Linux máis inmune ós virus, porqué?

Dende a prehistoria da internet debátese acaloradamente se Windows é máis seguro ca Linux no que a virus se refire ou se é o contrario. Salvo que lle preguntes a un informático ben pagado (e que soen vestir de traxe e corbarta) tódolos "entendidos" lle dirán que é ó contrario. En IToolBox fan un bo resumo do porqué así que e eu hoxe fágome eco do que nos contan [nova]. Velaí vaí:

Premisa 1. A seguridade dun sistema operativo (Windows, Mac, Linux, FreeBSD...) depende de como este esté configurado e non da posibilidade de que este se poida infectar ou non. é maís, a cuestión é como o sistema reacciona ante unha infección vírica.

Premisa 2. Linux foi dende o comezo pensado coma un sistema multiusuario e Windows non. WIndows inda  hoxe herda ainda comportamentos propios deses inicios monousuario e pouco apropiados para o actual mundo de internet.

Razón 1. Consecuencia da premisa 2, nun sistema Windows a interación do usuario co espazo do sistema (que goberna o funcionamento do sistema operativo) é moi ampla e calquera virus que teña acceso a el pode chegar controla-lo sistema dun xeito sinxelo. Unha infección  en Linux non. Neste a interacción do usuario co espazo do sistema está reducida e controlada así que calquera infección dun virus redúcese ó usuario que estaba a traballar no sisema no momento da infección e só lle afectará ós seus ficheiros e configuracións da súa conta de usuario.

Razón 2. Eliminar un virus en Linux é tan sinxelo coma eliminar os arquivos ocultos do usuario infectado. Esto restaura os valores de configuración por defecto do escritorio. En Windows a infección pódese extender por todo o sistema e a desinfección complícase xa que habitualmente hai que desisnfectar ficheiros vitais para o funcionamento do sistema.
Razón 3. Calquera conta de usuario en Windows ten permiso para instalar e modifica-lo sistema; o cal implica que as infección en contas de usuario "alleas" se propaguen a outras e ó núcleo do sistema mesmo. En Linux, pola contra, é necesario ser o administrador para instalar e modificar o sistema. Esto evita que se instalen virus e se propaguen (e é en parte a explicación para a Razón 2).

Razón 4. Linux non só actualiza en liña o núcleo do sistema operativo senón que actualiza todos os programas intalados. En Windows isto non é así. Como un programa non actualizado pode conter fallos de seguridade que permitan a entrada de virus, un sistema Linux actualizado periodicamente é garante dun sistema o máis seguro posible.

winfagooo.jpg

Conclusión. Un sistema Windows é por defecto inseguro namentres que un sistema Linux calquera actualizado e empregado correctamente (usando a conta de administrador só para administrar o sistema) é un sistema virtualmente inmune.

Chuzame! chuzame -

Miguel de Icaza, Traidor!

Teño que recoñecer que nunca fun fan de Gnome. Nin da súa filosofía nin dos seus méritos. Creo que xa expresei aquí o que pensaba ó respecto. Mais penso que non me engano desta volta. De feito tardei en escribir este artículo, algo debido á mistura da necesidade de calmar a miña ira e das falta de ganas de escribir ó respecto. Hei falar do fundador de Gnome, Miguel de Icaza, esa venerable vaca sagrada, paladín do comportamento en software libre e admirable GNU-sofista.

Empezo polo resumo: o fundador do proxecto Gnome é un traidor. Miguel de Icaza é un traidor. Logo de ler esta [entrevista] non teño dubidas e heino dicir tan alto coma poida. Traidor!.

Nótese onde se fai a entrevista; en 'Redmon Developers News' e a conto de que lla fan, do seu malparido proxecto Moonlight.

Quedénse!: -Miguel de Icaza- " Dende o punto de vista da comunidade do código aberto...nós, coma calquera proxecto de software, somos conscientes de que as patentes son un problema. Non nos gustan. Pensamos que son perniciosas para a industria, mais sabemos que temos que acatar ese sistema"... "A realidade é que estamos a vivir nun mundo onde algunha xente quererá aplicar esas patentes. Non imos ir en contra de ninguén e dicir 'Non imos eliminar iso' (en referencia ó código que puidera infrinxir patentes). É preferible non ir a xuízos. De feito isto non só se limita ó código aberto -- tódalas compañías están baixo estes parámetros." .

"Acatar". Ben. Acaten logo as patentes e queden co cu sentado no sofá. Non faga nada e deixe que o sistema vaia como vai. Acate tamén que hai 46 mill. de enfermos de SIDA no mundo, que se fabrican e usas bombas de racimo, que o racismo é unha arma mortifera en moitos paises, que noutros tantos se aplica a ablación e acaten tamén que siga habendo escravos. Acaten todo iso e non fagan nada.

Grazas que as patentes en Software na Unión Europea non son legais. Esperemos algún día sexa igual para o resto do planeta e así mesmo para as patentes no sistema farmacéutico. Pero, mentres que isto non sexa así, móvase e dende o seu relevante status, Icaza, posicionese claramente en contra delas. Evíteas, recurras legalmente. Iso é o que espero eu dun advocado do código aberto e dun "GNU-sofista" coma vostede é.

Na entrevista hai máis xoiñas, pero ata me aburre comentalas. Van dende que Google apoia tanto ó código aberto coma Microsoft ata que lle fai ilusión que Microsoft o invite ás súas reunións.

Non son menos despreciables as súa palabras sobre da gran polémica en tormo a ODF contra OOXML. A ISO, a Organización Internacional para a Estandarización, ten aprovado o ODF coma formato estándar [>] de documentos electrónicos mais Microsoft quere que o seu formato sacado da manga, o OOXML, o sexa tamén, nun intento de deprecar o ODF e conbatilo coa súa propia arma [Máis info]. De momento o perdedor é o OOXML que non conseguiu a ratificación por vía rápida inda que queda pendente unha votación ó respecto en Febreiro na ISO.

Pois ben, Miguel de Icaza dixit - "O OOXML é un estandar soberbio e os seus competidores lanzaron tanta FUD [*medos, incertidumes e dúbidas] que a xente seria pensa que hai algo que non está ben no formato. E resulta que neste momento o OOXML como especificación está moito máis avanzado ca calquera outro no seu terreo"-

Si, o OOXML permiteche traballar con Office 2007, coas versións anteriores de Office, eh..., cos produtos de Microsoft... um, ah!, en xeral, con todo o que vaia ben con Microsoft. Tocaio! como se vai a poder aprovar un estandar cando xa hai outro para a mesma función, cando as especificacións son cripticas, e cando só o propón unha entidade, neste caso unha empresa?. Mañá mesmo vou ir a propoñer na ISO un novo estandar. . Si. Vai ser o "carracho", una nova medidad de lonxitude para sustituír ó metro, que non me gusta (por ser francés) e a unidade de referencia non lla vou ensinar a ninguén: heina ter ghardada na horta. As especficación vai ser - lonxitude aproximada dun carracho, unidade real gardada na miña casa, visita previo pago. Máis información na miña web, acesso previo pago- Vamos ho!.

Pensemos por un momento que todo isto foi un lapsus mental deste mexicano. Haberá algo na súa traxectoria que sexa digno de mención?. Pois si. Iniciou Gnome, Mono e agora Moonlight. Os últimos dous pra traer a merda de Microsoft  a Linux.  Mono ten a única intención de proveer dun entorno que sustituia ó Microsoft .NET. Moonlight nace dende Mono co intención de traer o proxecto/produto Silverlight de Microsoft a Linux. Todos proxectos adorables e venerables. Permitir que o xogo de abuso de posición de Microsoft chegue a Linux. Creo que xa repetín varias veces o nome 'Microsoft, non?. Ata puidera parecer que este home traballa para a asusodita empresa. Traidor!.

Chuzame! chuzame -

Francia máis libre, máis Linux

O Ministerio de Educación Francés decide migrar 3000 servidores a Linux [nova].

Con isto fai fincapé na estratexia tecnolóxica do país, que cada día máis é a da meirande parte dos estados. Estes servidores serven ós centros educativos do país e ata o de agora eran levados con software privado.

O Ministro de Educación di que tales empresas privadas servian ben ós intereses requeridos pero que a medida responde 'ós altos custos das licencias de software, o hardware, o soporte e do desenvolvemento de aplicacións avanzadas'. Red Hat é a empresa afortunada en facer que Francia dependa menos de empresas privadas no eido tecnolóxico.

Recordar que a Asamblea Francesa [wk] xa emprega Linux [nova] e que en Alemania se vai producir unha migración incluso de maior embergadura a que plane a Francia [nova]. Para cando España?.

Chuzame! chuzame -

HP Vende PCs con Linux!!

Linux HP

Ó final foi. Logo de tantos rumores a maior produtora detecnoloxía do mundo, a ianki Hewlett-Packard, comezará a vender PCs con 'Red Hat Enterprise Linux 5' [inf] en Australia [Noticia 1, 2]. De momento só venderá o HP Compaq dx2250 [inf] no país austral. Este produto está dirixido a medinas e pequenas empresas que prefiren aforrar os cartos das licencias doutros OSs.

HP súmase ó resto dos grandes produtores de PC: Dell e Acer (que vende PCs con Ubuntu preintalado en Singapur), quen en diferente grao xa se meteron no 'negocio Linux'. Así que axiña poderemos ver á venda nas tendas do noso país PC que no canto lucir pantallas con coloridas ventás mostren pingüíns ;). A aposta de HP así mo fai crer e espero que sexa verdade.

 PD: algúns xogos numéricos [>] coas poucas estatísticas que hai sobre do uso de Linux mostran cifras de 50 millóns de usuarios de Linux en todo o Planeta, o dobre que de Macs . Esta pode ser unha boa explicación ás liñas de arriba.  ;)

Chuzame! chuzame -

Os bárbaros universitarios xermanos fanse Linux!

Escudo de Armas de Alemania

Os universitarios xermanos terán proximamente unha universidade con infraestrutura manexada por Linux. Novell anunciou que 33 universidades federais do estado Xermano de Nordrheim-Westfalen [wk] adoptaran solucións desta empresa, que se adicada a Linux. Así 560.000 de universitarios desfrutarán do sistema operativo aberto. Segundo os xermanos esto aforraralle cartos ás universidades, contarán cun sistema moito máis flexible e evitarán estar no futuro presos dun fabricante. Recordar que nese estado federado atópanse cidades coma Colonia, Bonn, Düsseldof, Essen ou Münster e as súas respectivas universidades, especialmente as de Colonia e Bonn.

Esta decisión súmase a que xa provee a 300.000 universitarios de Linux nas súas universidades dos estados federados de Bayern [wk] e Thüringen [wk]. Con isto o 40% das universidades de Alemania empregaran solución de Novell, e dicir, Linux.

[Anuncio oficial] 

PD: Este meu blog nos últimos dous meses recibiu unhas 2500 visitas, o que fai que cada post teña de media uns 80 lectores. Inda por riba supón o 2% do tráfico de visitas de blogaliza.org así que a miña eterna gratitude ós que me ledes. Grazas. Tambem aos portuguêses e aos brasileiros que rematades aqui e isso que eu nao posso hachar a razao (ehem, desculpade o meu portuxés, ;)).

Chuzame! chuzame -

Skype podería estar vixiando o que fas

skipe.jpg

Grazas a ferramenta de seguridade AppArmor [wk] un usuario de Skype para Linux descobre que este programa de comunicación por voz intenta acceder a información do cartafol '/etc/passwrd ' (que serve para cambia-los contrasinais de usuario [wk]). Gran sorpresa. Skype zosca nos contrasinais que usamos.

Pero hai máis. Resulta que o mesmo fai Skype cos cartafoles e subcartafoles de Firefox!; e isto inclúe fisgar nas extensións e demais complementos!.

Post orixinal denunciando o caso: [Forum Skype]

Que pretende a empresa Skype con isto?. Recolle información que lle poida ser útil comercialmente?. éche o que ten o software privativo, nunca o saberemos.

No entanto eu recomendoche cambiar de cliente VoIP. Un estupendo de código aberto é OpenWengo, e non lle envidia nada ó antedito.

Chuzame! chuzame -

Guantanamo Guantanamero

<<Me odiaba mi primo
Por celos a mi carrera.
Lo arrestaron y dijo
Que terrorista yo era.

 

Guantanamero, soy preso guantanamero.
Guantanamero, soy preso guantanamero.

Ha decidido el imperio
Tenerme por siempre preso
Y la cuestión es hacerlo
Con o sin falso proceso...>>


Máis que pasmado me quedei o velo video este e descubrir que ese ghreñas do vídeo, o ilustre guru Linux Richard Stallman [Wk], inda lle dá a iso de cantar e sobre de todo é dos poucos americanos con collós pra dicir o que di. Vede [stallman.org].

PD. Inda que este venerable home merece o meu máis sentido aplauso logo propón o boycott ós libros de Harry Potter en prol, teoricamente, dos dereitos humanos. Um?. Que alghén mo explique.

Chuzame! chuzame -

Unha década de fermosa e-liberdade!

Co nacemento de Linux naceu toda unha nova filosofía, dende o comezo ben vencellada á actividade da GNU Software Foundation. Aquí a historia complícase e mesmo haberá, como con calquera relato histórico, quen disinta. Co lanzamento de Linux no 1992 pódese dicir que nace a era da liberdade dixital. A rede xa era de todos e mesmo servia para sementar, desenvolver e parir proxectos altruístas. Ó cabo isto non foi máis que o outro paso na creación do espello da sociedade real na rede.

Mais o propio desenvolvemento da tecnoloxía informática comezaba os seus pasos na dirección de facilita-la interacción dun xeito visual, interactivo. Fixo falta case todo o século para empezar a desenvolver as GUI ó nivel de hoxe e só o remate do século XX naceron os escritorios libres que serviron para darlle cara ó proxecto Linux.

Con este post rindo homenaxe ó nacemento de KDE no ano 1996 pois xa se cumpre, ó atravesar tamén Gnome a barreira dos dez, máis dunha década de escritorios libres.

[AVANCE: Verás o primeiro 'ordenador', o primeiro rato, o primeiro Apple e o primeiro Windows, tamén o primeiro KDE e o próximo e o primeiro GNOME >> Colle algo de picar, algo de beber e Segue lendo]

Continua leyendo »

Chuzame! chuzame -

“A revolución dos Gnomos: 10 anos despois”

Cúmprense hoxe 10 anos dende o comezo do desenvolvemento dun dos escritorios de maior éxito na plataforma Linux: GNOME.

Tal día coma hoxe o mexicano Miguel de Icaza, daquela estudante na facultade de ciencias de UNAM, publicaba: "Queremos desenvolver un escritorio libre e completamente preparado para ser fácil de usar e mais ferramentas do escritorio, similares a CDE e KDE mais enteiramente basadas en software libre". [1]

Miguel de Icaza

Co anuncio da creación do proxecto GNOME daba resposta a un exitoso proxecto nado en Alemania chamado KDE e basado en tecnoloxía Qt [2, 3]. As suspicacias que levantaban que Qt naquel momento non fora software libre senón producido pola nórdica 'Troll Tech' levaba a Icaza a proclamar que o escritorio KDE violaba a licenza GPL e que era necesario contratacar creando un escritorio basado extrictamente en tecnoloxía libre e desenvolto sobre (o horrendo) GTK+[4]. Esta falacia foi apoiada pola 'GNU Project and Software Foundation' e da man desta iniciarion unha guerra fría entre o novo proxecto e KDE.

Escritorio Gnome na actualidade

O novo escritorio naceu coa pretensión de facerse fácil de usar mais rematou chegando a unha aproximación filosófica perversa que reza que para que un programa sexa fácil de usar, e en xeral GNOME, debe de ofrecer o mínimo de posibilidades con tal de que manteña a 'usabilidade' incluso se é necesario privándoo das posibilidades reais do sistema [5, 6]. KDE pola contra segue a aproximación contraria de ofrecer ó usuario todo o poder do sistema graficamente. Estas dúas aproximación levaron a que repetidamente o fundador de Linux, Linux Torvalds, apoiase publicamente ó escritorio KDE e criticase fortisimamente a idea de que para que algo sexa 'usable' debe de ser simple dicindo que os usuario non deben de ser tratados coma 'estúpidos' [7]. Mesmo Linus para revelar o certo do que dicía creou un parche para configurar os efectos de ventá que se aplican con cada tipo de clic e enviouno ó proxecto GNOME. Argumentou que non lle levara nin dúas horas. Ese parche, ata onde eu sei, nunca se incluíu en GNOME ó ir en contra do seu manifesto de implementacións visuais [8].

No ano 2000 Troll Tech lanzou a súa plataforma de desenvolvemento baixo a GPL quedando así as 'dúbidas' disipadas en torno á 'legalidade' e futuro do entorno mais os dous proxectos, conceptualmente diferentes, seguiron os seus respectivos camiños. Inda así o proxeto freedesktop.org serve de plataforma de entendemento e aproximación ós dous entornos. Hoxe por hoxe, Gnome constitúe o segundo escritorio máis usado [ler PD] e está a recibir un forte pulo grazas ó 'éxito' de Ubuntu e do apoio de grandes empresas do sector Linux. Non cabe dúbida de que o proxecto de Icaza foi realmente exitoso e é hoxe unha verdadeira revolución digna de mención e loa.

PD: a falta de estatísticas fiables a afirmación parte dos datos publicados (estadisticas de distros, enquisas, descargas totais, popularidades das web dos entornos...) e da propia percepción recollida destes .

Chuzame! chuzame -

Lenovo súmase: portátiles Thinkpad con Linux

O terceiro fabricante de PC do mundo, a China-Estadounidente Lenovo comezará a vender a súa gama alta de Portátiles, a Thinkpad, co Linux comercial de Novell (o SLED 10) preinstalado de fábrica. Segue así os pasos da primeira fabricante na industria, Dell que vende PC e portátiles coa arquifamosa distro Ubuntu Linux [>>]

Tamén Dell, e tras centos de peticións na súa web, extende a oferta de PC con Linux a Gran Bretaña, Alemania e Francia. Ata o momento só comezara a venda nos EEUU. Esperemos que pronto sexa tamén extensible esta oferta o noso país e poidamos comprar PC sen pagarlle M$ e sabendo que o hardware non ben capado.

Chuzame! chuzame -