, Richard M. Stallman, un dos hippies fundadores do cotarro este (e que creo que sigue coas mesmas pintas de hippie), segue levando unha vida de hippie namentres Billy e Steve poden usar eses billetes verdes, eses da S, para envolve-los bocatas de chorizo que lle dan ó can porque dame que lles sobran. Ó primeiro non creo, inda que non lle debe de ir mal tampouco (se Yola fai bolos por Soria e lle pagan este tamén poderá, no Google tamén aparece, famoso é).
Agora ben; habia daquela máis informaticos hippies no mundo?. Pois debia de haber pois houbo quen lles fixo caso. Neste caso o hippie era finlandés e chegou a parilo maior pingüino da historia (eso que non os hai na Finlandia!!!!!!!!!). Tal hippie era un estudante de informática da universidade de Helsinlki chamado Linus Torvalds. Como se aburria ocorreuselle nada menos que deseña un OS, sistema operativo, (Windows, OSX, Solaris, Minix, SkyOS, NetBSD… son sistemas operativos: son o que fai que o ordenata funcione) e liberouno baixo a licenza que a FSF creara, a GPL. Isto é, realizou o primeiro OS que se podia coñecer completamente, modificar e usar sen ter que pagar e ó mesmo tempo protexendoo baixo dunha licenza que permite todo isto. Este sistema operativo é Linux!!, non vos soa?.
Isto foi o xerme da revolución OSS, software realizado por voluntarios, na meirande parte dos casos, que se libera para ser usado sen restriccións. Mozilla, Firefox, Thunderbird, Shareaza, Miranda IM, SUSE, Damn Small, Fedora Core, KDE, Gnome, VCL, Amarok, Beagle, Nautilus, eMule, Azureus, Gimp, Inkscape, OpenOffice, Abiword, Gnumeric, Sodipodi… todos son OSS.
Agora ben, ten que estar preocupado Bill?. Probablemente el viva o resto da súa vida a corpo de rei. Case seguro. Mais, e o seu emporio Windows?. Está a salvo?. Non. A maior dor de moas deste home é Linux, por moito que diga que non, e por moito que o negue o resto do OSS tamén. Fifefox foi descargado xa as 100mill de veces (creo recordar) e é usado polo 20% dos internautas, que intelixentemente decidiron abandonar Internet Explorer. Dito isto, se eu che dixera "paquete completo de Windows Vista co novisimo Internet Explorer 7 e bla bla bla por 200 eurazos", ti que dirias?. -Descontame os 20 euros do IE que pra iso descargo Firefox que é gratis e máis seguro. Ou senón inda millor, deixao! Descargo o SUSE 10 que así aforro os 200 eu.!-. Creo que dicia o principio que hai siglas que poden derrubar imperios, non?. Ben, pois é por iso que Billy ás veces non durme tranquilo, igualiño có Luis non sei cantos.

Chuzame! chúzame -