Google Phone será Linux!

Si, confirmado: Google lanzará ó mercado un móbil producido por eles e usará  Linux [>>A nova].  (Abaixo, O Google Phone segundo algún blogueiro aventurado).

 google-chamada.JPG
Farao da man de T-mobile e probablemente de Orange (quen probablemente o comercialice no noso país). Pretende así que Gmail, Gtalk, Google Maps e outros dos seus servizos estean accesibles dende calquera lugar grazas á tecnoloxía móbil.

Chuzame! chúzame -

Firefox acada o 28% de share en Europa, en Finlandia chegan ó 45%

Segundo a última información de Xiti [firefox marketshare] en Europa o navegador web acada o 28% de share!.

Oito paises europeos sitúanse por riba do 35%. En Eslovenia e Finlandia superan o 45% e Alemania, Polonia e Irlanda superan o 35%!.

firefox-comeie

Oceania e Europa situanse coma os continentes que máis usan o navegador do raposo, inda que a presenza en todos aumenta a un ritmo que podería rondar o 30%.

Ah!, a maioria dos lectores deste blog emprega Firefox. :)

Chuzame! chúzame -

“Calquera governo que antepón a guera á saúde de 9 millóns de nenos equivócase nas súas prioridades”

Navegando por aí atopeime cun anuncio que reza:

"Any government that puts war before the health of 9 million children has its priorities wrong"

traducido: "Calquera goberno que antepón a guerra á saúde de 9 millóns de nenos equivócase nas súas prioridades". Canta verdade!.

O máis sorprendente é que este é o lema dunha nena que se presenta ás presidenciais dos Estados Unidos de América!: Susie Flynn. Podedes comprobalo vos mesmos: [Susie Flynn for President].

Non é unha candidata á presidencia de Somalia, nin de RD Do Congo nin de Venezuela nin de ningún país sumido na miseria da pobreza senón dos opulentos USA. Na súa páxina explica:

  • 9 millóns de nenos nos USA carece de seguro médico (e polo tanto de protección sanitaria algunha)
  • a protección sanitaria da infancia é a máis barata de todas e o costo é proporcionalmente mínimo.
  • o gasto sanitario nosUSA é o dobre ca nos paises industrializados e sen embargo é dos países con máis mortandade infantíl destes (* será porque os pobres non son quen de pagar os seguros e ter acceso á sanidades e por que os ricos teñen aceso a recursos dispersos en clínicas privadas?)

Non sei se esta nena legalmente se pode presentar a Presidenta ou se é unha imaxe dunha campaña que loita por unha causa moralmente xusta que emprega unha técnica moralmente burda.

Mais, se ser capitalistas significa que nin a saúde da xente é cousa do estado daquela eu non son capitalista.

Chuzame! chúzame -

Linux sáese do mapa!! e se non vede

Isto é Compiz Fusion (o antigo Beryl e Compiz, o proxecto matriz que orixinou todo esto). Vá, que esto é o que podedes ver dende xa en calquera ordenador con Linux. Atentos ó máis mínimo detalle do video.

Ides querer un ighualiño a este, a que si?

Chuzame! chúzame -

É hora do cambio

Desde que comecei este blog non paro de repetir o mesmo leiv motif: "migra a Linux". Algunha que outra vez teño exposto o que necesitas facer tal. Hoxe volvo a recopilar os motivos e os pasos que terás que dar.

Ante todo, porqué un debería de deixar de usar Windows e empregar algo tan "raro" coma Linux?. Ben, aquí vai:

1. Linux é 100% gratis, sen trucos. Windows non.

2. Linux é estable e seguro, moi seguro. De feito non necesitas antivirus nin antimalware nin semellantes.

3. Desde o momento cero que instalas calquera Linux xa tes instalado unha suite ofimática, reprodutores multimedia, programas de retoque fotográfico, editores de audio e video, mensaxeiros instantáneos, navegadores web, lectores de correo e novas... Todo por cero euros. Ah!, non programas calquera, probablemente dos mellores programas que existen, completiños. Dende o momento cero Linux está listo pra usar.

4. Poden pasar literalmente anos sen ter que reiniciar o ordenador. En serio, Linux está deseñado pra isto. As instalacións de software son simplísimas e non se necesita que deixes de facer o que estabas facendo, sin reinicios nin demais. Ademais, cunha conexión a internet, todo, incluído o software, actualizase automáticamente cun só clic.

5. Se non che gusta a "versión" de Linux que escolliches desintala-la e escolles outra, total, son gratis!.

Mais, donde consigo Linux? que Linux escollo?:

1. Linux é un proxecto altruista que naceu na rede e que calquera pode modificar así que dende o ano 1992 no que Linux naceu foron aparecendo literalmente miles de versións. Estas versión son chamadas "distros" (Mesmo ti poderías facer o teu propio Linux persoalizado)

2. Porén, só unhas poucas distros "dominan". Cada distro ten unha gran comunidade de usuarios e empresas que a apoian e axudan ós usuarios desta. Calquera elección é boa mais non está demais acudir ás grandes.

E cales son as grandes?. Citarei as miñas recomendacións para principiantes (por idade da distro):

Continua leyendo »

Chuzame! chúzame -

Poñendolle voz a Rosalía

Existe a percepción de que a rede serve para desunir. Se cadra a meirande parte do tempo que empregamos en navegar malgastamolo en páxinas inútiles e leas futís pero, oes, que ninguén diga que a rede de humaniza. Eu digo que a rede une e que a xente a través de internet coñecese, namorase, odiase e mesmo colabora para ser solidarios.

A xente é solidaria. Hai algúns que se reunen en internet e deseñan sistemas operativos de balde, coma Linux, e tradúcenos a tódalas linguas do mundo. Hai outros que se adican a reivindicar causas xustas e a apoiar ONGs. Se cadra outros forman bandas musicais con persoas que nunca viron nin verán. A xente leva dentro o de ser solidarios.

Mais eu hoxe quero chamar a atención sobre dun proxecto que pon voz a Goethe, Shakespire, Freud, Kafka, Mark Twain.. . Librivox é un proxecto colaborativo que pretende recoller a voz que xente anónima lle pon a gran literatura. Voluntariamente un pode participando lendo un libro, gravando a súa voz, e logo "liberando" esa gravación para que outros se deleiten cos versos liñas lidas.

rosalia_de_castro.jpg

Este loable proxecto leva recollidos centos de gravación en lingua ingles, alemana, finesa, portuguesa... Eu animo a todos cantos  queiran emocionar lendo que poñan voz a Rosalia de Castro, a Eduardo Pondal, a Curros Enriquez,  a Amado Carballo, a Mendiño ou ó Rei Don Dinís... Porqué non propoñerse o reto de facer que lingua galega estea dispoñoble tamén deste xeito?.

Só dúas cousas:

1. Hai que dispoñer dun extraordinario equipo técnico: un simple micrófono conectado ó ordenador e un gravador de voz. O máis difícil é poñer a voz.

2. Os textos lidos teñen que estar no dominio público para que a canda a gravación a xente poida ler tamén se quere. Isto é sinxelo tamén xa que o proxecto da Biblioteca Virtual Galega ten en liña unha boa cantidade de textos accesibles.

Eu animo a que colaboredes a prol da nosa lingua nesta chamada miña. Se queredes ler podedes directamente dirixirvos a Librivox e facer a vosa aportación ou colaborar con outras persoas, entre eles eu. Se queres contactar comigo:  bandua83 at yahoo.es

Chuzame! chúzame -

A invasión dos pingüíns!

Se fai escasos dous días Intel seguía na súa liña e anunciaba drivers de código aberto para algunha das súas plataformas, a rival AMD facía o correspondente anunciando, nunha conferencia de Red Hat (lider na venda de solucións Linux), que en breve estarían dispoñibles drivers de código aberto para as súas tarxetas gráficas.

Isto supón unha alegría para a comunidade Linux, que poderá incluír cun bo soporte a gran maioria do hardware que existe no mercado. Tal como isto se perfila mesmo parece que Linux está destinado a ter un mellor soporte para hardware que incluso a benemérita W. Vista (que miña pobra padece do caso, inda pagando).

Por se fora pouco os movementos "empresariais" en torno á comunidade do Código aberto non cesan. Fai ben pou Red Hat sumábase ó carro dos que proveen ás empresas medianas e grandes de Sitemas operativos, ago que actualmente xa fai Novell cos seus produtos SLED10 E SLES10. "Globlal Desktop" seráo nome desta solución e previsiblemente non será descargable senón que irá preinstalada en hardware de Intel (si!, presten atención aquí os amigos de M$) e destinada a venda a empresas.

200px-redhatlogo.jpeg

Por outra banda, e noticia que omitin deliberadamente, Dell (o xigante so software) americano) instalará Ubuntu Linux 7.04 nos seus odenatas e venderao máis baratos cós respectivos de Windows (até uns 200 dolares menos, parece ser)!. Este é o primeiro movemento importante para achegar Linux ás nosas casas.

delubuntu.png

Ben relacionado con isto está a intención de Linspire (quen vende escritorios Linux destinados ós usuarios "normais") ofrecerá un servicio de descarga de software para as grandes distros Linux. A primeira distro en se beneficiar do movemento de Linspire, e aparte do propio linux Linspire e Freespire, será Ubuntu e poucos meses despois OpenSuse e Fedora.

linspire5.jpg

Nos círculos da comunidade Linux fálase xa que o comezo do 2007 deulle a Linux o maior impulso que vivira até o momento. Linux está destinado a chegar as nosas casas, creaneme, eu xa temo unha invasión dos pingüíns.

Links: [Global Desktop] [AMD] [Intel] [Dell&Ubuntu] [Linspire CNR]

Chuzame! chúzame -

mp3, rar, doc: non tes escapatoria; es todo meu!

Que máis dá!?. Cando usamos un programa collemos e gardamos o noso documento, imaxe... tal e como nos di o programa. Claro, porqué preocuparse de se o gardas coma .jpeg, .doc, ..rar ou .wmn?. A cuestión é que ás veces a isto non é vanal.

Faime un favor nunca, nunca, nunca uses esa monstruosidade de programa para comprimir que garda en formato .rar. Faime outro, empeza a olvidarte dos mp3 (se é que podes) e dos arquivos .doc (e .docx) e dos videos en .wmw e .avi. Dirasme que me olvide, que deixe de tolear pero nin o formato .rar é o máis eficaz comprimindo nin os mp3 teñen o mellor ratio calidade/tamaño de arquivo. Sorprendido?.

O caso do formato .rar para os Linuxeros é sangrante. Cando nos atopamos que alguén nos envia algo comprimido coma .rar sudamos. Primeiro porque temos que intalar soporte para este formato privado e polo, que dun ou doutro xeito, a xente que o usa está a pagar (e falo de cartos e non estou de broma). Logo porque os .rar permiten meter contrasinais e cando isto é así case é mellor olvidarte de intentar abrilo arquivo porque non seremos capaces (salvo que o fagamos en Windows). O que non entendo é porqué a xente usa o Winrar ese que é un programa malisimo en vez de usar outro moitisimo millores e que realmente son gratis, e sen publicidade nin necesidade de piratealos ou o que haxa que facer!. Raios!, usen 7zip, Izarc ou calquera outro e compriman polo amor de Deus en .zip. .tar... Facendo isto aseguraste que calquera poida abrir ese arquivo e non quede secuestrado nas mans de quen decida pagar/pirater o Winrar.

O mesmo pasa co mp3, os odiosos formatos .wmn e similares. Tres cuartos do mesmo. Especialmente os videos de M$oft só funcionan ben co WMP e punto. De feito o formato .mpeg é barbaro e cando queiras grabar un DVD o (S)VCD xa non tes que convertir o video porque os DVD le mpeg directamente: isto é de grabar un DVD en horas a gravalo en minutos por evitala conversión.

Todo isto ben a conto por un artículo que publica un homiño que probou como gravar DVD directamente con Win Vista. "Descubriu" que introducen un novo formato de gravación que logo só deixa acceder ó DVD/CD en Windows XP e Vista. Isto é, unha pequena estrataxema para que a xente logo pense "ah!, que lle pase o teu ordenador que non me le o meu DVD, peroque porcallada usas!?". (A porcallada é a que usas ti que che cuspen na cara e non te enteras).

Va, serei máis diplomático. Unha pequena decición como é introducir un novo tipo de formato, chamarlle innovador, non deixar que ninguén saiba como funciona esa marabilla e aseguraste que a xente use os tes "marabillosos" produtos. Vaia estratexia comercial. Creo que se lle chama abuso de poder, monopolio... inda que parece ser legal. Suponse que se debería camiñar cara a compatibilidade de tecnoloxías;  non é?. Porqué cos ordenatas non é así?. Póñanse, imaxinanse que teñan un móbil Voddafone e vaian a chamar aun móbil Mobistar e lle digan. "Pretende realizar unha chamada a un número doutra compañía para a cal non hai soporte; porfavor desista ou escolla chamar a outro número de teléfono de Voddafone". Pois isto é o mesmo.

Chuzame! chúzame -

House + Anatomia de Grey + Ubuntu

Que ten que ver Ubuntu con Anatomia de Grey e con House?. Nada, pero saiume de aí que o lanzamento do Ubuntu 7.04 (que se produciu onte ou antonte ou algho así,no medio dun tremendo e inexplicable cacareo) me importaba un ****** así que na honra do post que publicaría publico algo moito mellor e máis recomendable. Imaxínense un remix de House e Anatomía de Grey é absolutamente demencial!! (agharrense un tradutor ou un bo diccionario).

Nota Bene: antes de que algún irado fan de Ubuntu conteste, debo devoción a tal distro por dous motivos principais: GNOME e Mark Shuttleworth. Especialmente as últimas declaracións   [ler] do segundo becho foron as máis irritantes: este home por bocazas empeza a se asemellar ó infame Fernando Alonso, que tampouco sabe respetar a quen lle dá de comer. Viva Debian!.

Chuzame! chúzame -

É posible prohíbir ideas?. Patentes e Copyright

O outro día mantiven unha acalorada discusión sobre dunha cuestión que en realidade levanta polémicas: o dos mal-chamados "dereitos intelectuais". Non é un tema fácil nin claro e dá que pensar.

A miña gran pregunta ó respecto é, poden as ideas prohibirse ou restrinxirse?. Segundo as leis de Copyright non, segundo as Patentes si.

A modo informativo (dende a WIkipedia):

Copyright, (c): "dereito de copia". É unha serie de derietos exclusivos que regulan o uso dunha expresión concreta dunha idea ou información. En moitos casos só é de aplicación por un tempo restrinxido. Isto pode incluir poemas, teses, esculturas, obras artisticas variadas... O copyright cobre só a forma ou maneira en que a información se expresou, a "forma material da expresión". Non está deseñada para cubrir ideas, conceptos, feitos, estilos ou técnicas que poida incluir o a obra que se somete a copyright. Por exemplo, O copyright que cubre a Mickey Mouse prohíbe a distribución de copias non autorizadas do debuxo ou traballos artisticos derivados del, sempre que se copie a gfigura antropomorfica concreta do orixinal. Mais isto non significa que se prohiba debuxar ratos de forma antropomorfica en xeral, sempre que sexan suficientemente distintos do orxinal (e imaxinense os Simpon sen Rasca e Pica). Nalguns paises permitese facer copias satíricas ou traballos interpretativos

Marca Rexistrada (Trademark, TM): marca ou simbolo distintivo de calquera clase que é empregado por unha persoa, organización, empresa... co fin de se identificar ou identificar ós seus produtos ante o público ou consumidores. O posuidor da marca rexistrada ten dereito de veto da marca.

Patente: dereitos que un estado concede durante un tempo limitado a un inventor dun produto susceptible de ser explotado comercialmente nos termos que quen o solicite o pida. Coa patente regulase e pechase ó público os detalles do funcionamento ou da composición, método ou proceso (ós cales se lles dá o nome de invento) cando se considera que este é novo, inventido, práctico ou industrialmente aplicable. Os efectos da patente son os de previr ou excluir a outros de facer, usar, vender ou ofrecer a invención patentada.

En Europa só as Marcas rexistradas e o Copyright son de aplicación e as Patentes non se contemplan no xeito que se di arriba senón cunha serie de excpcións (nin descubrimentos, nin teorias, nin métodos matemáticos, nin modos de presentación de información nin métodos ou estratexias de xogo ou negocio ademais de software) [>>]. Nos USA é posible patentar calquera invento nos termos que se di arriba.

Ora ben, porqué son necesarias as patentes cando hai dereitos de copyright?. O engadido está en ocultar unha información, un método ou mesmo unha idea (todas elementos inmaterias e sen "coste de produción") de ser empregado por outros. Dende o meu punto de vista isto ten unha serie de perniciosos efectos inmediatos:

1. Favorece o monopolio de grandes empresas:

Aquelas empresas con recuros pódense permitir ter unha orda de avogados patentando o imposible e evitando que outras empresas lle fagan sombra. Incluso poden chegar a vetar a aplicación dun método ou enxeño antes de que a empresa mesma sexa quen de o producir ou teña ultimado o trebello, se é que en realidade chega a facelo. Macintosh e Microsoft son coñecidos por realizar este tipo de tretas: patentan antes de ter nada elaborado.

2. Perda de competitividade:

Se é posible vetar a aplicación de métodos e técnicas só o que posúe a pode aplicalas e inhibe a outras empresas de empregalas mesmo con outros fins ben distintos e tamén de mellorar a propia técnica ou método. A nivel global, para a economia supón unha perda de competitividade pois non habendo competencia non hai mellora no invento patentado. Grazas que cando fleming descubriu a penicilina ou cando se descubriu que era posible realizar transfusións sanguíneas non existia iso das patentes!. Imaxínanse a empresas cobrando dereitos de patente por cada transfusión relizada?.

3. Perda do xuizo ético por parte dos patentantes:

É sangrante o caso das patentes na "industria sanitaria". Por desgraza pódese "posuir", a través do dereito de patente, un principio activo dun medicamento. Non sendo posible a competencia, pois non se permite a fabricación de xenéricos con ese principio activo, a empresa farmaceutica pode poñer o prezo que se lle antolle ó medicamento. É máis, mesmo a empresa pódese ver en problemas de distribución en caso de epidemia/pandemia ou mesmo negarse a distribuir por non lle saír rentable economicamente facelo. Isto está pasando, por exemplo, con antivíricos pro SIDA. Se eres Americano (non sendo que sexas pobre) ou Europeo probablemente poidas acceder a eles mais se eres Africano o normal é que teñas o mesmo destino co resto dos 30 millóns de persoas afectadas actualmente: a morte prematura e con dor extrema. (Na África Subsahariana a incidencia do SIDA chega até o 50%!! nalgúns casos). No caso de que te atopes nesa desgraciada situación agradeécello a determinada farmaceutica por non deixar usar o seu principio activo ou método, por bloquear futuros avances (pois deixaos só nas súas mans e só da empresa depende a mellora do principio activo ou técnica...) e por sobrevalorar o produto.

Pero non acaba aí. Pódense posuír xenes, ou eso se intenta. Un xen é unha información codificada no DNA, que tódolos seres vivos temos en tódalas nosas células, e que expresa unha proteína (esta é a versión reducida da historia). Esa proteína ter un papel no corpo: por exemplo pode valer para que poidamos alimentarnos con azucar (poidamos metabolizalo) ou formar parte do músculo etc. Como se pode permitir que alguén patente un xen??. Con que fin?. O fin é que os xenes poden ser cortados, empaquetados e empregados como medicamentos (e enténdase con tódalas salvedades do mundo!) ou mesmo ser obxecto dalgún tipo de terapia. Hai un interese comercial. Como se pode permitir que alguén sen saber a función dun xene, algo natural, que non se produce, que xa está aí!, o patentante prohiba que outra xente faga uso del!, só por que el dixo "eu vino primeiro"?. Neils Amstrong puido dicir - A lúa é miña, eu cheguei antes!.- só que se lle olvidaría que para que el chegara fixeron falta centos de anos de desenvolvento científico para podelle contruir a nave espacial na que chegou. De momento isto non pasa, pero potencialmente as patentes permitirian que os científicos de mala fe escolleran xenes a boleo coa esperanza de que lles poidan ser útiles para fabricar algún tipo de medicamento (e de paso forrarse).

Non creo que as patentes sirvan para mellorar a investigación científica, como algúns din en referencia á cuestión farmaceutíca. Mais ben interrompen o avance da ciencia por servir a intereses puramente comerciais e non científicos.

Se algún día se permiten as patentes (sensu stricto) en Europa eu escóllome patentar o de mollar os churros no chocolate (que é unha técnica), os xenes dos ollos azuis* (que debe de ser unha composición, lol), a mezcla de café en polvo e colacao que está moi boa (e tamén é unha composición novedosa) e mais o proceso de pechar a sandwichera á forza cando se lle meten megabocatas.

  • *xenes, en plural. Na coloración dos ollos participan polo loci, polo que o número de xenes que o determinan son múltiples. Ata nove xenes distintos parecen intervir no proceso. Pais de ollos verdes, por exemplo, poden dar fillos de ollos azuis. [+ info]
Chuzame! chúzame -