Archivos en la categoría OSS

Linux máis inmune ós virus, porqué?

Dende a prehistoria da internet debátese acaloradamente se Windows é máis seguro ca Linux no que a virus se refire ou se é o contrario. Salvo que lle preguntes a un informático ben pagado (e que soen vestir de traxe e corbarta) tódolos "entendidos" lle dirán que é ó contrario. En IToolBox fan un bo resumo do porqué así que e eu hoxe fágome eco do que nos contan [nova]. Velaí vaí:

Premisa 1. A seguridade dun sistema operativo (Windows, Mac, Linux, FreeBSD...) depende de como este esté configurado e non da posibilidade de que este se poida infectar ou non. é maís, a cuestión é como o sistema reacciona ante unha infección vírica.

Premisa 2. Linux foi dende o comezo pensado coma un sistema multiusuario e Windows non. WIndows inda  hoxe herda ainda comportamentos propios deses inicios monousuario e pouco apropiados para o actual mundo de internet.

Razón 1. Consecuencia da premisa 2, nun sistema Windows a interación do usuario co espazo do sistema (que goberna o funcionamento do sistema operativo) é moi ampla e calquera virus que teña acceso a el pode chegar controla-lo sistema dun xeito sinxelo. Unha infección  en Linux non. Neste a interacción do usuario co espazo do sistema está reducida e controlada así que calquera infección dun virus redúcese ó usuario que estaba a traballar no sisema no momento da infección e só lle afectará ós seus ficheiros e configuracións da súa conta de usuario.

Razón 2. Eliminar un virus en Linux é tan sinxelo coma eliminar os arquivos ocultos do usuario infectado. Esto restaura os valores de configuración por defecto do escritorio. En Windows a infección pódese extender por todo o sistema e a desinfección complícase xa que habitualmente hai que desisnfectar ficheiros vitais para o funcionamento do sistema.
Razón 3. Calquera conta de usuario en Windows ten permiso para instalar e modifica-lo sistema; o cal implica que as infección en contas de usuario "alleas" se propaguen a outras e ó núcleo do sistema mesmo. En Linux, pola contra, é necesario ser o administrador para instalar e modificar o sistema. Esto evita que se instalen virus e se propaguen (e é en parte a explicación para a Razón 2).

Razón 4. Linux non só actualiza en liña o núcleo do sistema operativo senón que actualiza todos os programas intalados. En Windows isto non é así. Como un programa non actualizado pode conter fallos de seguridade que permitan a entrada de virus, un sistema Linux actualizado periodicamente é garante dun sistema o máis seguro posible.

winfagooo.jpg

Conclusión. Un sistema Windows é por defecto inseguro namentres que un sistema Linux calquera actualizado e empregado correctamente (usando a conta de administrador só para administrar o sistema) é un sistema virtualmente inmune.

Chuzame! chuzame -

HP Vende PCs con Linux!!

Linux HP

Ó final foi. Logo de tantos rumores a maior produtora detecnoloxía do mundo, a ianki Hewlett-Packard, comezará a vender PCs con 'Red Hat Enterprise Linux 5' [inf] en Australia [Noticia 1, 2]. De momento só venderá o HP Compaq dx2250 [inf] no país austral. Este produto está dirixido a medinas e pequenas empresas que prefiren aforrar os cartos das licencias doutros OSs.

HP súmase ó resto dos grandes produtores de PC: Dell e Acer (que vende PCs con Ubuntu preintalado en Singapur), quen en diferente grao xa se meteron no 'negocio Linux'. Así que axiña poderemos ver á venda nas tendas do noso país PC que no canto lucir pantallas con coloridas ventás mostren pingüíns ;). A aposta de HP así mo fai crer e espero que sexa verdade.

 PD: algúns xogos numéricos [>] coas poucas estatísticas que hai sobre do uso de Linux mostran cifras de 50 millóns de usuarios de Linux en todo o Planeta, o dobre que de Macs . Esta pode ser unha boa explicación ás liñas de arriba.  ;)

Chuzame! chuzame -

Os bárbaros universitarios xermanos fanse Linux!

Escudo de Armas de Alemania

Os universitarios xermanos terán proximamente unha universidade con infraestrutura manexada por Linux. Novell anunciou que 33 universidades federais do estado Xermano de Nordrheim-Westfalen [wk] adoptaran solucións desta empresa, que se adicada a Linux. Así 560.000 de universitarios desfrutarán do sistema operativo aberto. Segundo os xermanos esto aforraralle cartos ás universidades, contarán cun sistema moito máis flexible e evitarán estar no futuro presos dun fabricante. Recordar que nese estado federado atópanse cidades coma Colonia, Bonn, Düsseldof, Essen ou Münster e as súas respectivas universidades, especialmente as de Colonia e Bonn.

Esta decisión súmase a que xa provee a 300.000 universitarios de Linux nas súas universidades dos estados federados de Bayern [wk] e Thüringen [wk]. Con isto o 40% das universidades de Alemania empregaran solución de Novell, e dicir, Linux.

[Anuncio oficial] 

PD: Este meu blog nos últimos dous meses recibiu unhas 2500 visitas, o que fai que cada post teña de media uns 80 lectores. Inda por riba supón o 2% do tráfico de visitas de blogaliza.org así que a miña eterna gratitude ós que me ledes. Grazas. Tambem aos portuguêses e aos brasileiros que rematades aqui e isso que eu nao posso hachar a razao (ehem, desculpade o meu portuxés, ;)).

Chuzame! chuzame -

Unha década de fermosa e-liberdade!

Co nacemento de Linux naceu toda unha nova filosofía, dende o comezo ben vencellada á actividade da GNU Software Foundation. Aquí a historia complícase e mesmo haberá, como con calquera relato histórico, quen disinta. Co lanzamento de Linux no 1992 pódese dicir que nace a era da liberdade dixital. A rede xa era de todos e mesmo servia para sementar, desenvolver e parir proxectos altruístas. Ó cabo isto non foi máis que o outro paso na creación do espello da sociedade real na rede.

Mais o propio desenvolvemento da tecnoloxía informática comezaba os seus pasos na dirección de facilita-la interacción dun xeito visual, interactivo. Fixo falta case todo o século para empezar a desenvolver as GUI ó nivel de hoxe e só o remate do século XX naceron os escritorios libres que serviron para darlle cara ó proxecto Linux.

Con este post rindo homenaxe ó nacemento de KDE no ano 1996 pois xa se cumpre, ó atravesar tamén Gnome a barreira dos dez, máis dunha década de escritorios libres.

[AVANCE: Verás o primeiro 'ordenador', o primeiro rato, o primeiro Apple e o primeiro Windows, tamén o primeiro KDE e o próximo e o primeiro GNOME >> Colle algo de picar, algo de beber e Segue lendo]

Continua leyendo »

Chuzame! chuzame -

“A revolución dos Gnomos: 10 anos despois”

Cúmprense hoxe 10 anos dende o comezo do desenvolvemento dun dos escritorios de maior éxito na plataforma Linux: GNOME.

Tal día coma hoxe o mexicano Miguel de Icaza, daquela estudante na facultade de ciencias de UNAM, publicaba: "Queremos desenvolver un escritorio libre e completamente preparado para ser fácil de usar e mais ferramentas do escritorio, similares a CDE e KDE mais enteiramente basadas en software libre". [1]

Miguel de Icaza

Co anuncio da creación do proxecto GNOME daba resposta a un exitoso proxecto nado en Alemania chamado KDE e basado en tecnoloxía Qt [2, 3]. As suspicacias que levantaban que Qt naquel momento non fora software libre senón producido pola nórdica 'Troll Tech' levaba a Icaza a proclamar que o escritorio KDE violaba a licenza GPL e que era necesario contratacar creando un escritorio basado extrictamente en tecnoloxía libre e desenvolto sobre (o horrendo) GTK+[4]. Esta falacia foi apoiada pola 'GNU Project and Software Foundation' e da man desta iniciarion unha guerra fría entre o novo proxecto e KDE.

Escritorio Gnome na actualidade

O novo escritorio naceu coa pretensión de facerse fácil de usar mais rematou chegando a unha aproximación filosófica perversa que reza que para que un programa sexa fácil de usar, e en xeral GNOME, debe de ofrecer o mínimo de posibilidades con tal de que manteña a 'usabilidade' incluso se é necesario privándoo das posibilidades reais do sistema [5, 6]. KDE pola contra segue a aproximación contraria de ofrecer ó usuario todo o poder do sistema graficamente. Estas dúas aproximación levaron a que repetidamente o fundador de Linux, Linux Torvalds, apoiase publicamente ó escritorio KDE e criticase fortisimamente a idea de que para que algo sexa 'usable' debe de ser simple dicindo que os usuario non deben de ser tratados coma 'estúpidos' [7]. Mesmo Linus para revelar o certo do que dicía creou un parche para configurar os efectos de ventá que se aplican con cada tipo de clic e enviouno ó proxecto GNOME. Argumentou que non lle levara nin dúas horas. Ese parche, ata onde eu sei, nunca se incluíu en GNOME ó ir en contra do seu manifesto de implementacións visuais [8].

No ano 2000 Troll Tech lanzou a súa plataforma de desenvolvemento baixo a GPL quedando así as 'dúbidas' disipadas en torno á 'legalidade' e futuro do entorno mais os dous proxectos, conceptualmente diferentes, seguiron os seus respectivos camiños. Inda así o proxeto freedesktop.org serve de plataforma de entendemento e aproximación ós dous entornos. Hoxe por hoxe, Gnome constitúe o segundo escritorio máis usado [ler PD] e está a recibir un forte pulo grazas ó 'éxito' de Ubuntu e do apoio de grandes empresas do sector Linux. Non cabe dúbida de que o proxecto de Icaza foi realmente exitoso e é hoxe unha verdadeira revolución digna de mención e loa.

PD: a falta de estatísticas fiables a afirmación parte dos datos publicados (estadisticas de distros, enquisas, descargas totais, popularidades das web dos entornos...) e da propia percepción recollida destes .

Chuzame! chuzame -

-Teño unhas fotos novas,Tédelas que ver!-

Tedes que ver isto!!!. é outro xeito de ver imaxes e documentos é non é nada que virades antes. Mirade o video!!:

Chámase Lowfat e é un plugin para XGL/Compiz (os famosisimos escritorios 3D).

Evidentemente, SÓ PARA LINUX!

Chuzame! chuzame -

Firefox 2.0 lanzado!!!!!

Xa está aquí e eu xa o levo probando dende hai 24h aproximadamente, inda que oficialmente foi lanzado onte pola tarde (dende o Luns pola tarde, hora local ;), foi colgado nos servidores de Mozilla anticipadamente). Firefox 2.0 chegou!!!.

firefox_live.jpg
Cun lavado de cara pequeno pero brillante, reformado para ser inda máis sinxelo, con medidas de segurade altamente melloradas e cunha navegación moito máis rápida o novo Firefox parece disposto a seguir trabándolle ó IE (ó IE7 tamém!). Destas 24h que o levo usando só podo sacar unha conclusión:
>>>Firefox Rock!!!
É certo que o Firefox 1.5 era ás veces lento máis Firefox 2.0 sorprendeume pola súa pasmosa rapidez, case comparable ó máis rápido dos navegadores da web, o Konqueror. De feito o Firefox 1.5 semellaba máis veloz en Windows ca en Linux, algo raro (A maioria do programs libres que foron portados a Windows soen ser relativamente lentos neste e altamente rápidos en Linux, caso do Gimp). Parece que desta en Linux simplemete sáese! (Inda non o provei no Windows, hehe).
Co novo lanzamento ofreceronse alguns datos da produción do firefox, e sorprenden. Atención: para produci-lo Firefox particiraron arredor de 1 millón de persoas en todo o mundo!!!, entre programadores, artistas gráficos, tradutores e probadores. Xa sabedes, un millón de ollos mirando non poden deixar escapar fallos, que non che vendan seguridade onde non a hai. "Mudate, reconquista internet"
Chuzame! chuzame -

KDE4, desfile en Milano

É, diriamos, hora de pensa-los deseños, armarse de gacias teas ou coloridas sedas e corta-los patróns que vistan as modelos, máis ou menos famélicas, para que coma arrogantes xubencas paseen polas grandes mecas: Milano, New York ou London. Ó final, despois de tantos nervios, tantas pelexas e o ruído mediático chega o desfile e gaña a elegancia e o bo vestir. Neste caso vístese KDE4, parido do mesmo bo facer que as puntadas dos grandes modistos, loados nas máis cosmopolitas cidades.

Ben, como digo, tal que vestido por Armani, Pernas ou Dolce Gavana, aparecerá o noso escritorio na próxima colección. E digo que ha de estar a altura da pasarela pois coñecemos algúns datos que xa nos fan temer tal. Falo, claro, de KDE [·] (un escritorio: ese que nos presenta as ventás, nos mostra menús e lles dá efectos, mesmo consta con programas de seu). A seguinte versión ha de ser KDE4, unha edición moi madura e remodelada ata o límite que nos chegará probablemente co abrir do ano.

kde4.png

Sobre dela hei de falar ata me esgotar, como se da Laetitia Casta se tratara. Porén hoxe, coma se fora o primeiro dos tomos dun deses colecionables, hei de dar algún primeiro apuntamento e algún carameliño.

Para empezar, KDE será o máis ubiquo dos escritorios. Un podera ter un Linux cun escritorio KDE4, un freeBSD e mesmo un Mac. Si, un Mac mais tamén un Windows!. Imaxinádesvos desfacendo a vosa "cara" da Vista (o malparido Aero) e remprazándoa por KDE?. Sería un pouco estúpido mais ha de ser posible.

Cambiando de terzo contar que os desenvolvedores de KDE decidiron desfacer o feito e refacelo en base a Qt4. Tecnicamente isto supón un avance expléndido e tremendo (tampouco estou eu cualificado como para decir porqué así que o deixo aquí). Mais, refacelo tamén sobre dunha idea: "usabilidade e arte". Así que dende o momento cero os artistas están a trabar para facer de KDE4 un escritorio sinxelo e con estilo. Non me credes?. Inxénuos, aquí tende-lo proxecto Oxigen, o novo tema do KDE4, no cal participan os archi-mega-super-astro-coñecidos do deseño de iconas (David VignoniIcon-king.com) e Aaron Seijo:

oxygen

Sinto decilo, fans de Vista e Mac, pero o pouco que puidemos ver ata agora é simplemente brillante, nada que ver coas cotroñosas iconas ás que Windows nos ten acostumados:

10.png

12.png

O proxecto pretende darlle un aspecto renovado ós temas e iconas de todo o escritorio facéndoo máis intuitivo, máis facil de usar e máis elegante.
Recordo aquí unha cousa, en KDE ( Linux en xeral) por moito que un amplie un icono non pedre calidade, cousa que en Windows si. Así que o que vedes arriba lucirá sempre como para Milán ou Nova Iork, ó igualino co resto de KDE4.

Chuzame! chuzame -

Aprendan hoxe os que gobernen mañá

A xente do terceiro mundo pasa fame, morre de epidemias e grazas ó imperialismo europeo decimonónico viven hoxe aturdidos na maré da globalización. As ONGs, conscientes disto, pidennos a todas horas misericordia e axuda en forma de comida, menciñas ou mans traballadoras. Mais, e se a resposta ó problema non fora esa?. Hai quen di "un ordenador por neno", iso salvará África. Eu tamén o digo.

nigeria-e-book.jpg

Xaneiro do 2005, Davos, Suiza. O científico computacional ianqui Nicholas Negroponte revela un gran proxecto, "o seu gran soño". Gardándolle as costas a MIT Media Lab e seis grandes xigantes da industria tecnolóxica: Google, AMD, Red Hat, BrightStar Corporation, News Corporation e Nortel Networks e por cada un deles 2 millóns de dolares no peto. En mente os paises subdesenvoltos. Anuncia así o proxecto humanitario non lucrativo "Un ordenador por neno" [·] (OLPC).

No Novembro dese mesmo ano Kofi Annan, Secretario Xeral das Nacións Unidas, e o propio Negroponte revelan en Tunicia o primeiro prototipo destes ordenadores , os ordenadores dos 100$. Pretenden desenvolver e frabricar ordenadores axeitados para o ensino a ese baixo prezo co fin de que sexan adquiridos por paises subdesenvoltos. Nixeria xa manifestou o seu desexo de participación e pediu xa 1 millón destes ordenadores. Tras Nixeria máis.

Os beneficios destes ordenadores han de ser modernizar e reactivar a capacidade de ensino nos paises subdesenvoltos, brindándolles novas posibilidades e facilidades e, polo tanto, millorando as perspectivas de futuro dos paises que se beneficien do proxecto. As menciñas, a comida e a auga son bens radicalmente necesarios para hoxe pero inútiles para o futuro destes paises, destes continentes, África, Asia e Sudamerica; paradoxicamente tan brutalmente ricos en recursos naturais. Entre as caracteristicas que destacan destes modelos de ordenadores, que non serán vendidos directamente senón directamente ós gobernos, son a capacidade de se comunicaren inalambricamente a través de redes de tecnoloxía de banda ancha e poder formar redes locais, por exemplo nunha escola; carecer de disco duro e posuír catro portos USB, memoria Flash de 500MB e 128MB de DRAM. Mais este proxecto nacería eivado se non for por un simple detalle. Serán Linux, serán código aberto. Só así é posible que poidan servir para calquera persoa deste planeta xa que poden ser persoalizados, modificados e traducidos a absolutamente tódalas linguas deste planeta, sen pagar licenzas e sen depender de ninguén ó mesmo tempo que sexan innovadores e seguros. Isto só o pode ofrecer Linux e o software de código aberto.

É por isto que nas mentadas arriba especialmente destacan dúas compañías, as maiores compañías linux: Google e Red Hat. De seguro non haberá ninguén na face da terra que poida facer tanto polo desenvolvemento de tódolos paises chamados do "terceiro mundo" coma a propia xente do terceiro mundo. Só eles teñen a chave do seu futuro e nós, opulentos sans e ricos, brindándolle esta oportunidade permitimos que hoxe aprendan eses nenos que no futuro serán os líderes dunha nova África, Asia e Sudamerica.

O Código Aberto e Linux teñen unha gran propiedade e é que son socialmente xustos.

Chuzame! chuzame -

A Trabada do Pingüín

pinguin emperador

Os pingüíns son feroces deboradores de peixe. Son feitos para matalos sen piedade, con soltura e mestría, inda que pola terra se abaneen coma trasnos estúpidos incapaces de se manter a eles mesmos. Nas xélidas augas antárticas son os emperadores; mais na terra... mais na terra tamén. Nela, de cando en cando grallan coma en trance ritualista de corte exorcitario e mesmo semella que as cores ardentes dos seus coloridos penachos ou manchas, de tonos rubios e encarnados, se reflictisen nas meniñas. Neste momentos son coma unha besta do inferno feita para asasinar a calquera turista. Hai quen afirma, con terquedade e insistencia, coma poseido por algún virus de afección crónica sistemico-nerviosa con episodios sicopáticos, ser vítima dun ataque de besta de tal calibre, nun destes episodios de ira, nunha destas transformacións. Coma relato dun cuarto milenio, afirma que foi acosado, perseguido e trabado por un pingüín dun tamaño descomunal.

Linus

Este é o relato de Linus Torvals, un finés, nalgún momento turista antártico (saibase que é vox popoli que os pingúíns, malia as boas condicións climáticas, desistiron de coloniza-los paises nórdicos por os coller nas antípodas e por carecer de ás funcionais ou de sistema mecánicos de voo que o facilitase). Din os que compartiron horas de foro nos dias primeiros co pai creador do Linux que este home tiña unha verdadeira obsesión. Fora trabado por un pingüín e xa non tiña remedio. Cando naqueles momentos se discutiu a icona, o símbolo, que había de representa-lo novo sistema operativo libre, e segundo o que din as faladurias; falouse de raposos, águias, osos entre outros poderosos animais mais que o finés repetia obsesivamente que lle gustaban os pingüíns. Inda que, din, nunca o propuxo directamente; o cheiro que rezumaba a maniaca historia da trabada de tal asasino plumoso acabou por ulir a rosas e deron, nas pórtas da década dos noventa, por decidir que tal fora a icona que os amparase, que salvagardade as ideas libertarias e hippies da comunidade Linux. E foi coma quixo Linus, un pingüín antitético daquel que unha vez estivo a punto de, polo menos, o deixar tullido: pequeno, fofo, sentado e amable. Algo que a seguro todos habían adorar. Foi así que naceu o pingüín nos primeiros días.

pingüinciño

Mais houbo vinganza na comunidade do software libre. Houbo si. Aproveitaron que o turista antártico, o pai creador, enfermo de por vida por culpa dun pingüín, estivera ausente. Aproveitaron unhas vacacións do finés para facer algo que restaba por facer, algo transcendete. Se el acabara por elixi-la icona do Linux eles elixiron o nome desa icona. Deron por bautizala coma TUX: "(T)orvolds (U)ni(X) - TUX!". Esta foi a frase exacta de James Hughes, quen parece que inda non aprendera ben o apelido de Torvalds.

Esta é a pervertida e perversa historia da trabada dun pingüín que hai xa 15 anos que aconteceu. Mais a historia é cíclica: non creades que os pingüíns son TUX nin que TUX sexa ese adorable pingüín. En calquera momento hanvos trabar, tal que a Linu e da maneira menos esperada e contaxiaranvoas esa enfermidade crónica sistémico-nerviosa con episodios psicopáticos cuns terribles efectos que fará que amedes a liberdade de poder decidir tanto coma os rebeldes hippies dos 70's. Esa enfermidade é xa unha pandemia pois os pingüíns están onde un menos o pensa.

Chuzame! chuzame -